As persoas traballadoras teñen dereitos fronte aos riscos da exposición á calor
UGT continúa coa campaña sobre “Ondas de calor e temperaturas extremas” para lembrar ás empresas que están obrigadas a protexer a saúde dos traballadores e traballadoras das temperaturas elevadas
Fecha: 17 Jul 2025
As persoas traballadoras teñen dereitos fronte aos riscos da exposición á calor
UGT continúa coa campaña sobre “Ondas de calor e temperaturas extremas” para lembrar ás empresas que están obrigadas a protexer a saúde dos traballadores e traballadoras das temperaturas elevadas
A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) puxo en marcha unha campaña para advertir do perigo que poden supoñer as altas temperaturas na saúde dos traballadores e traballadoras, especialmente naquelas que desenvolven a súa actividade ao aire libre.
Durante 2024 producíronse 103 accidentes debidos a insolacións, 93 accidentes ocasionados por irradiación de luz ou temperaturas extremas. Un total de 196 accidentes laborais, un deles mortal, que se poderían evitar.
Por iso, o sindicato recalca na súa campaña que as empresas teñen a obrigación de protexer a saúde das persoas traballadoras e implementar medidas destinadas a evitar as consecuencias que pode ter a calor na saúde das persoas traballadoras.
É esencial realizar unha avaliación de riscos laborais na que se contemple a exposición a altas temperaturas, e na que se teñan en conta tanto as características do posto de traballo como as condicións persoais e o estado biolóxico coñecido da persoa traballadora. En función dos resultados desta avaliación, a empresa deberá adoptar medidas preventivas, incluídas as organizativas.
Ademais, no caso de que existan alertas ou avisos meteorolóxicos de nivel laranxa ou vermello, e cando as medidas preventivas non garantan unha protección eficaz, será obrigatorio adaptar as condicións de traballo. Isto inclúe a posibilidade de reducir ou modificar a xornada laboral en función das condicións climáticas.
Para iso, resulta imprescindible a elaboración de protocolos específicos que protexan ás persoas traballadoras con dereitos fronte aos riscos da exposición á calor e cuxa formación é necesaria para evitar accidentes.
Infradeclaración dos accidentes laborais por esta causa
UGT considera ademais que existe unha infradeclaración dos accidentes laborais provocados polos efectos da calor. É fundamental mellorar a notificación deste tipo de sinistros porque, para adoptar políticas preventivas eficaces, é esencial coñecer a verdadeira magnitude do problema.
DÍPTICO INFORMATIVO