FeSP-UGT, no inicio do curso escolar, insta á Consellería de Educación a que restitúa os dereitos perdidos do profesorado galego

ORZAMENTOS INSUFICIENTES E SUPRESIÓN DE UNIDADES

A Xunta, segundo os Orzamentos de 2018, o orzamento previsto para educación para Galicia medra no 2%, pero este incremento segue sendo totalmente insuficiente para compensar os fortes recortes de 2008. A FeSP-UGT lamenta esta política restritiva da Xunta de Galicia que volve a deixar entrever a pouca importancia que lle dá ao ensino público e demanda que nos orzamentos de 2019 se rectifique e reverta dita situación.

Leer mas…

Agora, educación Pública

Plataforma pola Escola Pública:

mobilización o 8 de maio

 

Fai xa máis dun ano que se creou no Congreso dos Deputados a Subcomisión de Educación para un Pacto Educativo co obxectivo de paliar unha nítida esixencia da comunidade educativa: A derrogación da LOMCE, unha lei aprobada polo PP en contra do resto de grupos parlamentarios.

Leer mas…

FeSP-UGT propón un calendario escolar máis equilibrado coas vacacións de primavera nos primeiros días de abril.

O sector de Ensino da FeSP-UGT de Galicia presentará mañá na Mesa Sectorial Docente unha proposta de calendario escolar máis equilibrado coas vacacións de Primavera nos 10 primeiros días de abril. O sindicato reiterará a necesidade de crear comisións provinciais para tratar sobre as materias afíns, e demandará un concursiño para facilitar a mobilidade voluntaria do persoal docente.

Leer mas…

O seguimento da xornada de folga en educación foi dun 63% en xeral e dun 90% na ESO e Universidade

A sociedade galega respondeu de forma masiva á xornada de folga no ensino. O paro foi dun 90% na ESO e na Universidade, sendo dun 63% no global, xa que a folga estendíase dende a educación primaria ata a Universidade. Así , milleiros de docentes, pais e nais e alumnos saíron hoxe á rúa en Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ribeira e A Coruña - hoxe ás 19.30 farano en Ourense - para manifestar unha vez máis o rexeitamento á LOMCE e insistir na necesidade da reversión dos recortes no ensino.

Leer mas…

FeSP-UGT confirma ante a Consellería a súa adhesión á folga xeral no sector do ensino do 9 de marzo

A Federación deTraballadores dos Servizos Públicos da UGT confirmou hoxe, xunto aCCOO-Ensino e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores doEnsino de Galicia (STEG), a súa adhesión á folga xeral estatal do 9de marzo no sector do ensino por medio dun escrito presentado no

Leer mas…

Páginas