UGT e Sargadelos piden a suspensión do xuízo de conflito colectivo que tería que celebrarse hoxe para dirimir sobre o abono da terceira paga extra a toda a plantilla

UGT e a empresa Sargadelos veñen de pedir a suspensión do xuízo de conflito colectivo, que se tiña que celebrar hoxe no Xulgado do social número 1 de Lugo, relativo ao abono da terceira paga extra á totalidade dos traballadores e traballadoras da planta de Cervo.

Ambas as partes decidiron abrir un proceso negociador sobre este tema para intentar chegar a un acordo que, para UGT, pasa, necesariamente, polo cumprimento por parte da empresa da legalidade, é dicir, a aplicación a todos os traballadores e traballadoras por igual do convenio colectivo da fábrica de cerámica.

Leer mas…

UGT entrégalle en Viveiro a Rogelia Mariña o galardón ao “Premio 8 de Marzo” que non puido recoller en Madrid no seu momento pola negativa da dirección de Sargadelos a darlle permiso

Ao longo da mañá do día de hoxe, 9 de xullo, tivo lugar na sede de UGT emprazada no municipio lucense de Viveiro o acto de entrega do galardón ao “Premio 8 de Marzo” de UGT a Rogelia Mariña. Lembrar que o acto de entrega deste premio celebrouse na sede de UGT en Madrid o pasado 4 de marzo na XXIV edición destes premios, pero que neste momento Rogelia Mariña non puido acudir a recollelo pola negativa da dirección de Sargadelos a darlle permiso.

Leer mas…

O TSXG estima o recurso interposto por Rogelia Mariña e UGT e recoñece vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical por parte de Segismundo García e de Sargadelos

A propia sentenza vincula  os despedimentos dos traballadores co mero feito da actividade sindical de Rogelia e de UGT. Isto , para o Sindicato, incidiría na nulidade xa reclamada destes despedimentos

 

Leer mas…

Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

Unha delegación de UGT, encabezada polo Secretario Xeral, Pepe Álvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, participou no día de hoxe na multitudinaria manifestación contra a persecución sindical e en solidariedade con Rogelia Mariña e os traballadores despedidos en Sargadelos (Lugo). Unha manifestación “para mostrar o noso apoio total a Rogelia, a todos os compañeirose compañeiras que defenden a UGT e a todos os traballadores e traballadoras que ven menoscabados os seus dereitos laborais e sindicais”.

Leer mas…

UGT convoca mañá unha manifestación en Cervo para denunciar a persecución sindical en Sargadelos e en solidariedade con Rogelia Mariña e cos traballadores despedidos

UGT convoca unha manifestación mañá en Sargadelos como símbolo de repulsa pola situación de persecución sindical que se vive en Sargadelos, en solidariedade coa delegada de UGT Rogelia Mariña e cos traballadores despedidos. A manifestación sairá ás 13.30 horas de Cervo (Lugo) ata chegar a Sargadelos onde está prevista unha concentración ás portas da fábrica.

Leer mas…

UGT-Galicia chama á participación o día 23 na manifestación na Mariña pola dignidade sindical en Sargadelos

O vindeiro día 23 UGT convoca unha manifestación que sairá ás 13.00 horas de Cervo para rematar en Sargadelos pola dignidade sindical nesta histórica fábrica, en solidariedade con Rogelia Mariña e para demandar a readmisión dos traballadores e das traballadoras despedidas.

Leer mas…