UGT e CCOO chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda este 8M e participar nas mobilizacións convocadas
As comisións executivas do S.N. de CCOO e UGT-Galicia fan un chamamento á cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda convocada para mañá, día 8 de Marzo, contra a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.
A pesar do crecemento económico, as brechas de xénero no emprego continúan ampliándose
Un ano máis, o 8 de Marzo conmemórase o Día internacional da muller traballadora pero este ano vaise converter nun punto de inflexión coa convocatoria dunha folga de dúas horas por quenda porque as razóns sobran. Urxe denunciar a precariedade laboral das mulleres, a brecha salarial e a violencia machista da que son vítimas.
O paro continúa cebándose coas mulleres e cos máis mozos
Os datos do paro rexistrado facilitados hoxe polo INE evidencian que, aínda que baixa timidamente o desemprego, este segue afectando máis ás mulleres que aos homes. Os mozos, os menores de 25 anos, tamén volven a ser diana do desemprego que baixa no conxunto de idades pero medra un 2,7% entre os mozos galegos.
UGT-Galicia mobilízase en favor da igualdade
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, UGT-Galicia chama a participar nos diversos actos e paros laborais que terán lugar durante estes días ata o 8 de marzo, baixo o lema "# VivasLibresUnidas", para loitar Pola Igualdade.
A fenda salarial entre homes e mulleres en Galicia é do 22 por cento e no caso das pensións achégase aos 40 puntos
As cifras están aí e debuxan unha realidade indiscutible, as mulleres galegas seguen a cobrar salarios moi por debaixo dos que perciben os homes. A desigualdade salarial persiste e non ten trazas de corrixirse. É esta unha das grandes lacras do mercado laboral para a que hai que articular xa medidas destinadas á súa solución. Neste senso, UGT ven de emprender a nivel de todo o Estado a campaña “Eu