Máis paro, menos afiliación e máis precariedade no emprego e no desemprego

Fecha: 03 Dic 2019

UGT-Galicia considera que este foi un mal novembro para o emprego nesta Comunidade, con máis paro, menos afiliación á Seguridade Social, baixas porcentaxes de contratación indefinida e baixas coberturas no desemprego.

O Sindicato considera que urxe, e xa non hai máis tempo que agardar, un cambio nas políticas cun triplo obxectivo: impulsar un crecemento máis equilibrado, sostible e inclusivo; xerar máis e mellor emprego, de calidade e con dereitos; e elevar o benestar e a calidade de vida de todas as persoas, con especial atención á consecución da igualdade e a eliminación das bolsas de pobreza. Tanto o novo Goberno que se constitúa, a nivel do Estado, como o Goberno da Xunta, que ten competencias en materia de emprego, deben implicarse xa con estes obxectivos.

Entrando de chego na análise das estatística facilitadas hoxe, estas indican que hai en Galicia 1.352 persoas desempregadas máis que no mes de outubro, un incremento do 0,82%, fronte ao 0,65% do resto do Estado.

Así, hai nesta Comunidade 165.659 persoas no desemprego. En relación a hai un ano, o paro baixa nun 2,8%, en 4.710 persoas.

Por sexos, o paro aumenta, neste mes, máis entre os homes, nun 1,51%, fronte ao 0,32% no caso das mulleres. Porque o sector da construción foi dos que máis elevou as súas cifras neste mes. Aínda así, hai 70.031 homes en situación de desemprego, fronte a 95.628 mulleres. O desemprego en Galicia segue a ter rostro de muller.

Entre os máis mozos, menores de 25 anos, o paro increméntase aínda máis, nun 1,87%. Moitos son os mozos e mozas que durante o verán atopan un emprego pero ao rematar a temporada volven ao paro, o que evidencia a estacionalidade e precariedade do noso mercado laboral.

Por sectores, o paro medra no primario, nun 4,39%; na construción, nun 2,71%; nos servizos, nun 0,84%; e baixa na industria, nun 0,96% e no colectivo de sen emprego anterior, nun 0,17%. No ano prodúcese unha forte contracción en todos os sectores.

Por provincias, o aumento máis acusado dáse en Lugo, un 2,3%; un 1% na Coruña; un 0,8% en Pontevedra; e baixa en Ourense, nun 1%.

Forte caída da contratación, no ano e no mes

En termos de contratación, asináronse 76.222 contratos no mes de novembro, caendo en 29.818 en relación ao mes anterior. En relación a hai un ano a caída tamén foi elevada, dun 9,72%.

Tan só o 8,6% da contratación foi indefinida, baixando nun 34,7% en relación ao mes anterior

E a precariedade na contratación segue a ser unha constante, tan só o 8,6% do total da contratación no mes foi indefinida, incluíndo a transformación de temporais a indefinidos. Baixando, así, nun 34,7% en relación ao mes anterior, 3.501 contratos indefinidos menos. De 76.222 contratos asinados, 69.625 tiveron un carácter temporal.

En canto á cobertura por desemprego, de novo precariedade é a palabra para definila. Hai 87.868 persoas beneficiarias dunha prestación, o que supón unha taxa dun 58,5%, fronte ao 62,4% do resto do Estado.

Ademais, a cobertura por desemprego é maioritariamente asistencial, só 40.339 teñen prestacións contributivas, o 46%, e o resto son asistenciais.

As afiliacións á Seguridade Social tamén baixaron nun 0,38%, en 3.860 afiliados. Hai 1.023.590 afiliados. Pola contra, no resto do Estado si aumenta a afiliación, nun 1,36%.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 

GALICIA

Novembro 2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

165.659

1.352

0,82

-4.710

-2,8

* homes

70.031

1.044

1,51

-2.270

-3,1

* mulleres

95.628

308

0,32

-2.440

-2,5

* mozos e mozas < 25 anos

8.396

154

1,9

-281

-3,2

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.061

255

4,4

-327

-5,1

* industria

17.985

-174

-1,0

-884

-4,7

* construción

13.071

345

2,7

-1.032

-7,3

* servizos

114.524

950

0,8

-1.720

-1,5

* sen emprego anterior

14.018

-24

-0,2

-747

-5,1

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (outubro)

87.868

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro)

58,48

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (outubro)

76.439

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

76.222

-29.818

-28,1

-8.205

-9,7

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.597

-3.501

-34,7

-1.477

-18,3

* temporais

69.625

-26.317

-27,4

-6.728

-8,8

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.023.590

-3.860

-0,4

13.719

1,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 


 

Fuente: UGT-Galicia