UGT-Galicia denuncia que un mes máis, emprego temporal, estacional e precario

Fecha: 05 Nov 2019

Os datos de desemprego feitos públicos hoxe evidencian, un mes máis, emprego temporal, estacional e precario. É dicir, á vista das estatísticas constátase que o mercado laboral é fráxil e inxusto. Ademais, tamén resulta evidente que a precariedade non impera só no emprego, senón tamén no desemprego. Por todo isto, UGT-Galicia considera que urxe a derrogación das dúas últimas reformas laborais, que se repoñan os dereitos dos traballadores e ampliar a protección por desemprego, modificando os criterios de acceso ás prestacións e establecendo actuacións no marco das políticas activas de emprego públicas.

Os datos do paro do mes de marzo indican que en Galicia este baixou un 1,7%. Hai nesta Comunidade un total de 170.841 persoas en situación de desemprego, 2.868 menos que no mes anterior. No resto do Estado a baixada foi dun 1% e hai 3.255.084 persoas desempregadas. En relación a hai un ano, o paro baixou un 7,7% en Galicia e un 4,9% no resto do Estado.

Un mes máis, as mulleres seguen a ser as grandes prexudicadas. Así, o desemprego baixou en Galicia un 2,9% entre os homes e tan só un 0,7% entre as mulleres. O 57,7% do total das persoas desempregadas en Galicia son mulleres, é dicir, 98.543 mulleres fronte a 72.298 homes.

Hai 8.450 mozos e mozas en situación de desemprego, caendo o paro neste grupo de idades, menores de 25 anos, nun 1,3% no mes e nun 7,4% no ano.

Por sectores de actividade, a contracción rexístrase en todos os sectores. 4,8% no primario; un 3,7% na construción; 2,4% na industria; e 1,5% nos servizos. Tan só medra no colectivo de sen emprego anterior, nun 1,3%.

En termos anuais o paro tamén baixa en todos os sectores, con porcentaxes moi elevadas na construción, o 21,1%, na industria, o 10,5%, o 8,3% no primario, igual que no colectivo de sen emprego anterior, e no que menos nos servizos, nun 5,2%.

Sen embargo, en termos absolutos, no que máis se contrae o paro no mes e no sector servizos, en 1.752 persoas, ocupando o 61,1% da caída do desemprego.

A inestabilidade do mercado laboral galego reflíctese claramente nos altos índices de rotación na contratación. No mes fixéronse en Galicia 75.535 contratos, que se traduciu, tan só, nun incremento de 7.094 afiliados. É dicir, son necesarios máis de 10 contratos para consolidar un alta na Seguridade Social.

No mes medra tanto a contratación indefinida como a temporal, aínda que máis esta última. E no ano medra tan só a temporal, nun 1%, fronte á baixa da indefinida nun 10,5%. A porcentaxe de contratación indefinida no mes é de tan só o 9,51%.

En canto á protección no desemprego, segue constatándose precariedade. O número de beneficiarios de prestacións foi de 94.630, cunha taxa de cobertura do 59,4%, deixando fóra do sistema a 79.079 persoas, tendo en conta tanto ás que teñen dereito a cobertura como as que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior, do 61%.

Ademais, a precariedade afecta tamén ás contías porque tan só son 44.344 (47%) as persoas beneficiarias de prestacións de carácter contributivo, o resto son asistenciais.

Por outra banda, o número de afiliados á Seguridade Social é de 1.004.405 persoas, medrando no mes o 0,7% e no ano nun 2%.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.


 


 


 

GALICIA

mar-19

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

170.841

-2.868

-1,65

-14.262

-7,7

* homes

72.298

-2.155

-2,89

-8.254

-10,2

* mulleres

98.543

-713

-0,72

-6.008

-5,7

Nº parados mozos < 25 anos

8.450

-115

-1,3

-679

-7,4

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.170

-308

-4,8

-559

-8,3

* industria

19.024

-468

-2,4

-2.235

-10,5

* construción

13.987

-531

-3,7

-3.741

-21,1

* servizos

117.193

-1.752

-1,5

-6.419

-5,2

* sen emprego anterior

14.467

191

1,3

-1.308

-8,3

Beneficiarios prestación por desemprego (febreiro)

94.630

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro)

59,35

Parados totais sen ningún tipo de prestación (febreiro)

79.079

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

75.535

6.715

9,8

-153

-0,2

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.180

324

4,7

-841

-10,5

Nº contratos temporais

68.355

6.391

10,3

688

1,0

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

1.004.405

7.094

0,7

19.521

2,0


 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 

Fuente: UGT-Galicia