Descende o paro pero aumenta a mala calidade do emprego, só o 6,61% da contratación é indefinida, e do desemprego, hai fóra do sistema máis de 70.000 desempregados en Galicia

Fecha: 06 Nov 2019

Se ben é certo que os datos feitos públicos hoxe polo Servizo de Emprego Público Estatal, reflicten unha importante contracción do desemprego en Galicia, tamén hai que subliñar que a mala calidade do emprego que se crea continúa aí, con altas taxas de temporalidade, parcialidade involuntaria e unha recuperación do mercado laboral marcada pola estacionalidade e as contratacións da época estival. Por isto, para UGT-Galicia, non pode haber lugar para a euforia, senón que urxe traballar por un modelo económico que garanta un mercado laboral estable e con dereitos.

Os datos indican que o paro contráese en Galicia no mes de xullo nun 2,79%, con 4.328 persoas desempregadas menos, e un total de 150.921 persoas no paro. A contracción interanual é do 7,64%, con 12.491 persoas desempregadas menos.

A brecha por razón de xénero persiste

Por sexos, un mes máis, persiste a peor situación das mulleres, entre as que se contrae o paro nun 1,9% e un 4,02% no caso dos homes. A brecha por razón de xénero persiste, o 58,7% do total das persoas desempregadas son mulleres, 62.290 homes e 88.631 mulleres.

Entre os menores de 25 anos, o desemprego cae nun 6,85%, dun xeito máis acusado que no conxunto de idades. O que incide, de novo, no forte compoñente de estacionalidade que hai nestas estatísticas pola temporada estival porque o mes de xullo é un mes de incorporación da mocidade ao mercado laboral, con contratos de temporada.

Por sectores de actividade, a contracción é dun 8,18% no primario; o 3,5% na construción; o 2,6% nos servizos; o 2,7% na industria; e o 1,55% no colectivo de sen emprego anterior. Pero, a maior caída en termos absolutos prodúcese no sector servizos, debido á estacionalidade, baixando o desemprego en 2.749 persoas, o 63,5% do total da contracción do desemprego.

En termos anuais, tamén hai un descenso acusado en todos os sectores de actividade pero, de novo, a maior caída en termos absolutos dáse no sector servizos, 7.004 desempregados menos, o que deixa entrever a progresiva terciarización da economía galega.

Excesiva rotación na contratación, 121.098 contratos para tan só un incremento de 12.290 afiliados

De novo, UGT-Galicia denuncia a excesiva rotación na contratación, 121.098 contratos nun mes para un incremento de 12.290 persoas afiliadas/cotizantes. A contratación medra no mes un 22,6% pero con taxas baixas de consolidación.

Continúa sendo moi preocupante a baixa porcentaxe de contratación indefinida, do 6,61%.

E, de novo, UGT-Galicia denuncia os baixos niveis de cobertura do desemprego. 81.582 beneficiarios de prestacións, cunha taxa de cobertura do 57,6%, deixando fóra do sistema a 73.667 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito á cobertura como aos non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é do 61,4%.

Precariedade na cobertura por desemprego

Deste total o 43,1% perciben prestacións de carácter contributivo e o resto son de carácter asistencial, o que indica tamén a precariedade na cobertura por desemprego. Porque, evidentemente, trátase de prestacións moito máis baixas.

A afiliación á Seguridade Social medra nun 1,2% e un 1,56% no ano, con menor incidencia que no resto do Estado onde crece un 2,58%.

Detrás destes datos, aínda que non se pode obviar a mellora do desemprego en termos numéricos, segue a haber un empeoramento da calidade do emprego, marcada por máis precariedade derivada do abuso da temporalidade e a contratación a tempo parcial que conduce a un continuo desgaste das rendas das familias. A protección das persoas sen emprego tamén se foi reducindo nestes anos, debido ao desmantelamento do sistema executado polo Goberno do PP.

E, por todo elo, UGT-Galicia reclama a derrogación da reforma laboral de 2012 e o impulso de políticas públicas que favorezan o emprego de calidade e con dereitos. Neste senso, o Sindicato reclama máis recursos humanos e materiais para os servizos públicos de emprego e resulta imprescindible que as políticas de protección por desemprego se reforcen e que se amplíen as prestacións contributivas e asistenciais, aumentando o grado de cobertura. Ademais, urxe mellorar a empregabilidade das persoas a través da orientación e a formación.


 

GALICIA

Xullo 2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

150.921

-4.328

-2,79

-12.491

-7,6

* homes

62.290

-2.608

-4,02

-5.788

-8,5

* mulleres

88.631

-1.720

-1,90

-6.703

-7,0

* mozos e mozas < 25 anos

6.429

-473

-6,9

-930

-12,6

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.120

-456

-8,2

-460

-8,2

* industria

17.107

-468

-2,7

-1.196

-6,5

* construción

12.303

-443

-3,5

-2.265

-15,5

* servizos

102.958

-2.749

-2,6

-7.004

-6,4

* sen emprego anterior

13.433

-212

-1,6

-1.566

-10,4

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xuño)

81.582

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xuño)

57,61

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (xuño)

73.667

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

121.098

22.313

22,6

2.530

2,1

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

8.006

509

6,8

-46

-0,6

* temporais

113.092

21.804

23,9

2.576

2,3

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.037.482

12.290

1,2

15.937

1,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 


Fuente: UGT-Galicia