O paro reflicte a desigualdade do mercado laboral, as mulleres representan máis do 57% do desemprego

Fecha: 05 Nov 2019

Se ben é certo que en Galicia baixa o paro nun 0,62%, cunha evolución máis positiva en relación ao que sucede no resto do Estado onde medra nun 0,1%, a pesar disto, a UGT-Galicia seguen a preocuparlle os riscos que afectan ao mercado laboral, o ensanchamento da fenda de xénero no desemprego, as elevadas doses de precariedade ou a estacionalidade do emprego xerado. Só o mantemento da actividade económica consegue que baixe o desemprego pero as eivas do mercado laboral galego continúan aí.

A día de hoxe hai en Galicia un total de 173.709 persoas en situación de desemprego, 1.091 menos que hai un mes. No Estado esta cifra é de 3.289.040 persoas no paro, cun aumento no mes de 3.279 persoas. En relación a hai un ano, dáse unha contracción do 7,7%, 14.498 persoas desempregadas menos, fronte á baixada do 5,2% do resto do Estado.

A FENDA DE XÉNERO TAMÉN SE ENSANCHA NO DESEMPREGO. UGT-GALICIA CHAMA A SECUNDAR A FOLGA CONVOCADA ESTE 8M E PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS

Por sexos, dáse, un mes máis, unha mellor evolución do desemprego entre os homes, caendo o paro nun 0,97%, fronte ao 0,36% no caso das mulleres. Incrementándose así a peor posición das mulleres en relación aos homes. O 57,1% do total do desemprego o ocupan as mulleres, 74.453 homes, fronte a 99.256 mulleres.

En relación aos menores de 25 anos, os máis mozos, o desemprego, contrariamente ao que sucede no resto da idades, medra nun 4,02%. A caída no ano tamén é un pouco menor ca do conxunto de idades, dun 6,3%.

Por sectores de actividade, o desemprego baixa en todos, con maior contundencia na construción e no primario, o 2,95% e o 2,72%, respectivamente. Tan só medra no colectivo de sen emprego anterior, un 2,05%. En termos anuais, o desemprego baixa en todas as actividades, o 18,55% na construción; o 8,46%, no primario; o 8,43% na industria; o 8,12% no colectivo de sen emprego anterior; e o 5,96% no sector servizos. Aínda que en termos absolutos, dada a terciarización da economía, no que máis se contrae é nos servizos, en 7.535 persoas.

Fixéronse 68.820 contratos, contraéndose este indicador nun 16,5% en relación ao mes anterior. A porcentaxe de contratación indefinida é de tan só o 9,96%, cando o ano pasado neste mesmo mes de febreiro era do 10,63%.

A precariedade tamén se traslada ao desemprego cunha taxa de cobertura de tan só o 59,8%, deixando fóra do sistema a 78.690 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura como aos que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior, do 61,9%.

Hai 46.394 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, tan só o 48,3% do total, o que apunta unha vez máis á precariedade na cobertura por desemprego. A gran maioría da cobertura é de carácter asistencial.

A afiliación á Seguridade Social medra nun 0,5%, con 997.311 cotizantes. No ano esta variable medrou nun 1,92%.

UGT mostra a súa preocupación por estas cifras de paro e de contratación publicadas, a pesar da positiva evolución anual marcada polo mantemento da actividade económica. Febreiro evidencia, de novo, os perigos do emprego creado:

1) As cifras seguen mostrando a desigualdade no noso mercado de traballo: o 57,1% das persoas en desemprego son mulleres.

2) O carácter estacional da xeración de emprego, ligado ás campañas como a de Nadal e rebaixas que poden ter como consecuencia, tras a súa finalización, un incremento do paro.

3) A elevada dose de precariedade que mostran os contratos rexistrados. No mes só o 9,96% dos contratos asinados foron indefinidos; unha modalidade que caeu en relación a hai un ano, cando era do 10,63%.

4) Tampouco hai que esquecer a extensión da precariedade entre as persoas que se atopan en desemprego. A taxa de cobertura e de tan só o 59,8%. Isto, xunto á elevada cifra de desemprego de longa duración, fai urxente de revisar o sistema de protección por desemprego e as políticas activas de emprego.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.


 

GALICIA

FEBREIRO2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

173.709

-1.091

-0,6

-14.498

-7,7

* homes

74.453

-733

-1,0

-7.580

-9,2

* mulleres

99.256

-358

-0,4

-6.918

-6,5

Nº parados mozos < 25 anos

8.565

331

4,0

-571

-6,3

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.478

-181

-2,7

-599

-8,5

* industria

19.492

-214

-1,1

-1.795

-8,4

* construción

14.518

-442

-3,0

-3.307

-18,6

* servizos

118.945

-541

-0,5

-7.535

-6,0

* sen emprego anterior

14.276

287

2,1

-1.262

-8,1

Beneficiarios prestación por desemprego (xaneiro)

96.110

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro)

59,77

Parados totais sen ningún tipo de prestación (xaneiro)

78.690

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

68.820

-13.581

-16,5

-380

-0,5

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.856

-1.342

-16,4

-499

-6,8

Nº contratos temporais

61.964

-12.239

-16,5

119

0,2

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

997.311

4.941

0,5

18.822

1,9

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 



 


 


Fuente: UGT-Galicia