FeSP- UGT Saúde denuncia que a mobilidade forzosa do persoal pola reorganización da atención COVID 19 non pode quedar a criterios unilaterais e á discrecionalidade de cada Xerencia

Fecha: 28 Mar 2020

FeSP- UGT Saúde denuncia que a mobilidade forzosa do persoal pola reorganización da atención COVID 19 non pode quedar a criterios unilaterais e á discrecionalidade de cada Xerencia

O sindicato solicitou a negociación dos criterios de mobilidade do persoal do SERGAS pola reorganización COVID 19 e demanda a urxente convocatoria da Mesa sectorial

Santiago 4 de abril de 2020.- FeSP-UGT Saúde solicitou a negociación urxente para acordar os criterios que, en caso de necesidade, rexerán a mobilidade forzosa prevista polo SERGAS.

Segundo as Instrucións da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre as medidas en materia de persoal como consecuencia do coronavirus Sars-COV-2, a dirección da respectiva xerencia/entidade poderá asignarlle servizos de carácter extraordinario en canto á duración, funcións e ámbito xeográfico da prestación e sen prexuízo das garantías básicas en materia de descansos do persoal..”. Así como, que as Xerencias poderán dispoñer que o persoal enfermeiro de atención primaria, cando e na medida na que resulte necesario, preste transitoriamente servizos nas unidades de coidados intensivos...”.

Desde UGT, manifestamos que teñen que primar os criterios de mobilidade forzosa que se acorden sobre a discrecionalidade das respectivas xerencias, polo que é urxente que se inicie a negociación coas organización sindicais da Mesa Sectorial.

UGT SOLICITAMOS AO SERGAS OBXECTIVIDADE, EQUIDADE E EFICIENCIA NA REPARTICIÓN DE TAREFAS

UGT, como representantes lexítimos das persoas traballadoras do SERGAS, esiximos que se negocien criterios obxectivos, na liña dos que xa existen para os procesos de mobilidade voluntaria, que contan cun amplo consenso e que son de aplicación para todo o persoal do SERGAS, independentemente da área á que pertenzan (concursos de traslados, axustes...etc).

Valorar como principal criterio a voluntariedade e experiencia na area ou servizo e continuar por áreas afíns é un principio de xestión elemental. O persoal realiza unha labor encomiable e está excedido, precísanse reforzos e asúmese a mobilidade forzosa pero en ningún caso arbitraria ou improcedente.

11 PERSOAS TRABALLADORAS CON PERMISO A TEMPO TOTAL DE FSP-UGT COMUNICARON Á DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERGAS A SÚA VOLUNTARIEDADE PARA INCORPORARSE AOS SEUS POSTOS DE TRABALLO

FeSP-UGT, xa o pasado 13 de marzo, comunicou por escrito ao SERGAS a disposición de todo o persoal sanitario e non sanitario con permiso a tempo total para a súa incorporación á loita contra a epidemia do COVID-19, e hai na actualidade 11 solicitudes de incorporación que se suman a outras dúas xa incorporadas antes mesmo de que se decretase o estado de alerta sanitaria. Con todo, lembramos que a actividade sindical é unha actividade esencial, e que segue a atención nas sedes e online, pois as dúbidas e os problemas laborais non se suspenderon co estado de alarma, senón que aumentaron.

Por último, recoñecer o esforzo sobrehumano e a profesionalidade do persoal dos servizos de saúde e outros moitos profesionais esenciais, que en primeira liña loitan contra o COVID 19, e facer un chamamento á responsabilidade compartida de todos e todas, cidadanía, institucións e poderes públicos. Xuntos sairemos.

 

 

Fuente: FeSP