Que é UGT

Que é a Unión Xeral de Traballadores? | Que defendemos? | Cantos delegados temos? | Que facemos? | Como? | Outras accións Unha breve síntese histórica da UGT de Galicia | A nosa Organización | O programa da UGT | UGT Galicia, hoxe | Máis de 100 anos de Historia de UGT en España |

Que é a Unión Xeral de Traballadores?

É unha confederación sindical constituída en 1888. Un dos sindicatos maioritarios, dentro dos máis representativos e, por elo, é un interlocutor social. 

A Unión Xeral de Trabajadores é unha organización progresista, comprometida, reivindicativa, democrática e independente con presencia en todos os sectores de actividade e en todo o territorio español.​​

 

Que defendemos?

Os sindicatos constituímos unha das engranaxes do sistema democrático. O seu papel e relevancia está recoñecido no Título Preliminar, artigo 7,  da Constitución Española de 1978, do mesmo xeito que o están os partidos políticos, no artigo 6, e outras institucións do Estado no mesmo título.

A Constitución encoméndanos os intereses xerais dos traballadores. A nosa lexitimidade procede das eleccións que celebramos con carácter periódico nas empresas. Isto outorga a nosa representatividade.

Defendemos os intereses do conxunto dos traballadores en calquera das súas condicións, traballen ou non, sexan fixos ou temporais. Defendemos aos traballadores con carácter integral e non a un colectivo concreto.

Cantos delegados temos?

O número o determinan as eleccións sindicais que se celebran nas empresas cada catro anos e que non se circunscriben a un determinado periodo de tempo.

Trátase dun proceso dinámico que se vai reproducindo paulatinamente nas empresas e que se renova cada catro anos. Celébranse procesos electorais que nos outorgan unha representación de preto do 30% dos traballadores.

Que facemos?

Defender os intereses dos traballadores.

Como?

  • Combinando a acción e a negociación e sempre á busca do  consenso, de acordos. Ese foi un obxectivo da acción sindical nos últimos trinta anos.
  • Na empresa. A través da negociación colectiva. O noso primer campo de acción son os centros de traballo. Neste eido concítanse dúas realidades: a forza e capacidade de resolver problemas, por un lado, e a capacidade de superar conflitos xunto cunha situación laboral precaria, por outro. Isto fai necesaria a presenza e a acción do sindicato na empresa.
  • Negociamos máis de 800 convenios.

    Benefícianse máis de 400.000 traballadores, estén ou non afiliados ao sindicato.

  • Desenvolvemos a nosa acción sindical a través da negociación colectiva.

Outras accións

UGT é membro fundador da Confederación Europea de Sindicatos (CES) e da Confederación Sindical Internacional (CSI), antigua CIOSL. Ademais, formamos parte dos Comités Executivos europeo e mundial de ambas confederacións sindicais.

Desenvolvemos labores de cooperación sindical en América Latina e África e apoiamos e traballamos pola formación de traballadores, formación sindical, investigación, etc.

Unha breve síntese histórica da UGT de Galicia

En 1888 Pablo Iglesias Posse, xunto con outros compañeiros socialistas, funda en Barcelona a Unión Xeral de Traballadores de España. Que dende ese momento encarna a vertente sindical socialista en España.

O sindicalismo uxetista espallouse por todo o territorio nacional. Galicia non quedou allea a esta maneira de facer sindicalismo para defender os intereses dos traballadores galegos. Este sindicalismo tropezou dende os seus comezos con varios obstáculos: a patronal (que tamén se organiza moi cedo en Galicia) e coa CNT que ata finais da II República rivalizou coa UGT, intentando impor unha maneira diferente de entender o sindicalismo: o anarco-sindicalismo.

Esta expansión viuse cortada de raíz polos tráxicos sucesos de 1936, que obrigaron a exiliarse a moitos dos seus representantes, moitos foron represaliados, encarcelados e asasinados. Tamén o seu patrimonio foi confiscado na súa totalidade polo novo réxime.

A pesares dos acontecementos, moitos uxetistas seguen traballando na clandestinidade durante o periodo franquistas, o que fai que, unha vez rematado, se comezaran a constituir moi axiña grupos organizados da UGT en Galicia.

Na nova andadura da UGT de Galicia xogaron un papel esencial moitos universitarios, emigrantes retornados de Alemaña, Francia e, por suposto, moitos dos uxetistas que xa estiveran traballando na clandestinidade en Galicia durante o franquismo.

Coa chegada da democracia a España xa estaban prácticamente constituidas unhas 34 Unións Locais da UGT de Galicia e, coa finalidade de acadar un mellor nivel de funcionamento, a organización decide constituírse a nivel nacional.

Así é como en plena Transición Democrática se celebra o Congreso Constituínte da actual UGT-Galicia, dando paso a unha nova estrutura: a territorial, baseada nas Unións Comarcais, e a sectorial, baseada nas Federacións de Industria.

Os días 13 e 14 de outubro de 1979, coa asistencia de Nicolás Redondo, celébrase en Santiago de Compostela o Congreso Constituínte. Nel elíxese como primeiro Secretario Xeral da UGT de Galicia a Javier Pedrido Fraiz.

UGT-Galicia foi a primeira Unión da Confederación en configurar unha estrutura comarcal composta xa en 1980 por 19 Unións.

A Unión Xeral de Traballadores de Galicia, integrada na Unión Xeral de Traballadores de España, declárase como unha organización autónoma e independente de calquer inxerencia externa, unha organización que se move única e exclusivamente pola vontade dos seus afiliados, tendo como norma máxima de funcionamento a democracia absoluta. Tamén é destacable a maiores da súa autonomía a súa capacidade xurídica, característica que a fai pioneira en Galicia. O 21 de xaneiro de 1980 aparece no Boletín Oficial do Estado o recoñecemento legal e xurídico da súa existencia.

A primeira sede social da UGT de Galicia estableceuse en Vigo, na rúa Travesía de Vigo, nº 4 dereita, posteriormente trasládase a Santiago de Compostela, á rúa Santiago de Chile, para ocupar máis tarde un local en propiedade na rúa Romero Donallo, nº 22 entrechán. Dende 1982 a UGT de Galicia ocupou a primeira planta da rúa Xeral Pardiñas, nº 26, local pertencente ao vello patrimonio sindical, e dende a metade de 2004 a sede de UGT-Galicia e das Federacións de Nacionalidade está na rúa Miguel Ferro Caaveiro, Nº 12, de Santiago de Compostela.

 

DATAS

LEMA

CELEBRADO:

13 e 14 de outubro de 1979Congreso ConstituínteSantiago
   
   
15, 16 e 17 de agosto de 1980"Un sindicato para todos"Ferrol
8, 9 e 10 de xullo de 1983"Dende o poder sindical á solidariedade"Vigo
Maio 1986"O sindicato para a nova sociedade"Lugo
1, 2 e 3 de xuño de 1990"UGT o sindicato"Culleredo (A Coruña)
15, 16 e 17 de xuño de 1994"Seguimos facendo o sindicato hoxe"Santiago
23, 24 e 25 de abril de 1998"Emprego e solidariedade"Santiago
11, 12 e 13 de abril de 2002"Traballo con dereitos"Santiago
30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2005"Traballo e progreso"Santiago
28,29 e 30 de maio de 2009"O traballo, o primeiro"Santiago
31 de maio e 1 de xuño de 2013"Unión.Traballo. Acción e solidariedade"Santiago
​6 e 7 de maio de 2016
 
​"A Unión en pé"​Santiago
17 de marzo de 2021"Construíndo en igualdade"Santiago

A nosa Organización

​A UGT organízase agrupando en Federacións de Industria aos traballadores asalariados, segundo os sectores económicos e produtivos aos que pertencen, e garantindo o principio de solidariedade entre estas a través das Unións Territoriais que agrupan aos afiliados de tódalas Federacións nun ámbito xeográfico determinado.

Actualmente, a UGT estrutúrase en torno as seguintes Federacións:

Federación de Industria, Construción e AgroFICA
Federación de Servizos, Mobilidade e  Consumo.FeSMC
Federación de UGT Servizos Públicos.Servizos Públicos
Unións Agrarias - Unión de Pequenos Agricultores.UU.AA.-UPA  
Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar-Unión de Profesionais e Traballadores AutónomosAGTAMAR-UPTA
Unión de Xubilados e PensionistasUXP

 

Territorialmente a UGT de Galicia divídise en 7 Unións Comarcais: UNIÓN DE A CORUÑA E CEE, UNIÓN DE FERROL, UNIÓN DE COMPOSTELA E BARBANZA, UNIÓN DE LUGO, LEMOS E COSTA LUCENSE, UNIÓN DE OURENSE, VALDEORRAS E VERIN, UNIÓN DE PONTEVEDRA, AROUSA E DEZA e UNIÓN DE VIGO. Cada Unión Comarcal ten á súa vez Delegacións Locais.

Polo tanto, cada afiliado pertence a unha Federación (en función da actividade da empresa onde traballa) e a unha Comarca (en función da ubicación xeográfica do seu centro de traballo). Os parados encádranse na Federación correspondente á última empresa na que traballaran ou en función do emprego que demanden se son demandantes de primeiro emprego.

A entidade de base na que se asenta a organización nos centros de traballo é a SECCIÓN SINDICAL que agrupa aos traballadores dunha Empresa ou Centro de Traballo, ou o Sindicato Comarcal que agrupa aos traballadores dun sector no ámbito da Comarca.

O programa da UGT

A Unión Xeral de Traballadores elabora as súas propostas programáticas inspirándose na súa traxectoria como Organización Sindical progresista e na defensa dun modelo de sociedade que ven a denominarse Estado do Benestar ou Modelo Social Europeo. Neste marco concrétanse reivindicacións como:

  • Defensa do Dereito a unha Sanidade Pública universal e gratuita para toda a poboación.
  • Defensa do Dereito ao Ensino Público de tódolos cidadáns en condicións de igualdade de oportunidades indistintamente dos recursos económicos de cada quen.
  • Defensa do Dereito a un Sistema Público de Pensións baseado na solidariedade interxeneracional, de xeito que tódalas persoas xubiladas ou incapacitadas para o traballo perciban unha pensión que lles permita unhas condicións de vida dignas.
  • Defensa do Dereito ao Traballo, propiciando medidas de reparto do emprego e do tempo de traballo. Desenvolvendo políticas de crecemento económico e un sistema fiscal proporcional aos recursos onde pague máis quen máis gaña. Loitando contra a precariedade laboral e contra a economía mergullada.
  • Defensa do Dereito á Saúde dos traballadores mediante a aplicación da lexislación en materia de Prevención de Riscos Laborais, afirmando o principio de non trocar saúde por cartos.
  • Defensa ao Dereito de Negociación Colectiva, dotando de Convenio Colectivo a tódolos traballadores, articulando a Negociación Colectiva dentro dun marco solidario frente a calquera intento de división ou parcelamento das condicións de traballo.
  • Defensa dos Dereitos Sociais no marco da Unión Europea, mediante a incorporación ao Tratado da Unión da Carta Social Europea, para a construción dunha Europa das persoas e non só das mercancías ou capitais.
  • Defensa dos Dereitos á Participación Democrática na xestión das empresas situando as relacións laborais como un elemento positivo de cara ao desenvolvemento da empresa como colectivo humán e produtivo.


En xeral, defensa do dereito de tódolos traballadores e traballadoras a unhas condicións de vida dignas, ao acceso á cultura, e á realización integral como persoas. Estes son os principios básicos nos que se inspiran as políticas e alternativas que defende o sindicato en cada sector e cada empresa.

UGT Galicia, hoxe

A Unión Xeral de Traballadores é un Sindicato de clase que nace como unha organización de orientación socialista, que na actualidade agrupa a traballadores e traballadoras de tódolos sectores produtivos, de tódolos niveis profesionais e de ideoloxías diversas mantendo como principios e valores fundamentais os que inspiraron o movemento obreiro: o benestar social, a redistribución da riqueza, a mellora das condicións de vida dos traballadores e traballadoras a solidariedade e a xustiza.
A Unión Xeral de Traballadores de Galicia é unha organización autónoma, independente dos partidos políticos, dos gobernos, as confesións relixiosas, das administracións e dos empregadores, rexéndose única e exclusivamente  pola  vontade  da súa afiliación. A democracia interna é a regra absoluta do seu funcionamento. En virtude das variadas tendencias ideolóxicas e doutrinais sustentadas pola súa afiliación, que en ningún caso poidan dar lugar á formación de tendencias organizadas, e co fin de manter a unidade orgánica, material e moral entre clase traballadora, necesaria para conseguir os fins enunciados.

Somos unha organización progresista, comprometida, reivindicativa, democrática e independente con presenza en todos os sectores de actividade e en todo o territorio galego. A nosa lexitimidade procede das eleccións sindicais que celebramos con carácter periódico nas empresas. Isto outorga a nosa representatividade.

A  UGT  Galicia  ten  máis  de  54.000  afiliados  e  afiliadas  e  un  total  de  4.496  delegados  e  delegadas  a  peche de 31 de decembro de 2015. 

Este  número  de  delegados  e  delegadas  determínano  as  eleccións sindicais  que  se  celebran  nas  empresas cada catro anos e que non se circunscriben a un determinado período de tempo.

Trátase dun proceso dinámico que se vai reproducindo paulatinamente nas empresas e que se renova cada catro anos.

Os  procesos  electorais  nos  últimos  catro nos  outorgan  unha representación de preto do 30% dos delegados e delegadas elixidos e elixidas. 

O noso obxectivo na acción sindical é defender os intereses das persoas traballadoras combinando a presión e a negociación e sempre na procura do consenso, de acordos.

O  noso  primeiro  campo  de  acción  son  os  centros  de  traballo.  Neste  ámbito  se  concitan  dúas realidades:  a  forza  e  capacidade  de  resolver  problemas,  por  unha  banda,  e  a capacidade  de  superar  conflitos  xunto  cunha  situación  laboral  precaria,  por  outra.  Isto fai  necesaria  a  presenza  e  acción  do sindicato na empresa.

Negociamos  máis  de  800  convenios,  que  benefician  a  preto  de  430.000  traballadores  e  traballadoras  en Galicia, estean ou non afiliados ao sindicato.

Promovemos e asesoramos para a adopción de Plans de Igualdade, para adoptar medidas concretas a favor da igualdade de homes e mulleres nas empresas, situando no marco da negociación colectiva a adopción de medidas concretas que fomenten a igualdade efectiva.

Reforzamos a nosa interlocución sindical a través da participación institucional tendo presenza en máis de 100 entidades públicas nas que tratamos de incidir na definición e avaliación das políticas públicas. Neste senso, as nosas esixencias son continuas en materia de emprego, desenvolvemento económico, infraestruturas,  retribucións  e  condicións  de  traballo,  formación  profesional  e  seguridade  e  saúde  laboral.

Co obxectivo de mellorar as condicións laborais e a empregabilidade para a promoción profesional dos traballadores  e  traballadoras  realizamos  129  accións  formativas  nas  que  participaron 2.147 alumnos. 

A través das nosas Oficinas Técnicas de Prevención de Riscos Laborais atendemos aos delegados e delegadas de prevención e membros dos Comités de Seguridade e Saúde nas empresas, dándolles a información,  asesoramento  e  facilitándolles  a  formación  que  precisan.  Ademais  de  orientalos  para  a  aplicación  dos  programas  e  plans  de  prevención,  así  como,  para  o  control  da  eficacia  preventiva  na  empresa. Neste senso, fixéronse máis de 487 actuacións. Igualmente,  o  noso  Gabinete  Económico  asesora  aos  nosos  delegados,  delegadas  e  membros  dos  Comités  de  Empresa  nos  casos  de  reestruturacións.  Realizáronse  no  2015  máis  de  270  actuacións directas  en  empresas,  elaborando  informes  e  intervindo  nos  procesos  de  negociación  nos  caos  de  regulación de emprego, inaplicacións salariais, modificación substancial de condicións de traballo, etc. 

Dentro  da  problemática  á  que  temos  que  facerlle  fronte,  tremendamente  complexa  e  cambiante,  e  moito  máis  desfavorable  para  os  dereitos  das  persoas  traballadoras,  fixo  que  no  ano  2015 os  nosos  Servizos   Xurídicos   abriran   1.875   expedientes   novos   e   teñan   en   tramitación   e   abertos   3.503  expedientes de defensa legal de traballadores e traballadoras. Ademáis atendéronse mais de 3.000 consultas que non deron lugar a apertura de expediente.

A presentación de alternativas positivas define igualmente á UGT. Porque un Sindicato non pode quedarse só na denuncia das inxusticias. Un amplo equipo humano en permanente contacto coa realidade é a mellor garantía de que a UGT ten capacidade para acadar a solución axeitada en cada proceso reivindicativo.

Na súa defensa do progreso e do benestar social, a UGT emprega como arma preferente a negociación mais, cando se esgota a vía do diálogo, opta pola denuncia pública e a mobilización dos traballadores e da sociedade como mecanismos de loita.

Ademais da defensa dos intereses dos traballadores mediante a acción sindical, a UGT presta servicios aos afiliados, traballadores, parados e xubilados. O principal servicio do sindicato é o asesoramento xurídico laboral. Este servicio ten caracter gratuíto para os afiliados con máis de dous anos de antigüedade de afiliación.

A formación e actualización de coñecementos profesionais dos traballadores activos e parados é para a UGT unha prioridade polo que o sindicato está dotado de mecanismos para a realización de cursos en multitude de especialidades e localidades. Ademais o sindicato presta multitude de servicios que supoñen abaratamento de costes para os afiliados nunha ampla gama de establecementos e productos de todo tipo.

Máis de 100 anos de Historia de UGT en España

A UGT fundouse en 1.888 polo ferrolán Pablo Iglesias, quen nove anos antes fundara o Partido Socialista. A contribución da UGT xa nos primeiros tempos da súa andadura reflíctese na implantación da xornada laboral de oito horas, o salario mínimo e o recoñecemento de dereitos básicos dos traballadores.

Logo de ter xogado un papel fundamental na crise de 1917, que rematou en folga xeral, a UGT foi moi activa durante a II República, tempo no que chegou a contabilizar un millón de militantes. Tal fortaleza permitiulle destacarse non só na loita sindical, senón tamén en actividades polo progreso xeral, como as campañas de alfabetización. Figuraron daquela na dirección do Sindicato homes da talla de Julián Besteiro ou Francisco Largo Caballero, quen como Ministro de Traballo sacou adiante unha novedosa lexislación laboral que se anticipaba sen dúbida aos seus tempos.

Milleiros de militantes fixeron fronte ao levantamento militar do 36 organizados en milicias armadas. Tamén foron uxetistas os que na zona republicana fixeron posible o funcionamento dos servicios básicos da sociedade, soportando a represión posterior, que en Galicia levou á maior parte dos dirixentes uxetistas a ser fusilados. No 39 a Guerra Civil acabou coa II República e deu paso a corenta anos de franquismo. Durante a Ditadura, o activismo clandestino dos uxetistas mantívose malia os atrancos. A UGT seguiu organizada, tanto no exilio como no interior loitando polas reivindicacións dos traballadores e polas libertades, o que motivou condenas de cárcere, exilios, multas e represalias a moitos militantes.

No proceso de normalización democrática, a UGT marcou un fito histórico ao ser a primeira Organización Sindical ou Política que conqueriu celebrar un Congreso en España logo da Guerra Civil. O acontecemento do XXX Congreso Confederal tivo lugar en Madrid en abril de 1976. Dende entón, o Sindicato mantense ao fronte do movemento obreiro en España e en Galicia.

Dende a súa fundación a UGT estivo asociada ao resto de Sindicatos europeos, hoxe en día pertence á CES, Confederación Europea de Sindicatos e á CSI, Confederación Sindical Mundial.