A precariedade e a rotación na contratación seguen a ser as eivas do mercado de traballo galego

Fecha: 06 Nov 2019

Diminue a a afiliación e aumenta o paro rexistrado en Galicia

​UGT-Galicia considera que o dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia novamente pon de manifesto os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Esta debilidade traslúcese no feito que tanto as mulleres como os mozos menores de 25 anos seguen sendo os colectivos máis prexudicados polo desemprego en Galicia.

A afiliación diminúe con respecto ao mes anterior ata situarse en 1.036.900 persoas afiliadas/cotizantes no mes de agosto de 2019, o que supón 582 persoas menos afiliadas, o 0,06% descenso moi inferior ao total do estado, no que o descenso foi do 1,09%.

Se a comparación a realizamos co mesmo mes do ano anterior o número de cotizantes en Galicia aumenta en 16.513 persoas, o 1,62%, variación interanual.

As cifras de desemprego sitúanse en 153.820 persoas, o que supón un incremento do 1,9% sobre o desemprego do mes de xullo deste año

No mes Galicia aporta un aumento de 2.899 desempregados, no Estado en total foron 54.371 desempregados máis no mes de agosto. En termos porcentuales in incremento incluso superior en Galicia, 1,9% fronte a o 1,8% do estado.

Se temos en conta a variación interanual hai en Galicia unha contracción do -6,4% % -10.604 persoas desempregadas menos e neste caso unha cunha contracción moito maior que na media estatal, onde foi do -3.65% (-116.264 persoas desempregadas menos)

 

  Agosto Variación mes Variación interanual
2008 152.437 2,1 8,7
2009 195.241 1,2 28,1
2010 211.532 0,8 8,3
2011 224.582 0,7 6,2
2012 257.267 -1,1 14,6
2013 257.524 -1,4 0,1
2014 236.939 -1,4 -8,0
2015 213.732 -1,2 -9,8
2016 193.045 -1,2 -9,7
2017 181.125 -0,4 -6,2
2018 164.424 0,6 -9,2
2019 153.820 1,9 -6,4

                       

  Galicia Estado
2019/Agosto    
Variación absoluta mes anterior 2.899 54.371
Variación relativa 1,92 1,81
Var. absoluta mesmo mes año anterior -10.604 -116.264
Variación relativa -6,45 -3,65

 

Sube o desemprego feminino e en menores de 25 anos

Por sexos, no mes de agosto, hai unha evolución do desemprego máis negativa nas mulleres, cun aumento do paro rexistrado do 2,09%, en contraposición cos homes, cun incremento do 1,68%, xa que aumenta o paro en 1.852 mulleres e 1.047 homes, de maneira que un total de 90.483 desempregadas son mulleres e 63.337 son homes.

Non se produce a mesma evolución en termos anuais, onde se producen caídas do desemprego do 7,19% en homes e o 5,92% en mulleres.

Por idades, son 6.712 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados. O desemprego aumenta neste colectivo no mes o 4,40%, de forma máis acusada que no conxunto de idades, xa que duplica ao resto das idades.

No ano a caída é tamén maior que á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe o 9,98%.

Resultados por sectores de actividade

No mes, ao analizar por sectores de actividade prodúcese un aumento do desemprego en Industria, cun 1,68%, e Servizos, cun 2,60%.

 

  Paro total Agricultura / Gandería Industria Construción Servizos Sen emprego anterior
2019/Agosto 153.820 5.022 17.394 12.344 105.630 13.430
Variación absoluta mes anterior 2.899 -98 287 41 2.672 -3
Variación relativa 1,92 -1,91 1,68 0,33 2,60 -0,02
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior -10.604 -509 -1.359 -1.877 -5.466 -1.393
Variación relativa -6,45 -9,20 -7,25 -13,20 -4,92 -9,40

 

Contratación e afiliación á SS

Cos datos de agosto compróbase que se fixeron 93.629 contratos nun mes, diminúe así a contratación con respecto ao mes anterior o -22,68% e con respecto ao ano anterior o -6,11%.

A afiliación sitúase en Galicia no mes de agosto en 1.036.900 persoas o que supón un descenso con respecto ao mes anterior de 582 afiliados menos, un 0,06%. Se a comparación a facemos co mes de agosto do ano anterior hai un aumento de 16.512 persoas, o 1,62% de aumento.

GALICIA AGOSTO 2019 VARIACIÓN SOBRE
Mes anterior Mesmo mes ano anterior
% %
DESEMPREGO
Nº persoas paradas 153.820 2.899 1,92 -10.604 -6,4
* homes 63.337 1.047 1,68 -4.908 -7,2
* mulleres 90.483 1.852 2,09 -5.696 -5,9
* mozos e mozas < 25 anos 6.712 283 4,4 -744 -10,0
Por sectores*          
* agricultura 5.022 -98 -1,9 -509 -9,2
* industria 17.394 287 1,7 -1.359 -7,2
* construción 12.344 41 0,3 -1.877 -13,2
* servizos 105.630 2.672 2,6 -5.466 -4,9
* sen emprego anterior 13.430 -3 0,0 -1.393 -9,4
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xullo) 83.546  
Taxa de cobertura prestación por desemprego (xullo) 60,77
Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (xullo) 67.375
CONTRATACIÓN
Nº contratos 93.629 -27.469 -22,7 -6.088 -6,1
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) 5.763 -2.243 -28,0 -2.805 -32,7
* temporais 87.866 -25.226 -22,3 -3.283 -3,6
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) 1.036.900 -582 -0,1 16.512 1,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Fuente: UGT-Galicia