UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, aínda que alerta sobre a precariedade e temporalidade do emprego que se crea
Segue habendo 189.665 persoas no desemprego en Galicia
UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, ainda que amosa a súa fonda preocupación pola precariedade e a temporalidade do emprego que se está a crear. Así, só o 6,96 por cento dos contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos. A isto temos que engadirlle a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego.
UGT-Galicia insta á Xunta a que aproveite os Orzamentos de 2018 para garantir un compromiso real co emprego, a economía e os servizos públicos
Mentres a recuperación é unha quimera para os traballadores, as contas públicas tanto do Goberno central como do galego danlle as costas ás familias
FeSP-UGT propón un calendario escolar máis equilibrado coas vacacións de primavera nos primeiros días de abril.
O sector de Ensino da FeSP-UGT de Galicia presentará mañá na Mesa Sectorial Docente unha proposta de calendario escolar máis equilibrado coas vacacións de Primavera nos 10 primeiros días de abril. O sindicato reiterará a necesidade de crear comisións provinciais para tratar sobre as materias afíns, e demandará un concursiño para facilitar a mobilidade voluntaria do persoal docente.
Manifesto sobre o Día das Letras Galegas 2017
O dicionario da Real Academia Galega define idioma como a «lingua natural propia dunha comunidade humana, especialmente a lingua moderna dunha nación». Ante un novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, as Comisións Executivas da Unión Xeral de Traballadores de Galicia e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia poñemos en primeiro plano esta definición para subliñarmos a importancia capital da lingua galega para a propia comprensión e concepción do noso país.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a improcedencia do despido dun Traballador de TRAGSA, defendido por UGT
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a improcedencia do despido dun Traballador de TRAGSA, defendido polos Servizos Xurídicos de UGT Galicia, porque a empresa contratou a outros traballadores, antes, durante e despois de ser despedido por causa obxectivas.
Miles de persoas mobilízanse en Galicia para que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro
Miles de persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronsehoxe na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense,Pontevedra, Vilagarcía e Vigo. Esta última cidade acolleu o actocentral, coa presenza dos secretarios xerais de ambos os sindicatos,para demandar que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro.