UGT teme que a perda de emprego e o envellecemento no persoal da Seguridade Social provoque en breve un colapso no sistema

As empregadas e empregados públicos de Seguridade Social reclaman máis recursos e denuncian o abandono ao que se viron sometido nos últimos anos. Nesta liña, FeSP-UGT dirixiuse a Tomas Burgos, Secretario de Estado de Seguridade Social, para reclamar medidas integrais que liquiden a falta de recursos que sofre este colectivo.​

Nos últimos tempos existe unha crecente e xustificada preocupación entre políticos e a cidadanía sobre o futuro do sistema de pensións. UGT expuxo diferentes  propostas  para  atallar  o  problema  e atopar solucións á diminución de recursos. Ademais, os representantes dos traballadores consideran fundamental poñer o foco de preocupación no colectivo de empregados que se encargan de recadar as cotas e pagar as prestacións.

Actualmente, a falta de oferta de emprego público suficiente, a taxa de reposición inxustificada e o envellecemento do persoal ocasionaron unha escaseza de recursos humanos que obrigou, nalgúns casos, ao peche oficinas e, noutros a privatizar para poder seguir prestando un servizo que, desde UGT, tememos que poida colapsar en breve se non se toman medidas.

Ata o momento, o obxectivo dos xestores foi manter a calidade na atención ao público sen acometer medidas estruturais, poñendo parches que, nun espazo de tempo breve, non serán suficientes e podería colapsar o servizo.

FeSP-UGT cuantificou a perda de emprego no sector duns mil postos de traballo, só no ano 2015, a este problema súmase a avanzada idade do actual persoal, onde máis da metade rolda os 55 anos, polo que as xubilacións nos próximos anos serán moi abundantes .​

A falta de ordenación deses Recursos Humanos da Seguridade Social, sen modificar  desde hai décadas fai que a xestión  se manteña  grazas ao voluntarismo e a responsabilidade dos traballadores e traballadores que, con iso suplen, o abandono de responsables políticos do sistema. A estes problemas súmanse irregularidades na provisión de postos, recortes nos orzamentos de Acción Social e Formación e escurantismo en materia retributiva.

Fuente: FeSP-UGT Galicia