Prevención 2018
Fecha: 10 Jul 2023
SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA
Desde UGT-Galicia e co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL), puxemos en marcha a acción denominada "SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA", co código da acción AT2018-0080, a través da cal desenvolvemos os seguintes proxectos:
Denominación | Tipo proxecto |
Gabinete asistencia técnica prl | Asistencia técnica |
Guía ISO 45001 sobre sistemas de seguridade e saúde | Información e promoción do cumprimento da normativa |
Con estes proxectos pretendemos acadar os seguintes obxectivos xerais:
Fomento e o desenvolvemento dunha cultura preventiva que permita a implantación da Prevención de Riscos Laborais dunha forma eficaz e eficiente.
Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos intersectoriales como apoio da actividade preventiva.
O deseño, desenvolvemento ou implantación de modelos de xestión preventiva intersectoriales. Mellora estrutural e o desenvolvemento tecnolóxico con integración da seguridade e saúde achegando beneficios e melloras nas condicións de traballo.
Mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, fomentando a aplicación de criterios de xestión responsable e saudable Accións encamiñadas á redución da sinistralidade.
Impulsar a regulación en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito estatal ou supra-autonómico, conforme ao disposto no Título III do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores
Guía ISO 45001 sobre sistemas de seguridade e saúde
Trátase con esta publicación de facilitar o coñecemento sobre os sistemas certificables de xestión da seguridade e saúde escasamente abordados desde a vertente sindical, e con iso alcanzar os seguintes obxectivos:
Responder con esta publicación ás cuestións relativas ao proceso de implantación dun sistema de xestión conforme á norma ISO 45001.
Alcanzar unha maior concienciación dos traballadores sobre a importancia da integración da prevención a todos os niveis da empresa.
Colaborar a reducir a sinistralidade laboral.
Promover e consolidar a cultura da prevención.
Gabinete de asistencia técnica en prl
Co Gabinete de asesoramento técnico, prestamos un servizo de asistencia legal e técnica sobre a correcta aplicación da normativa de prevención. Sobre as facultades e competencias dos/ as delegados/ as de prevención, dereitos de información, consulta e participación, así como sobre as obrigacións legais de todos os suxeitos implicados nesta materia e os distintos tipos de responsabilidades, así como das distintas modalidades de organización da actividade preventiva. Asesoramos sobre a correcta realización das avaliacións de riscos e a súa consecuente planificación, así como promovemos e asesoramos na integración de cláusulas preventivas na negociación colectiva.
Onde estamos: