Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

Fecha: 23 Nov 2018

Unha delegación de UGT, encabezada polo Secretario Xeral, Pepe Álvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, participou no día de hoxe na multitudinaria manifestación contra a persecución sindical e en solidariedade con Rogelia Mariña e os traballadores despedidos en Sargadelos (Lugo). Unha manifestación “para mostrar o noso apoio total a Rogelia, a todos os compañeirose compañeiras que defenden a UGT e a todos os traballadores e traballadoras que ven menoscabados os seus dereitos laborais e sindicais”.

“Hoxe todos somos Rogelia, pero mañá tamén, e pasado. Non estades sós, UGT vai estar sempre ao voso lado”. Rogelia é un exemplo de sindicalismo, de loita e de defensa das compañeiras e compañeiros. É lamentable que teñamos que dicir que unha persoa como Rogelia, por cumprir coa súa obrigación como delegada depersoal e manterse firme ante as presións dun empresario, fose coaccionada e represaliada na súa empresa”.

“Unha muller que entrou a traballar en Sargadelos con 14 anos, que o seu pai perdeu a vida na fábrica nun accidente, que leva 44 anos traballando na empresa (30 deles como delegada sindical), e, na etapa anterior, foi proposta para formar parte do Consello de Administración”. “É unha historia triste e vergoñosa que rompe cunha traxectoria histórica en Sargadelos”. Unha historia que xorde cando UGT denunciou este verán a campaña de difamación contra a representante do sindicato na empresa, “un dos ataques á liberdade sindical máis descarado dos últimos anos, só por defender aos traballadores e esixir o cumprimento do convenio colectivo en todos os seus termos e condicións”.

Neste sentido, UGT denuncia que, “agora, como o despedimento de Rogelia foi considerado nulo polo xulgado do social e obrígase á empresa para indemnizala con 30.000 euros por danos morais, o administrador único a ameaza e a coacciona non só a ela, senón a todos os traballadores e traballadoras da empresa para que a deixende lado”.

En pleno século XXI, non podemos permitir que existan administradores únicos, directivos de empresas, xefes de persoal,etc. que crean que poden pisar os dereitos fundamentais de traballadores e traballadoras, e dos seus representantes”. Por iso,“UGT non se vai a quedar calada ante estas inxustizas. Estamos a utilizar todos os medios legais, xudiciais e sindicais para acabarcon esta situación. Imos empregar toda a firmeza que estamos a poñer sobre a mesa para eliminar o artigo 315.3 do Código penal ata que consigamos asegurar a viabilidade da planta, que se restitúan os dereitos de Rogelia e de todos os compañeiros e compañeiras de Sargadelos”.

“Que estean tranquilos os traballadores de Sargadelos”. “Se UGT cobra algunha indemnización vai ir a parar os traballadores despedidos, que foron obxecto das represalias deste individuo. O futuro de Galicia non se vai a facer con salarios de miseria nin vulnerando os dereitos sindicais, farase con calidade, mantendo unha marca como Sargadelos que forma parte do patrimonio cultural de Galicia”.​

Fuente: UGT-Galicia