A Coruña dedicará unha rúa a Suso Mosquera

No acto de inauguración da exposcións "130 anos de loita e conquistas", o pasado día 2 de xullo, no centro Ágora da Coruña, a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, anunciou que se lle adicará unha rúa a Suso Mosquera, felecido no 2018, e o que fora secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005.

​Adema, foi unha persoa moi activa políticamente, deputado socialista no Parlamento galego ata 1988, cando dimitiu como apoio á convocatoria de Folga Xeral o 14 de decembro. Da súa labor parlamentaria naceu a iniciativa da creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Dende o ano 2005 ata a data da súa morte, ocupouse das tarefas da presidencia da Fundación Luis Tilve, encargada da memoria histórica da UGT e do Socialismo de Galicia.

Co falecemento de Suso Mosquera foise un dos máis preclaros referentes do sindicalismo e do movemento socialista de Galicia. E hai que destacar a súa impronta e a súas inquedanzas para acadar unha sociedade mais xusta e a defensa da clase traballadora.

Por iso, consideramos a dedicatoria dunha rúa ao histórico sindicalista como unha acertada iniciativa e un recoñecemento público máis que merecido.

Fuente: UGT-Galicia