UGT organiza nas súas comarcas asembleas para analizar as negociacións dun novo AENC

​UGT-Galicia organizou ao longo desta semana en varias comarcas asembleas informativas nas que o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coas respectivas secretarias xerais ou secretarios xerais das comarcas, informaron aos delegados de cada un dos territorios sobre como avanzan o sobre o contido das negociacións dun novo AENC.

Leer mas…

Concentracións hoxe diante das sedes patronais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo para demandar que os convenios recuperen xa dereitos e repartan beneficios

​Ante a actitude da patronal na negociación do novo Acordo para o Emprego e  a Negociación Colectiva, mantendo posturas extremas que evidencian a súa falta de vontade para chegar a un acordo que traslade aos convenios colectivos a recuperación e o crecemento que xa están ater as empresas, UGT convocou hoxe, día 22,  unha xornada de loita pola negociación colectiva .

Leer mas…

O Consello Galego de Relacións Laborais aproba un documento de “Recomendacións para a negociación colectiva do 2018”

​O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais,aprobou por unanimidade as recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018. O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral. Está conformado por conselleiros de UGT, CCOO, CIG e a Confederación de Empresarios.

Leer mas…