UGT-Galicia reúnese coa Plataforma de Galicia en Apoio ao Programa do Goberno Progresista de España

Fecha: 02 Jul 2020

Santiago, 6 de xullo de 2020.- No día de hoxe, o secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez reuniuse coa Plataforma Galega en Apoio ao Programa do Goberno Progresista. A devandita plataforma está constituida arredor dun grupo de persoas vinculadas ao movemento sindical e de todas as vertentes da esquerda. Trátase dun colectivo que apoia os contidos subscritos ppolo Goberno de progreso español e que pretende "espertar" á sociedade civil no que entende que son tempos de "esperanza e de ilusión".

O colectivo espera que a formación dun goberno "abra unha nova etapa" que permita "avanzar con medidas de xustiza social" enfocadas ao traballo, a mellora do sistema educativo, o progreso nos dereitos da muller, e a actualización do Estado das Autonomías, sempre defendendo a igualdade e a solidariedade territorial.

A plataforma defende o impulso de "todas as posible formas de participación da cidadanía" en apoio desta proposta "progresista", especialmente diante dos intentos de "as diversas dereitas" de "dificultar, de impedir se puidesen", a aplicación do programa do Goberno de España.

Por este modo, e coa intención de "construír e apoiar", esta plataforma, que xurdiu en Cataluña como oposición ao "independentismo insolidario", busca mobilizar á poboación para dar forza aos obxectivos anunciados. Iso si, iso supón "esixencia ao Goberno e aos partidos que o apoian de cumprimento dos seus compromisos, de traballar para conseguilo desde as institucións".

José Antonio Gómez deu traslado da coincidencia da nosa Organización nos plantexamentos desta Plataforma.

Fuente: UGT-Galicia