A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa o próximo 9 de marzo

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia,da que forman parte as organizacións CONFAPA­ GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

 

  • Esiximos unha lei Educativa de consenso. A LOMCE ten que ser derrogada
  • Reversión dos recortes en educación, que non garanten a igualdade de oportunidades e afondan na desigualdade.
  • Incremento dos orzamentos dedicados a educación
  • Recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades
  • Eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP
  • Recuperación dos cadros de persoal e dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino
  • Freo á privatización do sistema educativo 
cadro.jpg