O bo dato do paro do mes de xuño vése empañado coa precariedade, os altos niveis de rotación na contratación e unha taxa de cobertura en mínimos históricos
Aínda que melloran certos indicadores do mercado laboral pola estacionalidade, non se crea emprego estable e de calidade
UGT-Galicia valora positivamente os datos do paro de mes de xuño, cun descenso do 6 por cento en Galicia, o 3,2 por cento a nivel do Estado, pero lamenta que esta mellora coxuntural non se vexa reflexada na mellora da calidade dos contrato e, sobre todo, da taxa de cobertura do desemprego.
Máis do 30 por cento das pensións galegas deben complementarse para alcanzar a mínima
Os datos referidos ás contías das pensións, facilitados polo Instituto Nacional da Seguridade Social, son o fiel reflexo da realidade do mercado laboral galego, marcado pola precariedade, baixos salarios, inestabilidade, unha alta porcentaxe de contratación a tempo parcial involuntaria e un tecido produtivo débil. Todos estes factores conducen, no
Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas
As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e
Un ano máis, UGT-Galicia denuncia que as mulleres non traballan en igualdade de condicións cos homes, non cobran o mesmo nin hai un reparto equilibrado na atención ás responsabilidades familiares
Co gallo da celebración o vindeiro 8 do Día internacional damuller traballadora, a secretaria de Igualdade, Xuventude eMovementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, ven de ofreceren Santiago unha rolda de prensa coa que se pretende arroxar luzsobre a situación da muller en Galicia no eido laboral.
As galegas cobran un 23,4 por cento menos que os homes, máis de 5.000 euros menos ao ano
No encontro cos medios de comunicación Mónica Rodríguez fixo unhaanálise minuciosa de varias estatísticas que inciden nesta lacra domercado laboral que, ano tras ano, se ven denunciando dendeUGT-Galicia pero que continúa e, nalgúns eidos, agudízase.
Centos de persoas din “Non á violencia de xénero” nas concentracións convocadas por UGT e CCOO en varias cidades e vilas galegas
Centos de persoas, convocadas por UGT e CCOO, dixeron hoxe “Non á violencia de xénero” nas concentracións que tiveron lugar ás 12.00 horas en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para conmemorar a data do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e amosar a solidariedade coas vítimas.
UGT-Galicia chama á participación nas concentracións convocadas para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
UGT-Galicia fai un chamamento á cidadanía a participar nas concentracións convocadas en varias cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para conmemorar a data do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, e como mostra de solidariedade coas vítimas.