Inaugurada a exposición “130 anos de loita e conquista” en Vigo

Fecha: 25 Oct 2018

UGT inaugurou hoxe, día 25, en Vigo a exposición itinerante “130 anos de loita e conquista” que está a recorrer todas as provincias españolas, estivo nas últimas semanas en Ourense, dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.

O acto de inauguración correu a cargo dos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-Vigo, do responsable de Formación da CEC, do alcalde de Vigo e da  presidenta da Deputación de Pontevedra  e tivo lugar no edificio Verbum (Casa das palabras), onde permanecerá a exposición aberta ao público  ata o 20 de novembro.

Así, con esta exposición, continúan os actos en Galicia conmemorativos deste 130 aniversario da UGT, que xa arrancaron en Ourense coa mesma exposición, e xa no ano 2019 continuarán con actos que se programarán nas provincias de A Coruña e Lugo.

“130 anos de loita e conquista” é unha exposición itinerante que, con motivo da efeméride que se conmemora, recorrerá ao longo deste e do vindeiro ano todas as provincias de España. Unha exposición composta por 20 paneis, 14 deles de carácter histórico e 6 temáticos.

Trátase de repasar os 130 anos de loita obreira nos que UGT estivo sempre ao carón dos traballadores e traballadoras.

En agosto de 1888 ten lugar un acontecemento fundamental da historia do movemento obreiro español: fúndase en Barcelona a Unión Xeral de Traballadores, creada para a defensa dos dereitos e a mellora das condicións de vida da clase traballadora.

A exposición recolle os períodos máis significativos desta longa traxectoria repasando os 130 anos de loita obreira e reivindicación dun mundo máis xusto. Os visitantes poderán atopar as datas e eventos máis importantes destes 130 anos.

Repásanse os principais logros do Sindicato nos anos de protestas, baixo a ditadura de Primo de Rivera, durante a chegada da II República, durante a Guerra Civil, na época da clandestinidade e o exilio de UGT pola dictadura franquista. Prosigue coa chegada da democracia e a legalización do Sindicato, cos anos 80 nos que se converte en primeira forza sindical e alcánzanse os anos de desavenencias de principios dos 90. A exposición finaliza coa etapa máis moderna, cos novos retos sociais, as alternativas para saír da crise e a recuperación de dereitos laborais. 

Fuente: UGT-Vigo