UGT orgniza en Santiago o taller "desmontando prexuízos e estereotipos"

Fecha: 16 Nov 2022

UGT desenvolveu en Santiago o taller “Desmontando prexuízos e estereotipos” co fin de contrarrestar informacións falsas sobre a poboación estranxeira

Santiago, 16 de novembro de 2022.- Ao longo da mañá de hoxe UGT organizou en Santiago o taller “Desmontando prexuízos e estereotipos” co cal se pretende informar e formar aos cadros e delegados e delegadas do Sindicato e facilitarlles as ferramentas necesarias para contrarrestar informacións falsas ou terxiversadas que se difunden con rapidez e fomentan o rexeitamento cara a inmigración e cara a poboación de nacionalidade ou orixe estranxeira.

Ademais deste taller, a vicesecretaria xeral de UGT-Confederal, Cristina Antoñanzas; a secretaria de Políticas sociais de UGT-Galicia, María Isabel González; e a responsable da Área de Migracións de UGT-Confederal, Ana María Corral, tiveron un encontro cos medios de comunicación no que lles explicaron o desenvolvemento do taller e os seus obxectivos.

Tamén facilitáronlles unha serie de datos, todos eles estatísticos e obxectivos, sobre a situación a nivel do Estado, en Galicia e na provincia da Coruña que, precisamente, serven para tirar abaixo moitos dos prexuízos e estereotipos que se difunden, sobre todo, a través das redes ou medios de comunicación, en relacións á poboación estranxeira.

Partindo dunha análise estatística demográfica, que é necesaria para coñecer e contextualizar a situación, Galicia unha porcentaxe dun 4,3% de persoas empadroadas estranxeiras, formando parte do grupo de comunidades con menor volume. Dun total de 117.824 persoas estranxeiras empadroadas en Galicia, 85.236 son nacionais de terceiros países. De feito, Galicia é a segunda comunidade con menor porcentaxe de poboación estranxeira.

As nacionalidades máis numerosas en Galicia son Portugal, seguida de Venezuela, Colombia, Brasil, Marrocos ou Romanía.

Por outra banda, cómpre salientar que ás 117.824 persoas de nacionalidade estranxeira que hai residindo en Galicia, hai que engadirlle as 146.125 de nacionalidade española pero nacidas no estranxeiro. A suma de ambas supón o 9,8% da poboación.

Continuando coa análise dos datos, estes refiren que o 6,2% dos fogares galegos teñen, polo menos, unha persoa de nacionalidade estranxeira.

Por outra banda, a idade media da poboación de nacionalidade española de Galicia é de 48,5 anos, 37,5 no caso da poboación de nacionalidade estranxeira. O 26,1% de poboación galega ten 65 ou máis anos e o 12,1% 15 ou menos. Ademais, Galicia presenta un saldo vexetativo negativo dende o ano 1988. Do estudo tamén se conclúe que a migración de persoas de nacionalidade estranxeira cara Galicia ten un compoñente fundamentalmente laboral. O 12,1% das persoas afiliadas á Seguridade Social en Galicia teñen nacionalidade estranxeira. Por sectores, destaca que o 17% das persoas afiliadas ao sistema especial de empregados do fogar teñen nacionalidade estranxeira nesta Comunidade, porcentaxe que sube ata o 23,7% no caso do sistema especial agrario. Aínda que a actividade con maior volume absoluto atópase na hostalería, con 3.932 persoas estranxeiras.

Coñecendo estes datos, algúns do bulos que se pretenden botar abaixo son, por exemplo, os relativos á dependencia de prestacións. Case o 79% dos fogares estranxeiros nos que o sustentador principal ten menos de 65 ten como fonte principal de ingresos os que proveñen do traballo. Só o 0,7% do total das pensións son pagadas a persoas estranxeiras e só o 0,3% no caso das de xubilación.

Seguimos desmontando bulos. Soportan peores condicións de vida con taxas de riscos de pobreza que se achegan, no caso dos estranxeiros non comunitarios, ao 60%. Tamén soportan taxas de paro máis elevadas, sendo as mulleres nacionais de terceiros países as que presentan en Galicia maiores taxas de desemprego, do 33,4%.

En canto ás prestacións e servizos públicos, de todos os titulares de rendas mínimas, o 22% tiñan nacionalidade estranxeira, porcentaxe que en Galicia sube ata o 75%. No 2020 do total de persoas usuarias de sistema público de servizos sociais, tan só o 5,3% tiñan nacionalidade estranxeira e o 79,4% deste total accederon ao servizos para recabar información e orientación, o que non conleva prestación económica. Daquí conclúese que, aínda tendo en conta a elevada taxa de risco de pobreza da poboación estranxeira en España, a súa participación nos niveis asistenciais de protección social é moi inferior á que cabería esperar.

Outro mito que se cae é o presunto abuso do sistema sanitario público, xa que tan só o 11% das consultas que recibiu o Sistema Nacional de Saúde foron efectuadas por persoas nacidas no estranxeiro.

Fuente: UGT-Galicia