UGT consigue a totalidade dos 27 membros do Comité de empresa de EXTRUGASA

O 24 de maio celebráronse as eleccións sindicais no grupo empresarial EXTRUGASA situado no concello de Valga para elixir 27 representantes dos traballadores, e onde UGT acadou a totalidade dos 27 representantes a pesares das presións que exerceu a CIG sobre os traballadores aos que lles pedía votaran en branco para que se quedaran sen representantes legais. .

Leer mas…

UGT gaña con maioría absoluta as eleccións en Cliner

​UGT ven de gañar, con maioría absoluta, as eleccións sindicais na empresa Cliner, concretamente entre os traballadores da provincia de A Coruña.


Así, UGT obtivo cinco delegados, dos nove que se elixían, os outros catro foron para o sindicato USO. Hai catro anos UGT mantiña esta mesma representación, USO tiña tres e un a CIG.


Dende FES-Coruña destacan que  xa é a sétima convocatoria na que UGT ratifica a súa maioría absoluta nesta empresa na provincia de A Coruña.

Leer mas…