UGT denuncia que en Galicia non se rexistraba un aumento do paro no mes de outubro tan elevado dende o 2008

Fecha: 06 Nov 2019

Os datos do desemprego relativos ao mes de outubro, feitos públicos hoxe, reflicten a nivel de todo o Estado un incremento do desemprego, marcado basicamente, polo fin da temporada estival, proba da debilidade da recuperación e da precariedade do mercado de traballo. Non obstante, en Galicia esta situación aínda agudízase máis, de feito, non se rexistraba un aumento do paro nun mes de outubro tan acusado dende o ano 2008 e, en termos interanuais, tamén se retarda a caída do desemprego, a máis baixa dende o 2014.

A afiliación tamén diminúe, un mes máis, ata situarse nas 1.027.450 persoas , o que supón 2.097 persoas afiliadas menos, unha baixada do 0,2%. Evolución contraria ao resto do Estado onde medra un 0,55%.

En relación a hai un ano, o número de cotizantes aumenta en 14.252 persoas, o 1,41%, variación interanual menos acusada que no resto do Estado onde se rexistra un incremento do 2,3%.

Así, as cifras de desemprego son en Galicia de 164.307 persoas, un incremento do 4,7% en relación a setembro, fronte ao aumento do 3,2% no resto do Estado.

Interanualmente, a contracción é en Galicia do 3,2%, 5.437 persoas desempregadas menos, do 2,37% no resto do Estado.

Por sexos, o paro sube en ambos casos, nun 6,8% no caso dos homes e un 3,1% no caso das mulleres. Aínda así, en termos absolutos a brecha está aí, 68.987 homes no desemprego, fronte a 95.320 mulleres. Do total do desemprego, o 58% é feminino.

O paro aumenta nun 14,22% no caso dos máis mozos, froito da temporalidade e estacionalidade. As contratacións de verán quedan en iso, en meras contratacións estacionais

Resulta alarmante que o paro increméntese nun 14,22 no caso dos menores de 25 anos. Aquí é onde mellor se debuxa a precariedade do mercado laboral. Son moitos os mozos e mozas que durante os meses de verán atopan un traballo pero que chegado o outono o perden, como consecuencia da temporalidade e estacionalidade que impera.

Por sectores, o paro aumenta no primario (16,61%); servizos (4,7%); industria (3,41%); colectivo sen emprego anterior (3,22%) ou na construción (2,94%). No ano dáse unha contracción en todos os sectores.

Segundo os datos de outubro de 2019, fixéronse en Galicia 106.040 contratos no mes pero tan só o 9,52% foron indefinidos e moitos deles, 5.105, por conversións de contratación temporal a indefinida (Plan estratéxico da Inspección de Traballo 2018-2020).

Precariedade no emprego, só o 9,52% foron contratos indefinidos, e no desemprego e coberturas maioritariamente asistenciais

A precariedade no desemprego tamén impera cunha taxa de cobertura de tan só o 57,1%, fronte ao 61,6% no resto do Estado. Ademais, a cobertura por desemprego é maioritariamente asistencial. 36.754 persoas perciben unha prestación contributiva, o 45%; o resto son asistenciais, 38.471 subsidios por desemprego, 6.623 de renda activa de inserción e 2 do Programa de Activación para o Emprego. Isto significa contías máis baixa e, polo tanto, moitas situacións próximas á pobreza ou exclusión social.

A afiliación foi en Galicia de 1.027.450 persoas, baixando nun 0,20% en relación ao mes anterior. Sen embargo, no Estado a afiliación aumenta nun 0,55%.

Para UGT-Galicia, o novo Goberno que saia das urnas o día 10 debe marcarse unha tarefa prioritaria, derrogar as reformas laborais que tanta precariedade, temporalidade e parcialidade están traendo. Poñer enriba da mesa medidas que persigan a temporalidade inxustificada, o tempo parcial ficticio, os falsos autónomos, as horas extras non pagadas e as desigualdades no traballo. Para elo, debe sentarse cos interlocutores sociais co fin de deseñar políticas de mercado de traballo que combatan a denunciada precariedade. É fundamental lograr un crecemento sostible e de futuro, sen esquecer o necesario cambio de modelo económico mediante un cambio de modelo produtivo, sustentado nunha política industrial activa.

Os orzamentos continuistas da Xunta en materia de emprego non poderán atender nin resolver os problemas estruturais desta Comunidade

O Goberno galego debería tomar nota dos datos que se rexistran en Galicia, peores que no resto do Estado, e non pode permitirse presentar un orzamento continuísta en materia de políticas activas de emprego. Hai que deseñar e reforzar as políticas activas dende o público, así como, a mellora da protección das persoas, tendo como obxectivo a creación de emprego de calidade e con dereitos.


 


 

 

Outubro

Variación mes

Variación interanual

2008

168.423

7,4

15,1

2009

208.923

4,2

24,0

2010

223.894

3,6

7,2

2011

242.142

4,0

8,2

2012

267.812

3,3

10,6

2013

268.225

2,9

0,2

2014

244.044

2,5

-9,0

2015

222.092

2,9

-9,0

2016

198.940

2,4

-10,4

2017

185.903

1,0

-6,6

2018

169.744

2,1

-8,7

2019

164.307

4,7

-3,2


 

 

Galicia

Estado

2019/OUTUBRO

 

164.307

3.177.659

Variación absoluta mes anterior

7.323

97.948

Variación relativa

4,66

3,18

Var. absoluta mesmo mes año anterior

-5.437

-77.044

Variación relativa

-3,20

-2,37


 

GALICIA

Outubro 2019

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

164.307

7.323

4,66

-5.437

-3,2

* homes

68.987

4.393

6,80

-2.027

-2,9

* mulleres

95.320

2.930

3,17

-3.410

-3,5

* mozos e mozas < 25 anos

8.242

1.026

14,2

-514

-5,9

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.806

827

16,6

-269

-4,4

* industria

18.159

598

3,4

-781

-4,1

* construción

12.726

363

2,9

-1.115

-8,1

* servizos

113.574

5.097

4,7

-2.318

-2,0

* sen emprego anterior

14.042

438

3,2

-954

-6,4

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (setembro)

81.850

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

57,09

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (setembro)

75.134

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

106.040

-695

-0,7

2.556

2,5

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

10.098

299

3,1

45

0,4

* temporais

95.942

-994

-1,0

2.511

2,7

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.027.450

-2.098

-0,2

14.252

1,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 


Fuente: UGT-Galicia