UGT mantén vivo o diálogo social para impulsar o benestar laboral e reducir as baixas
Fecha: 12 Jun 2026
UGT mantén vivo o diálogo social para impulsar o benestar laboral e reducir as baixas
Santiago, 22 de xuño de 2026.- Desde UGT- Galicia sostívose durante catro reunións a mesa de diálogo social sobre benestar laboral, defendendo que a negociación e o acordo son a mellor vía para mellorar a saúde e as condicións de traballo das persoas traballadoras.
A cuarta reunión permitiu seguir avanzando en medidas para mellorar a saúde laboral, con especial atención á prevención de riscos, a saúde mental e o benestar no traballo. Os datos analizados confirman que as organizacións que apostan por contornas laborais saudables logran reducir de forma significativa as baixas laborais, reforzando a importancia da prevención como ferramenta clave.
UGT-Galicia destaca que, fronte ao ruído e a confrontación, o diálogo social continúa xerando avances concretos e acordos útiles para traballadores e traballadoras e empresas. O proceso continuará coa próxima reunión co Sergas, na que se abordarán as medidas de carácter sanitario que completarán este traballo.
Para UGT-Galicia, os avances alcanzados demostran que as solucións chegan cando existe vontade de diálogo, negociación e acordo.