Mensaxe de ánimo e apoio aos traballadores/as, afiliados/afiliadas e delegados/as

Fecha: 23 Mar 2020

Pepe Álvarez diríxese, por carta, aos  afiliados e afiliadas e delegados e delegadas de UGT para expresar asolidariedade e o apoio do sindicatoá súa labor e ofrecer todo o operativo da organización, para resolver os problemas dos traballadores e traballadoras e as súas dúbidas pola crise do Coronavirus


A Comisión Executiva Confederal de UGT, a través do seu Secretario Xeral, Pepe Álvarez, expresa o apoio incondicional do sindicato na defensa dos intereses e dereitos dos traballadores e traballadoras. “A emerxencia sanitaria provocada pola extensión do COVID-19 en todo o mundo provocou unha situación que non ten precedentes e xera multitude de inseguridades de saúde, e tamén, económicas e laborais, por iso o sindicato está traballando a pleno rendemento para atender as vosas necesidades”.

Neste senso, infórmase que as sedes do sindicato permanecen operativas e púxose a disposición das persoas traballadoras varios mecanismos para solucionar as súas dúbidas, contestar preguntas e explicar todas aquelas cuestións relacionadas coa declaración do Estado de Alarma.

Nas webs de  UGT dáse información sobre oCoronavirus, onde se poden encontrar os Reais Decretos aprobados polo Goberno, documentos de propostas para abordar esta situación e respostas a preguntas frecuentes ou protocolos de actuación.

Ademais, púxose en marcha un número de whatsapp e telegram para atender dúbidas e problemas laborais, aparte das canles habituais e as redes sociais, como Facebook, Twitter, etc.

Trátase de dar respostas, ao momento, ás situacións que se vaian derivando desta crise, especialmente no ámbito laboral.

Moitas das propostas de UGT xa foron recollidas nas medidas que aprobou o Goberno, pero o sindicato é consciente de que hai que seguir traballando por protexer realmente a todas as persoas, especialmente aos colectivos máis vulnerables. Por iso, UGT seguirá demandando medidas para cubrir os valerios de cobertura e protección que poidan ter as persoas.

Recoñecemento á inestimable labor dos delegados e delegadas de UGT

UGT conta cun exército de máis de 87.000 delegados e delegadas sindicais que defenden día a día os dereitos dos traballadores e traballadoras deste país. “Sodes a vangarda do noso sindicato nas empresas, permanecedes vixiantes na defensa dos intereses da clase traballadora. Unha labor na que non estades sós”.

Na carta a dirección sindical pide actuar de forma coordinada para loitar contra este virus  e as súas consecuencias e reclama aos delegados e delegadas que continúen “sendo a punta de lanza da nosa organización para informar a todos os cidadáns que así o requiran, para defender as súas reivindicacións e atender as súas necesidades”.

Ao mesmo tempoo recoñécese o “apoio incondicional e solidario de moitos de vós que estades redobrando esforzos en sectores vitais nestes momentos, como o sanitario. Hai que recordar que vos puxéchedes a disposición inmediata do Servizo Nacional de Saúde. O nos aplauso unánime a todos e a todas por esa tarefa”.

 

CARTA AOS AFILIADOS E AFILIADAS

CARTA AOS DELEGADOS E DELEGADAS

Fuente: UGT-Galicia