A estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións son as eivas do mercado laboral galego

Fecha: 03 Ene 2020

Paro_decembro

O desemprego galego segue a amosar moitas eivas na calidade do emprego: desemprego aínda en cifras elevadas, temporalidade na contratación, fenda por sexos, estacionalidade, etc. As cifras de desemprego sitúanse en 165.308 persoas, o que supón unha diminución do 0.21 por cento sobre o desemprego do mes de novembro deste año. En termos porcentuais a caída é inferior en Galicia, o 0,21 por cento menos fronte ao 1,08 por cento de redución do Estado. UGT-Galicia segue insistindo na necesidade de derrogar as reformas que lastran o mercado laboral e só serviron para darlle máis inestabilidade e para favorecer a precariedade.

Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 2,4 por cento, 3.987 persoas desempregadas menos, e neste caso cunha contracción maior que na media estatal, onde foi do -1,21 por cento (38.692 persoas desempregadas menos).

 

Decembro

Variación mes

Variación interanual

2008

189.903

5,0

22,5

2009

222.839

2,8

17,3

2010

237.313

2,4

6,5

2011

258.234

1,9

8,8

2012

278.787

0,8

8,0

2013

271.063

0,1

-2,8

2014

251.918

1,3

-7,1

2015

228.808

1,6

-9,2

2016

205.914

1,2

-10,0

2017

185.013

-1,2

-10,2

2018

169.295

-0,6

-8,5

2019

165.308

-0,2

-2,4

 

                       

 

Galicia

Estado

2019/DECEMBRO

 

165.308

3.163.605

Variación absoluta mes anterior

-351

-34.579

Variación relativa

-0,21

-1,08

Var. absoluta mesmo mes año anterior

-3.987

-38.692

Variación relativa

-2,36

-1,21

O paro segue a ser feminino maioritariamente

Por sexos, no mes, hai unha evolución do desemprego dispar, prodúcese un aumento no caso masculino, nun 2,33 por cento, e caída no feminino nun 2,08 por cento. No ano, hai unha contracción en ambos sexos do 2,34 por cento en homes  e  do 2,37 por cento en mulleres. Aínda así, as cifras falan por si mesmas, 71.666 homes e 93.642 mulleres. Do total de desemprego o 56,6 por cento é feminino.

Son 7.652 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, contraense no mes un 8,86 por cento. Moitos son os mozos e mozas que atopan un emprego durante os meses de Nadal, pero como se comproba, este emprego é temporal e estacional, con pouca vixencia. No ano a caída é tamén maior que á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe nun 2,62 por cento.

Forte caída do emprego na construción

No mes, ao analizar por sectores de actividade prodúcese un forte aumento, do 7,76 por cento, na Construción (de ahí a evolución de aumento no paro nos homes, ao ser este un colectivo masculinizado) un aumento no sector Primario do 3,81 por cento, tamén mal dato na Industria, o 3.3 por cento de aumento. Polo contrario no mes cae moito no colectivo Sen Emprego Anterior, 4,6 por cento menos e contraese tamén nos servizos, 1,35 por cento

No ano prodúcese unha forte contracción en todos os sectores, do 5,87 por cento menos na Construción, do 5,7 por cento na Industria e nun 4,42 por cento menos no Primario. Tamén hai unha destacada caída no colectivo Sen Emprego Anterior cunha caída do 5,2 por cento e, no que menos, nos Servizos, unha evolución do 0,85 por cento menos.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2019/Decembro

165.308

6.292

18.579

14.085

112.979,0

13.373,0

Variación absoluta mes anterior

-351

231

594

1.014

-1.545

-645

Variación relativa

-0,21

3,81

3,30

7,76

-1,35

-4,60

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-3.987

-291

-1.114

-878

-970

-734

Variación relativa

-2,36

-4,42

-5,66

-5,87

-0,85

-5,20

Por provincias, caída acusada en Lugo no mes, o 1,36 por cento, con menor intensidade en Ourense cunha caída do 0,96 por cento, en Pontevedra a caída é do 0,41 por cento e, polo contrario, un incremento na Coruña do 0,49 por cento

No ano, hai unha contracción acusada nas provincias de Ourense e Pontevedra, 3,87  e 3,26 por cento menos, respectivamente. Menos acusadas son as caídas do 1,42 por cento en A Coruña e en Lugo do 0,7 por cento .

 

Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2019/DECEMBRO

 

165.308

65.747

16.198

18.359

65.004

Variación absoluta mes anterior

-351

321

-224

-178

-270

Variación relativa

-0,21

0.49

-1.36

-0.96

-0.41

Var. absoluta mesmo mes año anterior

-3.987

-944

-115

-740

-2.188

Variación relativa

-2,36

-1,42

-0.7

-3.87

-3.26

Contratación inestable. A contratación indefinida cae a mínimos históricos

Cos datos de decembro constátase que se fixeron 77.798 contratos no mes.  Hai un aumento con respecto ao mes anterior, en 1.576 contratos máis e 5.547 contratos máis que no mesmo mes do ano do anterior.

Pola contra, hai unha fortísima contracción no mes de indefinidos,14 por cento menos, o que supón un aumento do 3,6 por cento nos temporais. Esto reflicte un dos graves problemas do mercado laboral galego, que non é outro máis que a temporalidade e a inestabilidade.

Se tomamos os datos anuais, prodúcese a mesma evolución:; hai unha contracción dos contratos indefnidos e aumento de temporais, unha evolución do 8,9 por cento menos e do 9,2 por cento máis, respectivamente.

Esto da como resultado que a  porcentaxe de contratación indefinida é mínima 7,3 por cento (no ano anterior foi algo máis alta, o 8,62 por cento)

Cobertura por desemprego

Hai en Galicia 91.735 persoas beneficiarias de prestación por desemprego en novembro (último dato disponible), cun 60,5 por cento de taxa de cobertura (moi por debaixo ao  64,8 por cento no Estado).

Tamén é destacable que a cobertura por desemprego é maioritariamente asistencial. Do total de persoas beneficiarias de prestación por desemprego, 42.595 son persoas  con prestación contributiva, o 46,4 por cento do total, 42.288 de subsidio por desemprego, 6.850 de renda activa de inserción e 2 de Programa de Activación para o Emprego.

En Galicia, a contía media da prestación contributiva percibida por beneficiario (euros/mes) é de 814,7 euros, mentras que no Estado é superior, 846,9 euros. Sube o importe medio debido á incorporación de traballadores con cotización ao desemprego.

Afiliación á Seguridade Social tamén baixa

A afiliación sitúase en Galicia no mes de decembro en 1.020.259 persoas, o que supón un descenso con respecto ao mes anterior de 3.331 afiliados menos, o 0,33 por cento de redución. Se a comparación a facemos co mesmo mes do ano anterior hai un aumento do 1,41 por cento.

Con respecto á evolución do Estado, a cifra de afiliados/cotizantes é de 19.408.538. Se ten aumentado no mes (ao contrario que en Galicia) o 0,16 por cento e cun aumento interanual moito máis elevado que o rexistrado en Galicia, o 2,02 por cento máis.

GALICIA

Decembro 2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

165.308

-351

-0,21

-3.987

-2,4

* homes

71.666

1.635

2,33

-1.717

-2,3

* mulleres

93.642

-1.986

-2,08

-2.270

-2,4

* mozos e mozas < 25 anos

7.652

-744

-8,9

-206

-2,6

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.292

231

3,8

-291

-4,4

* industria

18.579

594

3,3

-1.114

-5,7

* construción

14.085

1.014

7,8

-878

-5,9

* servizos

112.979

-1.545

-1,3

-970

-0,9

* sen emprego anterior

13.373

-645

-4,6

-734

-5,2

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (novembro)

91.735

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro)

60,49

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (novembro)

73.924

CONTRATACIÓN

Nº contratos

77.798

1.576

2,1

5.547

7,7

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

5.676

-921

-14,0

-552

-8,9

* temporais

72.122

2.497

3,6

6.099

9,2

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.020.259

-3.331

-0,3

14.152

1,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Fuente: UGT-Galicia