Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións dignas
Miles de persoas, convocadas pola Unión de xubilados e pensionistas de UGT-Galicia, xunto coa de CCOO, mobilizáronse hoxe en varias cidades e vilas galegas con motivo do Día internacional das persoas maiores e en defensa dos seus dereitos, do mesmo xeito que xa se fixo a onte noutras provincias e cidades do territorio español.
Concentracións hoxe en toda Galicia en demanda de pensións dignas e pola derrogación da reforma de 2013
Dentroda campaña de mobilizacións que CCOO e UGT están a levar a cabo nadefensa dunhas pensións dignas para todos, ambos sindicatos convocaron hoxe concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago,Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grovee Vigo.
Miles de persoas dixéronlle ao Goberno basta xa e demandaron pensións dignas hoxe nas rúas galegas
Miles de persoas saíron hoxe ás rúas da Coruña, Ferrol,Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz,Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras para berrar que basta xa e demandar pensións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.
Os xubilados e pensionistas volven a mobilizarse nas rúas das cidades e vilas galegas por unhas pensións dignas
As cidades e vilas galegas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Foz, Vieiro, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo acolleron hoxe de novo o malestar dos xubilados e pensionistas galegos que reclamaron pensións dignas e denunciaron a irrisoria suba do 0,25%.
Arranca de Santiago a marcha galega por unhas #PensiónsDignas para confluír o 9 en Madrid co resto das marchas
Hoxe, ás 11.00 horas, reuníronse en Santiago, fronte á sede da Xunta, máis de 2.000 persoas para acompañar á marcha galega por unhas #PensiónsDignas que parte hoxe andando da capital galega para chegar o día 9 a Madrid e confluír alí co resto das marchas procedentes do resto do Estado nunha gran concentración na Porta do Sol.
Este luns sae de Santiago a delegación galega das marchas por unhas pensións dignas
O vindeiro luns, día 2, sairá a delegación galega das marchas por unhas pensións dignas, convocadas a nivel de todo o Estado por UGT e CCOO. Partirá de Santiago para confluír o día 9 coas do resto do Estado nunha gran concentración na Porta do Sol, en Madrid.