O Congreso de UGT-A Coruña e Cee elixe a Ángel Iglesias como novo secretario xeral

Fecha: 06 Nov 2020

Congreso Coruna

Emotiva despedida e homenaxe a Pepe Carrillo que deixa a secretaría xeral da Comarca despois de 29 anos.

O 13 Congreso da Unión Comarcal de UGT de A Coruña e Cee celebrado hoxe, elixiu a nova executiva que encabeza Ángel Iglesias Fernández, traballador bancario, que substitúe a Pepe Carrillo, persoeiro histórico do sindicalismo coruñés que desde 1991 encabezou a a UGT-A Coruña e Cee.

Nun emotivo Congreso no que todos os intervintes, destacando aos secretarios xerais de UGT e UGT-Galicia, Pepe Álvarez e José Antonio Gómez, suliñaron a figura de Pepe Carrillo, elixiuse á nova Comisión Executiva Comarcal, que queda composta por:

Ángel Iglesias Fernández                        Secretario xeral

José Rámon Gómez Mosquera               Secretario de Organización

Iria López Mosquera                                 Secretaria de Política Sindical

Mónica Sánchez Vilares                           Secretaria de Administración

Montserrat Fernandez Moral                    Secretaria de Igualdade e Movementos Sociais

Gerardo Méndez Sindin                            Secretario de Saúde Laboral e Formación

Iria Moldes Cordido                                   Secretaria de Comunicación e Xuventude

No  acto de clausura, o  Secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, reclamou que o Congreso “acelere o proceso de debate dos Orzamentos Xerais do Estado ( PGE), uns orzamentos que conteñen elementos moi positivos pero que son insuficientes para facer fronte ás necesidades que ten a poboación”.

Tamen, durante a súa intervención, o Secretario xeral de UGT afirmou que “a pandemia que pasamos puxo de manifesto ata que punto é o sindicalismo imprescindible para os traballadores e traballadoras. Priorizamos acordos e solucións para atender o desastre económico que supoñía a pandemia no noso país. Non imos renunciar a que no noso país a lexislación laboral cambie. O Goberno sabe que a derrogación da reforma laboral é unha prioridade que queremos acordar. É unha necesidade para os traballadores e as traballadoras. Ninguén nos dixo aínda cal é a parte desta reforma que beneficia ao sistema produtivo español”.

Intervención de Pepe Álvarez na clausura do 13 Congreso Comarcal de UGT-A Coruña e Cee

Fuente: UGT-Galicia