FeSP-UGT esíxelles ao Ministerio de Sanidade e á Consellería de Sanidade que adopten as medidas necesarias para evitar que se produzan recortes de persoal nos hospitais privados en Galicia
FeSP-UGT esíxelles ao Ministerio de Sanidade e á Consellería de Sanidade que adopten as medidas necesarias para evitar que se produzan recortes de persoal nos hospitais privados en Galicia
UGT vén de editar un documento sobre as preguntas e respostas sobre o Covid-19 nas relacións laborais, elaborouse para dar contestación áxil a algunhas das cuestións máis importantes que poden xurdir entre os traballadores e traballadoras.
DOCUMENTO SOBRE PREGUNTAS E RESPOSTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE O CORONAVIRUS
Os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES, que sinalan que preto dun millón de especies entre animais e plantas atópanse ao bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas, e do informe do IPCC sobre o incremento da temperatura media global en 1,5 º C, alertan da deterioración dun gran número de ecosistemas, tanto terrestres como mariños, así como do punto de non retorno fronte ao cambio climático.
Unha análise dos datos de sinistralidade laboral en Galicia dos seis primeiros meses do ano, último dato facilitado polo Ministerio de Traballo, amosa un panorama preocupante ante o cal urxe tomar medidas porque a sinistralidade non pode converterse nunha característica inherente ao mercado laboral desta comunidade.
Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todas as persoas traballadoras vítimas dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia. No 2019, o 28 de abril UGT o celebra baixo o lema “Traballos tóxicos. 28A: Toma o control.
Un ano máis, este 28 de abril, Día internacional da saúde e seguridade no traballo, UGT-Galicia ten que denunciar a incesante lacra que supoñen os accidentes laborais e as deficiencias que se continúan observando no eido da prevención e do coidado da saúde no traballo.
Unha análise dos datos de sinistralidade laboral en Galicia amosa un panorama preocupante ante o cal urxe tomar medidas porque a sinistralidade non pode converterse nunha característica inherente ao mercado laboral desta comunidade.
Os datos referidos á sinistralidade rexistrada en Galicia nos seis primeiros meses do ano reflicten que esta non cesa e, ademais, os accidentes de carácter mortal sitúan a esta comunidade á cabeza do Estado no relativo aos índices de incidencia, é dicir, cando se relaciona o número de accidentes coa poboación asalariada. É evidente que, á vista dos datos, aínda