O inxusto modelo de crecemento que impera conduce a que os asalariados galegos perdan nunha década 256,22 millóns de euros como consecuencia dun mercado laboral con emprego de baixa calidade

UGT-Galicia ven reiterando estes últimos anos que, a pesar do crecemento económico que se rexistra na Comunidade, en termos de PIB leva cinco anos crecendo, a poboación traballadora non está a participar nesta mellora e continúa no furgón de cola da recuperación dun mercado laboral precario, con baixos salarios, inestable e cun absurdo fluxo de entradas e saídas do emprego, con cifras estratosféricas de altas na Seguridade Social que logo non se consolidan.

Todo isto consolida un inxusto modelo de crecemento do que non está a participar unha alta porcentaxe da poboación. Aí están as estatísticas do IGE que indican que a poboación asalariada galega perdeu 256,22 millóns de euros nunha década (dende o 2008 ata o 2018), mentres o empresariado gañou 4.348 millóns de euros, neste mesmo período.

No 2008 os asalariados en Galicia percibían o 46,9% da renda no reparto da riqueza ca desagregación do PIB e o empresariado o 45%, dez anos despois, a poboación asalariada percibe o 42,4% e o empresariado o 47,9%

Unha aproximación ao reparto da riqueza ca desagregación do PIB en termos de renda reflicte que se no 2008 o conxunto da poboación asalariada en Galicia percibía o 46,9% da renda e o empresariado o 45%, dez anos despois, as forzas danse a volta, a poboación asalariada pasa a percibir o 42,4%, fronte ao 47,9% do empresariado.

Resulta evidente quenes foron e seguen a ser os pagáns dunha crise que non xeraron, os traballadores e as súas familias. O reparto do PIB empeorou para os salarios e, pola contra, a ganancia do excedente e das rendas mixtas en relación ao PIB foi considerable. Dáse un claro reparto desigual do que saen gañando as rendas empresariais.

Sería razoable pensar que coa crise reduciríanse tanto o monto total de salarios como o de beneficios, pero non foi así.

Como xa se comentou en parágrafos precedentes, as persoas asalariadas perderon en Galicia entre 2008 e 2018 un total de 256,22 millóns de euros, unha diminución en termos relativos do 0,9%, e os excedentes empresariais aumentaron en 4.347,99 millóns de euros, un 16,6% en termos relativos.

Un modelo de crecemento inxusto que incrementa as desigualdades

Resulta evidente que o modelo de crecemento está a ser inxusto e está a incrementar as desigualdades.

Para UGT-Galicia, unha das principais causas desta realidade é un mercado laboral de baixa calidade e moi precario, sen estabilidade e que, polo tanto, non permite consolidar uns ingresos dignos.

Todo isto agravado polas reformas laborais impostas, sobre todo a de 2012, que o Sindicato urxe que se derrogue xa se se quere retomar a senda do crecemento para todos.

Para conseguir un novo afiliado á Seguridade Social son necesarios 183 movementos

A precariedade, baixa calidade do emprego e inestabilidade demóstranse dun xeito moi gráfico co absurdo fluxo de entrada e saída de emprego que sofren as persoas asalariadas en Galicia. Para conseguir un novo afiliado á Seguridade Social, tendo en conta unha poboación en idade laboral que en dez anos caeu en 34.600 persoas, son necesarios 183 movementos na Seguridade Social.

Entre 2014 e 2018 a Seguridade Social rexistrou en Galicia 7.341.234 altas nos diferentes réximes do sistema. Esta cifra, elevadísima e esaxerada podería demostrar que nesta Comunidade non existen problemas para atopar un emprego, se non fose porque neste mesmo período de tempo rexistráronse 7.252.811 baixas.

É dicir, neste período producíronse 14.594.045 movementos na Seguridade Social. Son necesarios 183 movementos para consolidar un afiliado. Isto, que parece totalmente incrible e absurdo, demostra a irracionalidade do modelo de relacións laborais que impera en Galicia e que conduce a un sistema totalmente inxusto, precario e inestable onde os traballadores e as traballadoras perden progresivamente peso no reparto do PIB e, polo tanto, perden protagonismo do crecemento económico e da suposta mellora do país.

NOTA: O VOCEIRO É JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 638033482.


 

Contas económicas trimestrais. Base 2010. Oferta, demanda e rendas

Prezos correntes

Datos corrixidos de estacionalidade e calendario

 

Niveis

 

 

 

 

 

PIBpm

Remuneración dos asalariados (RA)

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

Remuneración dos asalariados (RA)

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

2008

58.379.305

27.388.378

26.263.446

46,9

45

2009

56.835.028

27.291.200

24.912.910

48

43,8

2010

57.052.549

26.746.828

25.142.899

46,9

44,1

2011

56.301.056

26.284.449

24.945.852

46,7

44,3

2012

54.401.310

24.711.325

24.491.088

45,4

45

2013

54.667.117

24.425.401

24.901.283

44,7

45,6

2014

55.142.090

24.271.073

25.411.397

44

46,1

2015

56.892.115

24.811.500

26.343.822

43,6

46,3

2016

58.994.431

25.282.270

27.924.314

42,9

47,3

2017

61.626.994

26.057.828

29.636.200

42,3

48,1

2018

63.935.743

27.132.159

30.611.441

42,4

47,9

 

5.556.438

(256.219)

4.347.995

-4,5

2,9

 

9,517821427

-0,93550264

16,55531037

 

 

IGE. Contas económicas trimestrais

Os datos do ano 2016 son provisionais.

Os datos dos anos 2017 e 2018 son avance

 

 


 


 

TAXA DE VARIACIÓN INTERANUAL DO PIB EN GALICIA

2013/IV

1

 

2014

1,1

 

2014/I

1

 

2014/II

0,7

 

2014/III

1,3

 

2014/IV

1,4

 

2015

2,9

 

2015/I

2

 

2015/II

3

 

2015/III

3

 

2015/IV

3,6

 

2016

3,4

 

2016/I

3,5

 

2016/II

3,3

 

2016/III

3,6

 

2016/IV

3,1

 

2017

3,2

 

2017/I

3,2

 

2017/II

3,2

 

2017/III

3,2

 

2017/IV

3,1

 

2018

2,8

 

2018/I

3,1

 

2018/II

2,9

 

2018/III

2,5

 

2018/IV

2,6

 

2019/I

2,3

 

 


 

ALTAS E BAIXAS NA SEGURIDADE SOCIAL

 

Fuente: UGT-Galicia