O inxusto modelo de crecemento que impera conduce a que os asalariados galegos perdan nunha década 256,22 millóns de euros como consecuencia dun mercado laboral con emprego de baixa calidade

UGT-Galicia ven reiterando estes últimos anos que, a pesar do crecemento económico que se rexistra na Comunidade, en termos de PIB leva cinco anos crecendo, a poboación traballadora non está a participar nesta mellora e continúa no furgón de cola da recuperación dun mercado laboral precario, con baixos salarios, inestable e cun absurdo fluxo de entradas e saídas do emprego, con cifras estratosféricas de altas na Seguridade Social que logo non se consolidan.

Leer mas…

As afiliadas e afiliados, os cadros e as delegadas e delegados de UGT valoran en urna o IV AENC

As afiliadas e afiliados, cadros e delegadas e delegados de UGT en Galicia votaron en urna, durante os días 2 e 3, os contidos do preacordo alcanzado entre UGT, CCOO, CEOE e CEPYME para dirixir a negociación dos convenios colectivos durante o próximos tres anos.

A consulta está a desenvolverse en dúas fases: unha fase de votación online que comezou ás 14:00 horas do martes 26 de xuño; a segunda fase, de votación presencial, que se iniciou o día 2 para rematar hoxe, día 3.

Leer mas…

UGT organiza nas súas comarcas asembleas para analizar as negociacións dun novo AENC

​UGT-Galicia organizou ao longo desta semana en varias comarcas asembleas informativas nas que o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coas respectivas secretarias xerais ou secretarios xerais das comarcas, informaron aos delegados de cada un dos territorios sobre como avanzan o sobre o contido das negociacións dun novo AENC.

Leer mas…

A remuneración dos asalariados en Galicia en mínimos históricos, representa o 42,7%, fronte ao 47,3% das rendas empresariais

Os datos publicados hoxe referidos á contabilidade trimestral poñen de manifesto, como dende UGT-Galicia xa se denunciou en reiteradas ocasións, que o crecemento económico non se está a trasladar aos salarios. É dicir, o conxunto das familias deste país non están a participar da recuperación.

Leer mas…

Concentracións hoxe diante das sedes patronais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo para demandar que os convenios recuperen xa dereitos e repartan beneficios

​Ante a actitude da patronal na negociación do novo Acordo para o Emprego e  a Negociación Colectiva, mantendo posturas extremas que evidencian a súa falta de vontade para chegar a un acordo que traslade aos convenios colectivos a recuperación e o crecemento que xa están ater as empresas, UGT convocou hoxe, día 22,  unha xornada de loita pola negociación colectiva .

Leer mas…

UGT chama á cidadanía galega a participar neste Primeiro de Maio porque está en xogo o modelo laboral e social do futuro

O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, ofreceu hoxe en Santiago, xunto co seu homólogo do S.N. de CCOO de Galicia unha rolda de prensa na que presentou o Primeiro de Maio en Galicia que se vai desenvolver con manifestacións en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo,Viveiro, Ourense, Pontevedra, Arousa e Vigo, onde será o acto central.

Leer mas…

O Consello Galego de Relacións Laborais aproba un documento de “Recomendacións para a negociación colectiva do 2018”

​O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais,aprobou por unanimidade as recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018. O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral. Está conformado por conselleiros de UGT, CCOO, CIG e a Confederación de Empresarios.

Leer mas…

Páginas