Dende o 28 de novembro ata o 31 de decembro as mulleres galegas traballan gratis
Isto tradúcese en que as galegas cobran por hora un 9,3% menos que os homes. Lembrar que esta brecha é moi superior en termos de salario bruto, cando se teñen en conta tipos de contrato, xornada e complementos
Fecha: 29 Nov 2023
A nivel estatal a data é o 29 de novembro
Dende o 28 de novembro ata o 31 de decembro as mulleres galegas traballan gratis
Isto tradúcese en que as galegas cobran por hora un 9,3% menos que os homes. Lembrar que esta brecha é moi superior en termos de salario bruto, cando se teñen en conta tipos de contrato, xornada e complementos
Santiago, 29 de novembro de 2023.- Dende o 28 de novembro ata o 31 de decembro as mulleres galegas traballan gratis, xa que cobran un 9,3% menos por hora que os homes, o que supón 34 días ao ano de traballo gratuíto. ****ACLARAR QUE OS DATOS DE GALICIA, E A COMPARACIÓN CO RESTO DE COMUNIDADES, FAISE COS DATOS DA ENQUISA DE ESTRUTURA SALARIAL (2021) QUE FACILITA O INE E O RESTO DOS DATOS A NIVEL DE ESPAÑA E EUROPA SON DE EUROSTAT 2023, QUE NON DESAGREGA A NIVEL DE AUTONOMÍA****
E, ademais, hai que lembrar que esta diferenza, xa moi significativa, aínda queda por debaixo da que existe cando a comparativa se fai co salario bruto, é dicir, aquel que atende tamén a variables como xornada, modalidade de contrato ou complementos salariais. Aquí as mulleres galegas aínda saen peor paradas. Hai que ter en conta que en Galicia un total de 114.800 mulleres traballan a tempo parcial, fronte a 44.400 homes, e os complementos que reciben as mulleres, na maior parte dos casos, ou son inexistentes ou son moi inferiores aos dos homes, só por mencionar dúas das variables.
#EuTraballoGratis
Por mor de todo isto, UGT, como xa fixo en anos precedentes, nesta data lanza a campaña #EuTraballoGratis.
Por comunidades autónomas, Galicia sitúase na metade da táboa. Nos extremos está a diferenza salarial por hora de Cataluña, que é do 13,3%, e por abaixo a de Estremadura, onde a brecha é negativa, é dicir, favorece ás mulleres (-1,8%). De media, en España as mulleres cobran un 8,9% menos que os homes en salario/hora. Isto supón 32,48 días ao ano que traballan gratis, dende o 29 de novembro ata finais de ano (neste caso os datos son de Eurostat).
Na UE as mulleres cobran por hora un 12,7% menos que os homes, de media, un mes e medio de salario
Que sucede no resto de Europa?. Na UE dos 27 as mulleres cobran por hora un 12,7% menos que os homes de media. Isto equivale a un mes e medio de salario, 46,35 días de salario. Por este motivo, a Comisión Europea marca do 15 de novembro como un día simbólico para concienciar sobre o feito de que as traballadoras en Europa seguen gañando de media menos que os seus compañeiros. Dentro da UE tamén hai grandes diferenzas. Destacan nos extremos o 22,5% de Estonia e o -0,2% de Luxemburgo, beneficiando ás mulleres.
Mentres que a diferenza salarial media entre mulleres e homes na Unión Europea, descendeu do 15,8% no 2010 ao 12,7% no 2021, un total de 3,1 puntos porcentuais, en España foron 7,3 puntos porcentuais o que descendeu nos últimos once anos, desde 2010 a 2021 que é o ano máis recente do que temos datos, máis do dobre da media europea.
España, no sétimo lugar na Europa dos 27
España sitúase en sétimo lugar na Europa dos 27 coas brechas salariais máis baixas. E iso é debido ás políticas españolas en materia de igualdade retributiva entre mulleres e homes dos últimos cinco anos. As sucesivas subidas do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) que pasou de 900 euros brutos mensuais en 2019 a 965 euros en 2021, ano que analiza a fonte estatística europea Eurostat en 2023.
En España ademais das subidas do SMI, aprobouse en 2019 o Real Decreto de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, que introducía a definición de salario de igual valor no Estatuto dos Traballadores. Ademais da obrigatoriedade dos rexistros salariais desagregados por sexo.
Esa norma foi desenvolvida en materia retributiva polo Real Decreto de Igualdade Retributiva 2020, que introducía ademais dun desenvolvemento sobre os rexistros salariais aos que están obrigadas todas as empresas españolas, as valoracións dos postos de traballo con perspectiva de xénero que deben ser levadas a cabo en todos os convenios colectivos e nas empresas obrigadas a ter un Plan de Igualdade, e as auditorías retributivas como elemento esencial dos Plans de Igualdade para detectar se existen discriminacións salariais cara ás mulleres e eliminalas.
O gran avance no contexto europeo foi a aprobación da Directiva (UE) 2023 / 970 do Parlamento Europeo e do Consello do 10 de maio de 2023 pola que se reforza a aplicación do principio de igualdade de retribución entre homes e mulleres por un mesmo traballo ou un traballo de igual valor a través de medidas de transparencia retributiva e de mecanismos para o seu cumprimento.
Os países da UE dispoñen agora de tres anos para trasladar a lei europea aos marcos lexislativos nacionais correspondentes.
A Directiva recolle de “forma expresa” o dereito á transparencia retributiva con carácter previo ao emprego, o dereito dos traballadores e traballadoras a solicitar e recibir información “por escrito”, sobre o seu nivel retributivo individual e sobre os niveis retributivos medios, desagregados por sexo, para as categorías de traballadores que realicen o mesmo traballo ou un traballo de igual valor ao seu. Tamén establece a obrigación dos Estados membro de prestar apoio en forma de asistencia técnica e formación, tanto aos empregadores cun persoal inferior aos 250 traballadores como aos representantes dos traballadores de que se trate.
Confiamos que esta directiva sexa trasladada antes de maio de 2026 á nosa normativa interna, xa que aumenta as obrigacións para as empresas europeas en materia de igualdade salarial entre mulleres e homes por traballos de igual valor.
A comisaria europea de Igualdade, Helena Dalli, afirmou, con motivo do 15 de novembro sinalado como Día da Igualdade Salarial na UE, que “os avances foron lentos ao longo dos anos” e instou a tomar “medidas específicas para aplicar o principio de igualdade de retribución”, un valor consagrado no Tratado de Roma de 1957.