UGT-Galicia considera que urxe un plan de choque polo emprego de calidade e derrogar a reforma laboral

Fecha: 06 Nov 2019

Segundo os datos facilitados hoxe, en Galicia contráese o paro no mes de maio nun 3,26%, un 2,7% no resto do Estado. Así, hai nesta Comunidade un total de 160.805 persoas en situación de desemprego, 5.421 menos que no mes anterior. No Estado o número de persoas desempregadas ascende a 3.079.491, cunha contracción de 84.075. En relación a hai un ano, o paro baixa en Galicia nun 9%, 15.891 persoas desempregadas menos.

As mulleres, as máis prexudicadas pola evolución do mercado laboral

De novo, as mulleres son as máis prexudicadas pola evolución do mercado laboral e ás que lles custa máis saír do carro do desemprego. O paro cae entre os homes nun 4% e no caso das mulleres nun 2,7%. As mulleres ocupan o 58,2% do desemprego en Galicia, 93.572 mulleres no desemprego, fronte a 67.233 homes. Resulta evidente que as mulleres non están a ser as protagonistas da tímida recuperación.

Entre os menores de 25 anos o desemprego cae nun 4,6% no mes e nun 9,5% no ano.

O 69% do total da contratación do desemprego é no sector servizos. Estacionalidade na contratación e terciarización da economía

Por sectores de actividade, dáse contracción en todos eles, cunha maior contundencia na construción, o 4,3%; no primario, o 4%; na industria, o 3,4%; nos servizos, o 3,3%; e no colectivo de sen emprego anterior, nun 1,4%. Aínda que en termos absolutos a maior caída prodúcese nos servizos, en 3.732 persoas, é dicir, o 69% do total da contratación do desemprego, o que se explica polo tipo de contratos que se fan nesta época do ano, estacionais e xa relacionados coa tempada estival. No ano o sector servizos tamén é o que rexistra unha maior caída en termos absolutos, en 9.388 persoas, o 59,1% do total da caída do paro. De novo, UGT alerta sobre a terciarización da economía.

Altos niveis de rotación na contratación e segue medrando máis a contratación temporal que a indefinida

Cos datos de maio compróbase que se fixeron 95.202 contratos nun mes para tan só un incremento de 7.814 persoas cotizantes, o que da conta do alto nivel de rotación que existe na contratación, o que acarrea sempre máis e máis precariedade. En canto ao modelo de contratación, no mes medra a temporal nun 14,4%, moi por enriba da indefinida, nun 2,6%.

Tamén convén apuntar que dáse unha contracción no número de contratos, en relación ao ano pasado, do 9,1% na indefinida e dun 0,3% na temporal. A porcentaxe de contratación indefinida continúa sendo baixísima, do 7,86%, aínda máis débil que hai un ano, cando nesta mesma data era do 8,56%.

Precariedade tamén no desemprego

Máis e máis precariedade en todas as variables analizadas, incluída a da cobertura por desemprego. O número de beneficiarios de prestacións é de 87.110, cunha taxa de cobertura do 57,4%, deixando fóra a 79.116 persoas, tendo en conta tanto aos que xeraron o dereito á prestacións como a aqueles que están no desemprego pero non xeraron dito dereito. No Estado a taxa de cobertura, aínda que tamén baixa, é superior á galega, do 59,1.

Pero é que desta porcentaxe tan baixa, tan só o 44% perciben prestacións de carácter contributivo, o que incide aínda máis na precariedade da cobertura, xa que as contías das non contributivas están moi por debaixo dos 790 euros de media das contributivas.

Son 41.590 desempregados que perciben subsidios; 7.163 rendas activas de inserción; e tan só 5 beneficiarios do programa de activación para o emprego.

Hai en Galicia 1.018.406 persoas afiliadas/cotizantes da Seguridade Social, medrando un 0,8% con respecto ao mes anterior, menos que no resto do Estado, onde sube de media un 1,1%.

Por todo isto, á vista da precariedade que impera no mercado laboral e tamén no eido do desemprego, UGT-Galicia insta ás administracións a que, cada unha dentro das súas competencias, desenvolvan plans de choque polo emprego de calidade e con dereitos, así como, a derrogación urxente da reforma laboral que non pode agardar máis. Máis emprego de calidade, para combater o desemprego estrutural e a precariedade laboral, deben ser obxectivos prioritarios das administracións, tanto da Xunta como do Goberno central.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 

GALICIA

Maio 2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

160.805

-5.421

-3,26

-15.891

-9,0

* homes

67.233

-2.835

-4,05

-7.846

-10,5

* mulleres

93.572

-2.586

-2,69

-8.045

-7,9

Nº parados mozos < 25 anos

7.699

-371

-4,6

-806

-9,5

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.880

-248

-4,0

-532

-8,3

* industria

18.138

-644

-3,4

-1.650

-8,3

* construción

13.113

-593

-4,3

-2.895

-18,1

* servizos

109.470

-3.732

-3,3

-9.388

-7,9

* sen emprego anterior

14.204

-204

-1,4

-1.426

-9,1

Beneficiarios prestación por desemprego (abril)

87.110

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (abril)

57,38

Parados totais sen ningún tipo de prestación (abril)

79.116

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

95.202

11.235

13,4

-987

-1,0

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.487

189

2,6

-749

-9,1

Nº contratos temporais

87.715

11.046

14,4

-238

-0,3

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

1.018.406

7.814

0,8

20.315

2,0

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social


 


 


 


Fuente: UGT-Galicia