UGT gaña con maioría absoluta as eleccións en Cliner
Fecha: 01 Jul 2016

UGT ven de gañar, con maioría absoluta, as eleccións sindicais na empresa Cliner, concretamente entre os traballadores da provincia de A Coruña.
Así, UGT obtivo cinco delegados, dos nove que se elixían, os outros catro foron para o sindicato USO. Hai catro anos UGT mantiña esta mesma representación, USO tiña tres e un a CIG.
Dende FES-Coruña destacan que xa é a sétima convocatoria na que UGT ratifica a súa maioría absoluta nesta empresa na provincia de A Coruña.
Ademais, dende o Sindicato quere agradecérselle aos traballadores a confianza depositada, tanto no proxecto de futuro que se presenta como nas tarefas desenvolvidas nestes últimos anos.
Fuente:
FES-Coruña