Aumenta o paro e o escaso emprego que se xera é precario con tan só un 7% de contratación indefinida

O desemprego medra, segundo os datos do paro de setembro publicados hoxe polos servizos públicos de emprego. O escaso emprego que se crea é moi precario, sendo a porcentaxe de contratación indefinida sobre o total de tan só o 7,21 por cento, e mantéñense os altos niveis de desprotección, xa que a taxa de cobertura deixa fóra ao 46,7 por cento dos desempregados.

Leer mas…

A sinatura en Galicia de 100.000 contratos nun só mes evidencia altos índices de rotación laboral e precariedade

O Servizo Público de Emprego ven de publicar os datos do paro referidos ao mes de xullo. Uns datos que reflicten unha significativa baixada do desemprego, tanto en Galicia como no resto do Estado, algo que UGT-Galicia valora, pero que amosan tamén o carácter estacional do emprego que se crea, marcado pola temporada estival, e os altos índices de rotación e precariedade na contratación, con case 100.000 contratos asinados en Galicia nun só mes.

Leer mas…

Os datos do paro do mes de abril inciden nun mercado laboral marcado pola temporalidade, parcialidade e alta rotación

Os datos do desemprego do mes de abril, feitos públicos hoxe, reflicten unha tímida mellora que ten un marcado carácter estacional polo comezo da temporada turística. Ademais, aínda que baixa o paro tamén en Galicia o fai en menor medida que no resto do Estado. Isto hai que acompañalo de altos índices de temporalidade, parcialidade involuntaria e alta rotación na contratación que non se consolida. En definitiva, uns datos que apuntan a que as políticas do PP, tanto no Estado como en Galicia, empobrecen a calidade do emprego, a

Leer mas…

Rotación, temporalidade e estacionalidade debuxan un mercado laboral inestable que provoca peores cotizacións á Seguridade Social

Os datos facilitados hoxe polo INEM, aínda que reflicten unha caída do desemprego, tamén apuntan a que a creación de postos de traballo que tivo lugar neste mes estivo marcada pola rotación, temporalidade e estacionalidade (Semana Santa). Todo isto contribúe a debuxar un mercado laboral inestable, no que o emprego que se crea é temporal e precario, basicamente como consecuencia da reforma laboral. Este emprego de baixa calidade conduce a menos e peores cotizacións á Seguridade Social, o que pon en risco as pensións.

Leer mas…

As cifras do paro evidencian precariedade, a cronificación do desemprego e a asistencialidade das prestacións

As cifras do paro feitas públicas hoxe evidencian precariedade na contratación e altos niveis de rotación laboral, o que, evidentemente, sempre trae consigo temporalidade e precariedade. A UGT-Galicia tamén lle preocupa a cronificación do desemprego, o que está a provocar que xa se rexistren en Galicia 119.780 persoas paradas sen ningún tipo de cobertura, máis da metade dos

Leer mas…

UGT-Galicia denuncia o mal comportamento do desemprego e dos datos de afiliación á Seguridade Social

As cifras de desemprego feitas públicas hoxe son realmente negativas. Evidencian, primeiro, unha suba considerable do número de persoas desempregadas, a precariedade dos contratos que se asinan, que mulleres e mozos seguen a ser os máis prexudicados desta situación e que as taxas de cobertura por desemprego están en mínimos históricos, acompañado isto do feito de que as prestacións teñen un marcado carácter asistencial.

Leer mas…

En Galicia, no mes de decembro, sube o paro e baixa a afiliación á SS

Remata o mes de decembro de 2015 con 228.808 desempregados en Galicia, medrando o 1,62% con respecto ao mes anterior, 3.650 desempregados máis. Evolución contraria  ao sucedido no Estado, no que cae o desemprego o -1.34% No Estado a cifra de desempregados sitúase en 4.093.508 persoas.

En Galicia a variación interanual foi de baixada do desemprego do 9,2%, 23.110 desempregados menos; no Estado a baixada foi do 7,96%.

Leer mas…

Xa hai máis de 112.000 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura e máis da metade das prestacións son asistenciais

O fin da temporada estival conduce, un ano máis, ao incremento do desemprego, o que evidencia que a mellora do mercado laboral obedece a causas conxunturais, máis que á suposta mellora da situación económica que pretenden publicitar dende o Goberno. Ademais, a UGT-Galicia preocúpalle, evidentemente, ademais do mal comportamento do emprego, os baixos niveis de cobertura para os desempregados, co

Leer mas…

En Galicia fixéronse case 90.000 contratos en só un mes, o que amosa os altos niveis de rotación laboral e precariedade

Os datos do paro feitos públicos hoxe, e referidos ao mes de setembro, amosan xa un cambio de tendencia, con respecto aos meses precedentes, basicamente, porque remata a temporada estival, período que tradicionalmente está marcado por altos niveis de contratación. Así, o paro volve a medrar, o 0,9 por cento, 2.005 persoas

Leer mas…

O bo dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar o descenso do número de desempregados que cobran prestación

UGT- Galicia valora como positivo o descenso do paro rexistrado no mes de agosto na nosa Comunidade, que contrasta co aumento no conxunto de España, aínda que seguimos alertando do preocupante descenso que se produce no número de beneficiarios con prestación que, ademais tamén cobran prestacións por debaixo da

Leer mas…

Páginas