Preguntas e respostas sobre o coronavirus no eido laboral

UGT vén de editar un documento sobre as preguntas e respostas sobre o Covid-19 nas relacións laborais, elaborouse para dar contestación áxil a algunhas das cuestións máis importantes que poden xurdir entre os traballadores e traballadoras.

DOCUMENTO SOBRE PREGUNTAS E RESPOSTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE O CORONAVIRUS

Leer mas…

Desde hoxe, 7 de novembro, as mulleres traballan gratis

UGT relanza a partir de hoxe, 7 de novembro, a campaña que desenvolve o sindicato todos os anos desde 2016 para denunciar a brecha salarial entre mulleres e homes, atendendo aos datos de Eurostat que analiza salarios hora. Así, este ano as mulleres traballan gratis en España desde o 7 de novembro ata final de ano. É dicir, traballarán 55 días gratis como consecuencia da brecha salarial (tres días máis que o ano anterior).

Segundo os últimos datos dispoñibles de Eurostat:

Leer mas…

O sector de coidados persoais necesita investimento para ter traballo decente

O luns 7 de outubro de 2019 as organizacións sindicais agrupadas ao redor da Confederación Sindical Internacional (CSI), como UGT, celebraremos a 12ª Xornada Mundial polo Traballo Decente que este ano ten como lema “Investir en Coidados para a Igualdade de Xénero”.

Leer mas…

UGT insta a sumarse á Folga Mundial polo Clima

Os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES, que sinalan que preto dun millón de especies entre animais e plantas atópanse ao bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas, e do informe do IPCC sobre o incremento da temperatura media global en 1,5 º C, alertan da deterioración dun gran número de ecosistemas, tanto terrestres como mariños, así como do punto de non retorno fronte ao cambio climático. 

 

Leer mas…

UGT e Sargadelos piden a suspensión do xuízo de conflito colectivo que tería que celebrarse hoxe para dirimir sobre o abono da terceira paga extra a toda a plantilla

UGT e a empresa Sargadelos veñen de pedir a suspensión do xuízo de conflito colectivo, que se tiña que celebrar hoxe no Xulgado do social número 1 de Lugo, relativo ao abono da terceira paga extra á totalidade dos traballadores e traballadoras da planta de Cervo.

Ambas as partes decidiron abrir un proceso negociador sobre este tema para intentar chegar a un acordo que, para UGT, pasa, necesariamente, polo cumprimento por parte da empresa da legalidade, é dicir, a aplicación a todos os traballadores e traballadoras por igual do convenio colectivo da fábrica de cerámica.

Leer mas…

Pepe Álvarez clausura en Ferrol a exposición "130 anos de loita e conquistas"

​Hoxe, día 26 de xuño, o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, clausurou en Ferrol (Exponav) a exposición "130 anos de loita e conquistas" que levaba aberta ao público no Museo da construción naval (Edificio Herrerías) dende o pasado 13 de xuño.

Neste acto de clausura tamén participaron os secretarios xerais de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e o xerente de Exponav, José María Cardona.

Leer mas…

Primeiro de Maio 2019, “Primeiro as Persoas”

As organizacións sindicais UGT e CCOO chamarán á mobilización dos traballadores e traballadoras o próximo Primeiro de Maio, para esixir un cambio de políticas que teña en conta á maioría social do país, así como a conformación dun goberno de progreso que acometa con urxencia unha axenda social.“Primeiro as Persoas” será o lema da mobilización deste ano que, segundo o manifesto conxunto de ambas as organizacións, expresan o seu “rotundo rexeitamento a todas as posicións excluíntes, populistas e retrógradas que ameazan os dereitos laborais e sociais básicos, e que combateremos con todos os in

Leer mas…

Como solicitar á Xunta un adianto un adianto da prestación dos ERTES autorizados

Todo o que debes saber para solicitar á Xunta un adianto da prestación por ERTES autorizados.

Lembrar que, polo momento, as entidades colaboradoras son Abanca, Sabadell, CaixaBank e Caixa Rural.

 

PASOS PARA SOLICITAR UN ADIANTO DA XUNTA DA PRESTACIÓN POR ERTES AUTORIZADOS

ORDE RECOLLIDA NO DOG PARA O ANTICIPO DA PRESTACIÓN DOS ERTES

Leer mas…

Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

Unha delegación de UGT, encabezada polo Secretario Xeral, Pepe Álvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, participou no día de hoxe na multitudinaria manifestación contra a persecución sindical e en solidariedade con Rogelia Mariña e os traballadores despedidos en Sargadelos (Lugo). Unha manifestación “para mostrar o noso apoio total a Rogelia, a todos os compañeirose compañeiras que defenden a UGT e a todos os traballadores e traballadoras que ven menoscabados os seus dereitos laborais e sindicais”.

Leer mas…

Páginas