A xuventude galega é vítima do desemprego a pesar da súa formación, e a que traballa, da precariedade laboral

Asmozas e mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportantaxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdasde poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas deparcialidade e temporalidade e salarios moito máis baixos. Istoconduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co finde consolidar un mercado laboral máis xusto, áxil e eficiente.Sobre todo, nun contexto de crecemento económico, é necesario queeste chegue a todas as persoas, incluídos as máis mozas que,finalmente, son o futuro do país e as que marcarán o rumbo domercado laboral de cara aos vindeiros anos.

Estasson as principais conclusións do radiografía presentada hoxe enSantiago ante os medios de comunicación pola secretaria deIgualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, MónicaRodríguez, sobre o mercado laboral das persoas máis novas enGalicia, con motivo da celebración mañá do Día internacional daxuventude.

BAIXAO PARO EN 19.000 MOZAS E MOZOSPERO BAIXA A POBOACIÓN ACTIVA EN 14.600 MENORES DE 35 ANOS

Entrandode cheo no informe, que está elaborado en base aos datos da EPA dosegundo trimestre de 2017, en comparación co mesmo período do ano2016, constátase unha diminución do desemprego entre as persoasmáis novas (menores de 35 anos) en 19.000 persoas no último ano,aínda que este dato, que nun principio debería ser positivo, quedamatizado pola alarmante perda de poboación activa neste mesmoperíodo e nesta mesma franxa de idade, en 14.600 persoas menos.

Así,unha parte moi significativa da baixada do desemprego entre os máismozos débese á forte caída da poboación activa, de case 15.000persoas. Hai 19.000 persoas desempregadas menos e tan só 4.400ocupadas máis, quesucede co resto dos mozos?.

A TAXADE PARO XUVENIL É DO 21,6 POR CENTO, 5,5 PUNTOS SUPERIOR AO RESTO DEIDADES

O informe arroxa unha realidade certamente preocupante cunha taxa deparo xuvenil en Galicia do 21,6 por cento, 5,5 puntos superior ao doresto da poboación, e unha taxa de actividade que se contrae nunpunto no último ano, pasando do 64,5 por cento no 2016 ao 63,5 porcento actual.

Estaperda de actividade entre a mocidade está relacionada, non só coenvellecemento da poboación, senón tamén co efecto desánimo damocidade galega que, vendo poucas perspectivas de emprego, decidecontinuar formándose retomando os seus estudos ou optar polaemigración cara outros contextos con maiores oportunidades.

DendeUGT-Galicia insístese en que esta realidade, a relación que existeentre a baixada do desemprego e a perda de de poboación activa, éobviada sistematicamente polo Goberno galego cando publicita os datosmes a mes do desemprego en Galicia.

Ademais,aínda que o desemprego diminúa, non se pode esquecer a lacra doparo de longa duración, é dicir, aquelas perdoas que levan máisdun ano no paro. En Galicia o 22,97 por cento das persoasdesempregadas de longa duración son menores de 35 anos.

O22,87 POR CENTO DAS MOZAS E MOZOS CON EDUCACIÓN SUPERIOR ESTÁN NOPARO

Preocupaun dato que arroxan as estatísticas. O 22,87 por cento das persoasmenores de 30 anos no Estado con educación superior atópase ensituación de desemprego (non existen datos a nivel de Galicia). Eracoñecido que a menor nivel formativo as dificultades para acceder aomercado laboral tamén eran maiores, de feito esta taxa aumenta ata o40,06 por cento no caso das persoas que teñen a primeira etapa deeducación secundaria ou similar. Non obstante, esta porcentaxe baixana segunda etapa de secundaria ou 14,9 por cento e ao 12,43 por centona mesma etapa pero con orientación profesional, pero volve subir aun 22,87 por cento entre a xuventude que ten educación superior.

Porsectores, o 72,1 por cento das persoas menores de 35 anos atópanseno sector servizos, caracterizado por unha maior precariedade.

Outrodato que subliña o estudo é que o 83,18 por cento das mozas e mozosgalegos están afiliados ao réxime xeral e o 13,35 por cento ao depersoas autónomas. Neste último caso, constátase unha baixada de5.148 persoas menores de 35 anos en catro anos, a pesar de que unhagran parte dos incentivos, axudas e subvencións das administraciónsvan dirixidas ao fomento deste tipo de emprego. Para UGT-Galicia, éevidente que basear as políticas activas de emprego nestes termosnon é garantía de dinamización do mercado laboral.

O21,7 POR CENTO DAS PERSOAS MENORES DE 35 ANOS TEÑEN CONTRATO A TEMPOPARCIAL. ESTA TAXA DISPÁRASE AOS 37,5 PUNTOS ENTRE AS MENORES DE 25ANOS

Unhaanálise da contratación da xuventude en Galicia evidencia que o21,7 por cento das persoas menores de 35 anos teñen contratos atempo parcial, fronte ao 13,9 por cento do conxunto de idades e o 61por cento delas din que teñen este tipo de contrato porque non foroncapaces de atopar un traballo a xornada completa (este último datodo Estado porque non existe a nivel de Galicia).



Estataxa de parcialidade dispárase ao 37,5 por cento entre as menores de25 anos. E, lonxe de diminuír a contratación a tempo parcial, estaaumenta no último ano, xa que en Galicia o número de menores de 35anos cun contrato a xornada completa baixou en 2.500 persoas e ascontratadas a tempo parcial foron 6.900 máis, concentradasmaioritariamente na franxa de idades de entre 20 e 29 anos.

É evidente que a parcialidade leva consigo máis precariedade, xaque supón menos xornada e, polo tanto salario, sobre todo cando estaé involuntaria.

Para UGT-Galicia, a temporalidade é un desequilibrio básico domercado de traballo, xa que a maioría da xuventude, para acceder aoemprego, o fai por medio da contratación temporal, sendo alarmanteque isto estea asumido pola sociedade como algo normal.

Ante este problema, que xa é estrutural, as administraciónsdedicáronse a desenvolver políticas baseadas en incentivar acontratación de carácter indefinido, con axudas á contratacióntotalmente ineficaces.

ATAXA DE TEMPORALIDADE MEDRA EN CASE SEIS PUNTOS NO ÚLTIMO ANO ENTREAS MOZAS E MOZOS

Defeito, a realidade é que diminúe a contratación indefinida aaumenta a temporal. A taxa de temporalidade medrou en case seispuntos no último ano entre as máis mozas e mozos. As persoasmenores de 35 anos teñen unha taxe de temporalidade en Galicia do52,7 por cento, fronte ao 27,2 por cento que se rexistra no conxuntode idades. E no último ano, esta tendencia agudizouse, subindo en5,85 puntos.

Sea análise se centra nas menores de 25 anos, en Galicia tres de cadacatro persoas teñen un contrato temporal, o que supón o 75,1 porcento.

O38 POR CENTO DAS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS TEÑEN UN CONTRATO CUNHADURACIÓN INFERIOR A SEIS MESES

Aduración dos contratos é outra das grandes lacras do mercadolaboral xuvenil galego. O 38 por cento das mozas e mozos menores de30 anos teñen un contrato cunha duración inferior a seis meses.Isto amosa unha gran vulnerabilidade para este colectivo.

Tamén se constata que a xuventude realiza un maior número de horasextraordinarias que o resto da poboación, un 6,22 por cento, frontea un 4,98 por cento, a pesar de ter un maior número de contratos atempo parcial. A isto hai que engadirlle que se se analiza o númerode persoas que realizan horas extras non pagadas, o 26,26 por centoson menores de 35 anos.

ASMOZAS E MOZOS DE MENOS DE 35 ANOS PERCIBEN SALARIOS UN 21,9 POR CENTOINFERIORES AO RESTO DE IDADES

Aofinal, todas estas variables tradúcense en precariedade laboral e ensalarios máis baixos. De feito, as mozas e mozos galegos menores de35 anos perciben salarios un 21,9 por cento inferiores ao resto deidades e as menores de 25 un 42,9 por cento máis baixos.

Ademais, entre o 2010 e o 2014 as persoas menores de 25 anos vironreducido o seu salario nun 10,3 por cento e as de 25 a 34 anos no7,05 por cento, mentres que no conxunto de idades neste mesmo períodoa diminución foi do 0,22 por cento.

CONCLUSIÓNS. A PRECARIEDADE NOEMPREGO XUVENIL

Ante os datos expostos, non podemossenón cualificar a situación do mercado laboral da xuventude enGalicia como precario, inestable e sen dereitos. A precariedade é unconxunto de condicións que determinan unha situación de desvantaxeou desigualdade caracterizada por:

Curta duración dos contratos.

Elevados índices de temporalidade.

Reducións de xornadas non desexadas.

Brecha xeracional.

Exceso de horas extras, con ou senremuneración, case sempre de realización obrigatoria.

Riscos para a saúde laboral, debidoá falta de formación e información.

Vemos como estas variables definen perfectamente a situación actualdo mercado de traballo das mozas e mozos galegos, segundo os datosanalizados neste informe.

Desde UGT Galicia propoñemosde maneira específica as seguintes medidas como factores clave paramellorar a inserción da xuventude e que esta teña unha garantíasde calidade aceptables:

Fomentar o contrato relevo e axubilación parcial novamente aos 61 anos co obxectivo de que existaunha transmisión de coñecemento entre a xeración que accede áxubilación e o seu relevo xeracional.

Poñeren marcha un Estatuto das Bolseiras e Bolseiros que regule as bolsascurriculares e as bolsas de investigación. Trátase de regular demaneira máis eficaz os requisitos que teñen que cumprir as empresase institucións, a duración máxima das prácticas e un marco deprotección social. As bolsas extracurriculares non deben incluírseneste Estatuto porque deben transformarse nun contrato laboral.

É necesaria unhareformulación do Plan de Garantía Xuvenil, así como maiorinformación sobre os resultados do desenvolvemento do mesmo. OExecutivo debe destinar estes recursos a fomentar ofertas de empregoe formación de calidade, a través da colocación inmediata nunposto vacante por parte dos servizos públicos de emprego, conasesoramento laboral de calidade.



NOTA:A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE EMOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MÓNICA RODRÍGUEZ. TELÉFONO:628470657.



Fuente: UGT-Galicia