Para un mundo sostible, libre da pobreza e da desigualdade

​O 17 de outubro, día internacional para a erradicación das causas da pobreza, a cidadanía mundial mostra o rexeitamento colectivo ás políticas que xeran pobreza, desigualdade e destrución do medio ambiente. En Galicia, España, en Europa e no resto do mundo, ademais mostramos o noso rexeitamento aos tratados de libre comercio e investimento que se están negociando ás costas da poboación co único propósito de beneficiar ás elites políticas e económicas.

Leer mas…

UGT e CCOO presentan en Galicia a ILP por unha prestación de ingresos mínimos

O secretario xeral de UGT-Galicia, José AntonioGómez, xunto co seu homólogo en CCOO, presentaron hoxe en Santiagoante os medios de comunicación a Iniciativa Lexislativa Popular endemanda dunha prestación de ingresos mínimos que ten como obxectivotramitar, unha vez recollidas as 500.000 sinaturas preceptivas, queambos sindicatos agardan que sexan máis, unha proposición de Leique responda á creación dunha nova prestación que sexa a últimam

Leer mas…

A Reforma laboral incrementa a taxa de paro da mocidade galega en catro puntos, sitúa a temporalidade en case o 50 por cento e eleva a parcialidade ao 21 por cento

A secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, e o secretario de Política Sindical, Relacións Laborais e Formación do Sindicato, José Domingo Barros, presentaron hoxe en Santiago o informe “A precariedade laboral da xuventude en Galicia”. Esta análise contextualízase na grave situación económica que se está a vivir

Leer mas…

UGT e CCOO impulsan unha proposición de Lei de Iniciativa Popular (ILP) para establecer unha Prestación de Ingresos Mínimos no ámbito de prestación da Seguridade Social

​A finalidade desta Iniciativa Legislativa Popular é a creación dunha nova prestación que amplía a acción protectora da Seguridade Social. A Prestación de Ingresos Mínimos, está destinada a garantir uns ingresos que aseguren unhas condicións básicas para atender as necesidades máis esenciais ás persoas que, con disponibilidade para traballar, carecen de emprego e duns recursos económicos mínimos para si e, no seu caso, para os familiares ao seu cargo.

Leer mas…

O limbo da dependencia cuantifícase en Galicia en 12.426 persoas

Unha análise das estatísticas e datos referidos á dependencia evidencian que en Galicia existe unha ralentización, que case chega á parálise, do sistema. A pesar de incrementarse progresivamente o peso da poboación de 65 ou máis anos, o que conleva, paralelamente, maiores necesidades en materia de dependencia e maiores solicitudes, isto non está sucedendo.

 

Leer mas…

Páginas