18 falecidos e 202 persoas traballadoras vítimas dun sinistro grave nos seis primeiros meses do ano: a Xunta e empresas non deben desentenderse da loita contra a sinistralidade laboral
UGT-Galicia advirte que a prevención de accidentes deixouse de lado nas empresas coa crise da COVID-19, igual que sucedeu na crise económica de 2008
Pepe Álvarez e a responsable de Saúde Laboral de UGT, xunto cos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, visitan este luns ós bombeiros forestais da BRIF de Laza (Ourense)
A Consellería non informa ós sindicatos da Comisión central de saúde laboral nin á Mesa sectorial nin do persoal afectado, nin das medidas de protección a tomar en toda a crise nos centros do Sergas