No acto de inauguración da exposcións "130 anos de loita e conquistas", o pasado día 2 de xullo, no centro Ágora da Coruña, a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, anunciou que se lle adicará unha rúa a Suso Mosquera, felecido no 2018, e o que fora secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005.
UGT inaugura na Coruña a exposición "130 anos de loita e conquistas" para conmemorar os 130 anos da fundación do Sindicato
Este martes, día 2 de xullo, os secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-Coruña-Cee, José Antonio Gómez e José Carrillo, respectivamente; e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inauguraron no Centro sociocultural Ágora, a exposición itinerante "130 anos de loita e conquistas" para conmemorar os 130 anos da fundación do Sindicato.
Esta exposición está a percorrer toda a xeografía española, incluídas varias cidades e vilas galegas. Na Coruña permanecerá aberta ao público ata o día 30 de xullo no mesmo horario de apertura do Ágora.
17 de maio de 2019, Día das letras galegas
Un ano máis, o 17 de Maio celebramos o Día das letras galegas, dedicado nesta edición ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas (Cotobade 1905-Santiago de Compostela 1999). Nesta data, pero todos os días do ano, dende UGT-Galicia reafirmámonos no insubstituíble papel da lingua galega para todos e todas, para a nosa sociedade, como vehículo de comunicación na súa acepción máis directa pero tamén como parte do noso patrimonio e medio básico de expresión cultural.
Inaugurada en Ourense a exposición itinerante “130 anos de loita e conquista”
UGT inaugurou este xoves en Ourense a exposición itinerante “130 anos de loita e conquista” que está a recorrer todas as provincias españolas dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.
Xa abonda de ilegalidades en Sargadelos
A Federación de Industria, Construción e Agro de UGT mostra o seu rexeitamento a actitude que o administrador único de Sargadelos mantivo na última reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais para intentar normalizar as relación laborais na fábrica de Cervo.
Declaración con motivo da celebración do Día das letras galegas 2018
DECLARACIÓNDAS COMISIÓNS EXECUTIVAS DO SINDICATO NACIONAL DE CC OO DEGALICIA E A UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES DE GALICIA
Faleceu o “Compañeiro Suso”
Jesús Mosquera Sueiro, Suso Mosquera, que foi secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005, faleceu hoxe en A Coruña aos 74 catro anos de idade.
UGT-Galicia esixe cláusulas sociais nos contratos públicos
Dende UGT Galicia solicitamos a todas as administracións públicas, Xunta, Deputacións e Concellos, a adopción dun novo modelo de cláusulas socias na contratación pública, baixo criterios de homoxeneidade e consenso cos axentes sociais que sexa una guía para o conxunto de administracións da nosa comunidade autónoma. É necesario unificar criterios en todas as administracións e acabar así coa actual discrecionalidade existente que tanto prexudica á economía galega.