Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

Unha delegación de UGT, encabezada polo Secretario Xeral, Pepe Álvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, participou no día de hoxe na multitudinaria manifestación contra a persecución sindical e en solidariedade con Rogelia Mariña e os traballadores despedidos en Sargadelos (Lugo). Unha manifestación “para mostrar o noso apoio total a Rogelia, a todos os compañeirose compañeiras que defenden a UGT e a todos os traballadores e traballadoras que ven menoscabados os seus dereitos laborais e sindicais”.

Leer mas…

UGT convoca mañá unha manifestación en Cervo para denunciar a persecución sindical en Sargadelos e en solidariedade con Rogelia Mariña e cos traballadores despedidos

UGT convoca unha manifestación mañá en Sargadelos como símbolo de repulsa pola situación de persecución sindical que se vive en Sargadelos, en solidariedade coa delegada de UGT Rogelia Mariña e cos traballadores despedidos. A manifestación sairá ás 13.30 horas de Cervo (Lugo) ata chegar a Sargadelos onde está prevista unha concentración ás portas da fábrica.

Leer mas…

A debilidade do sistema reflíctese con emprego temporal, estacional e precario

Os datos do paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, correspondentes ao mes de outubro, amosan que o número de desempregados acadou as 169.744 persoas en Galicia, con 3.424 persoas máis que no mes anterior (un 2,1%, fronte ao 1,63% do resto do Estado), o que amosa que outubro é, como é habitual, un mes desfavorable para o emprego, debido a que finaliza a temporada vacacional. No ano o desemprego baixou un 8,7% (16.159 persoas menos).

Leer mas…

Emprego e precariedade camiñan da man

Un trimestre máis, os datos da EPA amosan que, aínda que baixa o paro, o emprego que se crea ten un carácter marcadamente estacional, precario e en moitos casos parcial. Por isto, UGT-Galicia considera que chegou o momento de que as administracións, o Goberno central e a Xunta, encaren o problema do emprego xa non só dende unha perspectiva cuantitativa, senón dende un punto de visto cualitativo. Urxe apostar por emprego digno e de calidade para todos, que permita aos traballadores e ás súas familias vivir nunhas condicións dignas.

Leer mas…

Inaugurada a exposición “130 anos de loita e conquista” en Vigo

UGT inaugurou hoxe, día 25, en Vigo a exposición itinerante “130 anos de loita e conquista” que está a recorrer todas as provincias españolas, estivo nas últimas semanas en Ourense, dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.

Leer mas…

No Día internacional para a erradicación da pobreza UGT lembra que en Galicia a taxa de risco de pobreza ou exclusión social xa se sitúa no 22,6%

UGT-Galicia, con motivo do Día internacional para a erradicación da pobreza, denuncia ingresos inferiores á media estatal; unha taxa de risco de pobreza e exclusión social demasiado elevada para unha economía que se supón que está nunha etapa expansiva; as persoas que vive

Leer mas…

Diálogo social para máis e mellor emprego

UGT-Galicia valora o ofrecemento do Presidente Feijoo para relanzar o Diálogo Social feito esta mañán na súa intervención do debate sobre o Estado da Autonomía 2018, pero lembra que é preciso aproveitar o tempo para mellorar o mercado de traballo galego, as condicións laborais e o reparto da riqueza para o conxunto dos galegos e galegas.

Leer mas…

Folga nos PACs

UGT, CCOO, CIG, SATSE, CSIF, CESM e OMEGA convocan folga nos PACs de Galicia, 90 nos que traballan máis de 900 profesionais, a partir do día 16 de outubro para denunciar a situación na que están os centros de atención continuada en Galicia.

Concretamente, a folga está convocada para os días 16, 19, 23 e 30 de outubro; e os días 2, 6 e 9 de novembro. En todos estes días comezaría ás 15 horas ata as 8 do día seguinte. Os días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro a folga está convocada entre as 8 horas ata as 8 horas do día seguinte.

Leer mas…

Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións dignas

Miles de persoas, convocadas pola Unión de xubilados e pensionistas de UGT-Galicia, xunto coa de CCOO, mobilizáronse hoxe en varias cidades e vilas galegas con motivo do Día internacional das persoas maiores e en defensa dos seus dereitos, do mesmo xeito que xa se fixo a onte noutras provincias e cidades do territorio español.

Leer mas…

Páginas