UGT Galicia nega que haxa un diálogo social real coa CEG en materia de igualdade

​En relación coas declaracións feitas públicas hoxe pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT-Galicia precisa que, a pesar de haber diferentes reunións no Consello Galego de Relacións Laborais con participación de UGT, CCOO e CIG e a CEG para traballar nun acordo marco interprofesional de ámbito autonómico sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, este non foi posible ante a cerrazón dos empresarios, ao supeditar sempre a posta en marcha de accións positivas para a

Leer mas…

O Consello Galego de Relacións Laborais aproba un documento de “Recomendacións para a negociación colectiva do 2018”

​O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais,aprobou por unanimidade as recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018. O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral. Está conformado por conselleiros de UGT, CCOO, CIG e a Confederación de Empresarios.

Leer mas…

A estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego

Os datos de paro rexistrado en Galicia reflicten que na nosa Comunidade non se está a crear emprego ao mesmo ritmo que no resto de España. A estacionalidade e a baixa calidade e duración destas contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego.

Leer mas…

UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, aínda que alerta sobre a precariedade e temporalidade do emprego que se crea

Segue habendo 189.665 persoas no desemprego en Galicia​


UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, ainda que amosa a súa fonda preocupación pola precariedade e a temporalidade do emprego que se está a crear. Así, só o 6,96 por cento dos contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos. A isto temos que engadirlle a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego.

Leer mas…

Páginas