Unha sentenza histórica recoñece a "retribución á parte" no cálculo da indemnización por despedimento no sector da pesca

Fecha: 10 Oct 2016

O Xulgado do Social nº 1 de Santiagoacaba de ditar unha Sentenza en procedemento de despedimento fronte áempresa ribeirense Pesqueiras Lijo na que se recoñece aimprocedencia do despedimento dun dos traballadores que formaba parteda tripulación da embarcación Novo Amada I.


Dita sentenza, cuxo procedemento setramitou a instancias do traballador pola Asesoría Xurídica de UGT,ademais de ser importante individualmente para o traballador porrecoñecer a improcedencia do despedimento, resulta sumamenteimportante para o sector de pesca, sobre todo, de todos aquelestraballadores que prestan servizos en embarcacións que faenan engran altura, ao fixarse un salario para o cálculo da indemnizaciónpor despedimento no que se ten en conta a retribución á parte ouquiño e pactada polos traballadores antes de embarcar cara ao GranSol.


A historia remóntase ao ano 2015 candoa embarcación Novo Amada I atraca no porto de Ribeira, despois defaenar durante 7 mareas sucesivas no Gran Sol, por avaría no motor,cando, unha vez desenrolada a tripulación composta por 14 persoas,e segundo práctica habitual no sector de que o empresario proceda áliquidación das mareas, deducindo dos ingresos os gastos das mareas,segundo pacto previo cos traballadores ou costume do lugar, por partedo armador non se lles retribúe as mareas faenadas alegando que nonse obtivo beneficios das mesmas.

Os traballadores denuncian estes feitosao responsable do sector de Mar de UGT-Galicia, Luís Figueroa Nuñez,e iníciase un proceso longo de loita polas retribucións dostraballadores, un de cuxos logros é esta sentenza.


A importancia desta sentenza no sectoré decisiva para dunha vez por todas acabar con eses costumesarraigados no mesmo de negar aos traballadores a parte ou quiñónpreviamente pactada. A dificultade coa que se atopan os traballadoresé que o costume local en canto á retribución á parte non se pactapor escrito, sen que os traballadores poidan, chegado o momento deliquidación da mesma, poder comprobar de ningún xeito se aliquidación que lle realiza o armador , por unha banda, é correctae coincide cos beneficios das mareas, e doutra banda se se procedeu aincluír todos os ingresos e deducido só os gastos pactados, o quecoloca aos traballadores nunha situación de impotencia absolutafronte a este práctica empresarial, de aí a importancia dasentenza.


A sentenza recolle, ademais, que aactitude mantida pola empresa, xa ante a Inspección de Traballo foide absoluto intento de impedimento de que por parte dos traballadorespuidésese probar as súas retribucións.


De feito, a empresa mesmo deducía doMonte Maior as cotizacións á Seguridade Social que efectuaba polostraballadores, declarándose na sentenza que as cotizacións quecorresponden ao empresario realizar de cotizacións á SeguridadeSocial non poden ser deducidas para o cálculo das retribucións dotraballador.


O Sector do Mar de UGT Galicia celebra,por tanto, a sentenza que, aínda que é recurrible, espera que deselo, sexa confirmada polo TSJ de Galicia, como un avance na defensados dereitos dos traballadores do mar e nunha mostra evidente dotraballo que, desde a Federación do Mar está a realizarse a favordeste sector. Somos conscientes das dificultades que temos pero taméncremos necesario traballar na defensa dun colectivo que, polasespeciais dificultades do traballo, polo lugar de realización domesmo, atópase na actualidade en grave risco de exclusión laboral,a pesar, da importancia do devandito sector.

Fuente: FeSMC
Mar