Un ano máis, UGT-Galicia denuncia que as mulleres non traballan en igualdade de condicións cos homes, non cobran o mesmo nin hai un reparto equilibrado na atención ás responsabilidades familiares

Co gallo da celebración o vindeiro 8 do Día internacional damuller traballadora, a secretaria de Igualdade, Xuventude eMovementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, ven de ofreceren Santiago unha rolda de prensa coa que se pretende arroxar luzsobre a situación da muller en Galicia no eido laboral.

Neste encontro cos medios de comunicación, Mónica Rodríguezconstatou que a aparente melloría da situación do emprego entre asmulleres durante a crise resulta unha lectura falaz da realidade eoculta o grave retroceso que se está experimentando e ao que non selle está poñendo freo.

Os efectos da crise, as reformas laborais e os recortes impostos,xunto coa omisión de actuacións públicas que realmente contribúana avanzar na igualdade entre mulleres e homes provocan un afastamentocada vez maior da igualdade laboral entre homes e mulleres.

Este crecemento da desigualdade e a discriminación das mullerestradúcese nun empobrecemento cada vez maior das mesmas. As mulleresnon traballan en igualdade de condicións cos homes, nin cobran omesmo, nin hai un reparto equilibrado entre homes e mulleres naatención ás responsabilidades familiares.

Así se constata non informe elaborado por UGT-Galicia e feitopúblico hoxe na rolda de prensa.

CALQUERAMELLORA DO MERCADO LABORAL SEGUE PERPETUANDO AS DIFICULTADESESTRUTURAIS PARA AS MULLERES

O informe deixa claro que calquera mellora do mercado laboral, porleve que sexa, segue perpetuando as dificultades estruturais para asmulleres.

ASMULLERES GALEGAS TEÑEN TAXAS DE ACTIVIDADE E OCUPACIÓN INFERIORESÁS DOS HOMES E AS DE PARO SON SUPERIORES

Segundo os últimos datos ofrecidos polo Instituto Galego deEstatística (IGE), referidos ao ano 2015, a muller galega ten unhataxa de actividade dez puntos inferior á dos homes; a taxa deocupación é 8,7 puntos inferior; e a de paro 1,3 puntos por enribaa das mulleres en relación á dos homes. Se ben no ano 2014 nonexistían diferenzas entre a taxa de paro masculina e feminina, do21,6 por cento entre os homes e do 21,7 por cento entre as mulleres,por mor da crise que as igualou, xa no 2015, volve a aumentar odiferencial e, de novo, as mulleres saen prexudicadas.

Por sectores, a ocupación das mulleres concéntrase no sectorservizos, co 84,9 por cento do total da ocupación feminina. Polacontra, o 34 por cento dos homes están ocupados na Industria e naConstrución.

O informe tamén reflicte que hai unha maior propensión ao empregopor conta propia no caso dos homes, representando o 24,3 por centro,fronte ao 18 por cento no caso das mulleres.

NOSECTOR PÚBLICO, NO QUE TRADICIONALMENTE SON MAIORÍA AS MULLERES, NO2015 DOS 5.000 EMPREGOS CREADOS, 4.100 FORON PARA HOMES

Curiosamente, un sector como o do emprego público no quetradicionalmente son maioría as mulleres, no último ano, no 2015,dos 5.000 empregos creados, 4.100 foron para homes e o resto paramulleres. Un exemplo máis de que a tímida recuperación vaiescorada cara os homes.

No sector privado, as mulleres continúan infrarrepresentadas, o 45,4por cento do total, e no último ano o 54 por cento do emprego creadocorresponde ao sector masculino.

O 92,7POR CENTO DA CONTRATACIÓN REXISTRADA ENTRE AS MULLERES NO 2015 FOITEMPORAL

No relativo á modalidade de contratación, evidénciase que areforma laboral non conseguiu modificar a temporalidade nacontratación. O 92,7 por cento da contratación rexistrada entre asmulleres no ano 2015 foi temporal. A contratación indefinidafeminina, reduciuse máis que a masculina no último ano.

O TEITODE CRISTAL IMPIDE QUE AS MULLERES CHEGUEN A POSTOS DERESPONSABILIDADE

Un ano máis, hai que denunciar que o chamado teito de cristalcontinúa impedindo ás mulleres acadar postos de responsabilidade. Apesar de ter a muller un forte protagonismo nos postos técnicos eprofesionais científicos e intelectuais, cifrada esta nun 20 porcento, tan só o 2,5 por cento da poboación feminina ocupada chega ádirección ou xerencia dalgunha empresa. Se se atende áparticipación das mulleres nos órganos de dirección das empresasdo IBEX 35, constátase a mínima presenza feminina, xa que sórepresentan o 9,32 por cento do total dos postos de dirección.

A IGUALFORMACIÓN, OS HOMES ACADAN MAIORES TAXAS DE OCUPACIÓN

De novo, a balanza inclínase a favor dos homes cando se cruzan asvariables formación e ocupación. A igual formación, os homesacadan maiores taxas de ocupación que as mulleres. Por exemplo, ataxa de ocupación entre as mulleres con estudos superiores é do67,8 por cento, fronte ao 69,6 por cento no caso dos homes.

A taxa de desemprego feminina volve ser superior á masculina eincreméntase o diferencial entre elas. Mentres nos anos 2012 e 2013,como consecuencia da maior perda de emprego en sectores fortementemasculinizados e afectados pola crise, a taxa de paro masculina erasuperior á feminina, de novo, no 2014 cambia a tendencia e no 2015acrecéntase.

Os datos así o evidencian. No 2011 a taxa de paro era do 16,6 porcento entre os homes e do 18,1 por cento entre as mulleres. No 2012cámbiase a tendencia, pasa a ser do 20,8 por cento entre os homes edo 20,2 por cento entre as mulleres; no 2013, do 22,3 por cento entreos homes e do 21,7 por cento entre as mulleres; xa no 2014, iguálase,do 21,6 por cento entre os homes e do 21,7 por cento entre asmulleres; pero é que xa no 2015 volve a ser a taxa de paro entre asmulleres superior á dos homes, 20 por cento fronte ao 18,7 porcento.

Lonxe de aproveitar a leve creación de emprego para subsanar asdiferenzas existentes no mercado laboral, dende a perspectiva dexénero, constátase que, de novo, as mulleres quedan fóra destecambio.

ÁSMULLERES CÓSTALLES MÁIS BAIXAR DO CARRO DO PARO DE LONGA DURACIÓNE PERCIBEN MENOS PRESTACIÓNS CONTRIBUTIVAS

O comportamento e evolución do desemprego de longa duración taméné máis negativo para as mulleres. Se no 2015, en relación ao anoanterior, baixou nun 6,6 por cento o número de homes que levan máisde dous anos na procura de emprego, no caso das mulleres estaredución non superou o 1,2 por cento. Hai 50.200 mulleres que levanmáis de dous anos en situación de desemprego e na procura dun postode traballo, polo que xa non teñen dereito a prestacióncontributiva.

Precisamente, en materia de prestacións por desemprego constátaseque 72.298 mulleres en situación de desemprego non percibenprestación contributiva, fronte a 47.482 homes. Quedando así asporcentaxes de cobertura nun 57 por cento no caso dos homes e dun 43por cento no caso feminino.

ASRENUNCIAS LABORAIS A PROL DA ATENCIÓNS ÁS NECESIDADES FAMILIARESDANSE MAIORITARIAMENTE ENTRE AS MULLERES

Os datos analizados hoxe tamén seguen a constatar que as mulleresson as que maioritariamente renuncian a participar no mercado laboralpara adicarse á atención das responsabilidades familiares, xa que,segundo a Enquisa de poboación activa do IGE-INE, o 4,8 por centodas mulleres, fronte ao 0,6 por cento dos homes responden que nonestán traballando nin están buscando emprego por ter que coidar denenos, persoas adultas enfermas, discapacitadas ou maiores. O mesmosucede no caso das mulleres que responden que non traballan nin estánbuscando traballo por ter que atender responsabilidades familiares oupersoais, un 10,5 por cento fronte a tan só o 1,5 por cento dehomes.

En canto aos salarios, como xa se denunciou o pasado día 22, abrecha entre homes e mulleres segue aí e non se supera. O últimodato dispoñible apunta ao 23,4 por cento en Galicia e dende o ano2008 a fenda salarial aumentou en 2,3 puntos.

ASREFORMAS LABORAIS E POLÍTICAS DE AXUSTE INTRODUCEN MEDIDAS QUE POÑENMÁIS TRABAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL

Que as mulleres continúan asumindo a maioría das responsabilidadesfamiliares é un feito innegable. Non obstante, dende o ámbitopúblico, en vez de adoptar as medidas que minimicen as consecuenciasque isto ten no acceso e mantemento do emprego feminino, a travésdas reformas laborais e medidas de axuste introducíronse medidasque, de novo, dificultan a conciliación da vida persoal, familiar elaboral.

A isto hai que engadirlle as políticas de recorte no gasto públicoque implican diminución de servizos, como o coidado de persoasdependentes ou o fomento da corresponsabilidade. Á precariedade nascondicións laborais hai que sumarlle a paralización e retroceso dasmedidas en materia de conciliación.

AXORNADA A TEMPO PARCIAL TEN CARA DE MULLER

Precisamente, unha das consecuencias no eido laboral da asunción dasresponsabilidades en materia de conciliación por parte das mulleresé o feito de que a xornada a tempo parcial sexa máis utilizadapolas mulleres, no 76 por cento dos casos. En relación ao total depersoas ocupadas de cada sexo, o 23,1 por cento das mulleres e o 6,5por cento dos homes.

Dende o ano 2014 aumentan en 3.800 as ocupadas a tempo parcial e tansó en 1.500 as que teñen unha modalidade contractual de tempocompleto. Non obstante, no caso dos homes contráese en 100 menos.

Atendendo ás razóns polas que as persoas din que accederon a uncontrato a tempo parcial, en vez de xornada completa, máis do 94 porcento das que contestan que o fan para facilitar o coidado de nenos enenas, persoas adultas enfermas ou maiores son mulleres, fronte ao5,4 por cento de homes.

Tamén resulta significativo que, das persoas que responden quetraballan a tempo parcial por non poder atopar un emprego a tempocompleto, o 74,3 por cento son mulleres e o 25,7 por cento son homes.

O 63,8POR CENTO DAS MULLERES ATÓPANSE EN SITUACIÓN DE SUBEMPREGO PORINSUFICIENCIA DE HORAS DE TRABALLO

Isto trae como consecuencia que a porcentaxe de mulleres que seatopan en situación de subemprego por insuficiencia de horas detraballo ascende ao 63,8 por cento do total.

En canto ás prestacións por maternidade e paternidade, reduciónsde xornada e excedencias, UGT-Galicia considera que urxe unha novaregulación dos permisos e licenzas, así como, do fomento dacorresponsabilidade. A prestación por maternidade segue adesfrutarse, practicamente, de forma exclusiva polas nais, no 98 porcento dos casos. O 88 por cento das excedencias por coidado dunfamiliar son solicitadas tamén polas mulleres. E o 73,8 por centodas reducións de xornada por coidado de menores de 12 anos sonsolicitadas por mulleres.

TODOCONDUCE A PEORES CONDICIÓNS DE PROTECCIÓN SOCIAL PARA AS MULLERES

Consecuencia de todo o analizado ata o momento, maior precariedadelaboral entre as mulleres, brecha salarial, falta de políticas quefavorezan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e unhacorresponsabillidade real e efectiva entre homes e mulleres no eidofamiliar, as mulleres enfróntanse a peores condicións de protecciónsocial. No caso das pensións de xubilacións as diferenzas salariaiselévanse ata o 38 por cento, brecha que se incrementa ano tras ano.Pola contra, o 77,8 por cento das persoas beneficiarias de pensiónsde xubilación non contributivas en Galicia son mulleres, cuxoimporte medio no 2015 foi de 355,01 euros ao mes. O que da unha ideadas dificultades ás que se enfrontan as mulleres tras a xubilación.

NOTA: A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE E MOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MÓNICA RODRÍGUEZ. TELÉFONO: 628470657.



 

Fuente: UGT-Galicia