Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes de Ourense

Subvencionado pola Dirección General de Programas de Protección Internacional y Atención Humanitaria do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones (MISSM), e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), este Centro ven funcionando en Galicia dende o ano 1992.. Dende o ano 2002 ten a categoría de centro de inserción laboral permitíndolle esta nova denominación impartir cursos de formación para os inmigrantes.

O obxectivo deste Centro de Información e Asesoramento Sociolaboral de UGT ofrece a información e o asesoramento necesario para resolver as dúbidas e inquietudes que nos formula este colectivo de traballadores estranxeiros, tanto en temas laborais, como sociais e de estranxeiría. A través deste programa, realízanse Itinerarios Individualizados de Inserción Sociolaboral, que van orientados a facilitar o acceso e/ou mantemento no mercado laboral.

Os itinerarios integrados de inserción profesional conteñen as seguintes actuacións: diagnóstico, preformación, orientación laboral e formación profesional ocupacional.

Ao longo deste ano 2022, seguiremos realizando actividades de orientación e asesoramento laboral e de estranxeiría, información e asesoramento en cuestións que favorezan unha efectiva inserción sociolaboral (confección C.V., preparación de entrevistas de traballo, homologación de titulación, certificados de profesionalidade, conciliación, accións formativas…), información sobre recursos existentes (educativos, formativos, asistenciais…), e continuaremos con talleres de alfabetización e capacitación dixital, dereitos e obrigacións laborais, habilidades sociais, técnicas de procura de emprego, etc. Así mesmo seguiremos desenvolvendo, de forma gratuíta, os talleres de preparación das probas de CCSE E DELE necesarias para a solicitude de nacionalidade española; ademais, este ano continuaremos cos talleres formativos de xestións administrativas telemáticas.

Ademáis continuaremos coa distribución do caderno con información de interese sobre as cuestións máis expostas nos nosos centros, elaborado anteriormente, no marco do noso proxecto: “Centros de Información e Asesoramento Sociolaboral para Inmigrantes”. Así mesmo, distribuiremos a “Guía sobre traballo de fogar e coidados. Mujeres nacionais de terceiros países” editada no marco do proxecto “Por un Traballo Digno”. Ambos proxectos están subvencionados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Estes materiais informativos abordan cuestións de interese e gran relevancia para a poboación á que vai dirixida o CIASI.

 

 

   
CARTEL INFORMATIVO SOBRE O CENTRO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOCIOLABORAL PARA INMIGRANTES
   
CARTEL ACCIÓNS CIASI

 

 
AXUDA A TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO SERVIZO DOMÉSTICO
    CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
    CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS A PERSOAS MAIORES