UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, aínda que alerta sobre a precariedade e temporalidade do emprego que se crea
Fecha: 04 Jul 2017

Segue habendo 189.665 persoas no desemprego en Galicia
UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, ainda que amosa a súa fonda preocupación pola precariedade e a temporalidade do emprego que se está a crear. Así, só o 6,96 por cento dos contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos. A isto temos que engadirlle a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego.
Novamente, UGT-Galicia alerta sobre o aumento da precariedade entre as persoas en desemprego, co descenso da taxa de cobertura, unha situación que se agrava mes a mes e que afonda o empobrecimento de cada vez máis xente en Galicia.
Os datos do mes de xuño, aínda sendo positivos, amosan que hai unha clara estacionalidade no mercado laboral galego e cada vez máis acusada, case 104.000 contratos rexistrados nun mes para un mercado laboral no que hai 979.877 cotizantes á Seguridade Social.
Os datos de paro, correspondentes ao xuño de 2017, amosan un descenso do paro en Galicia de 9.973 respecto a maio, o -5,00 por cento , situando a cifra total de desempregados en Galicia en 189.665 persoas.
En xuño de 2017 estiveron 189.665 persoas desempregadas, segundo os datos publicados hoxe polo SEPE. Esta cifra supón un descenso mensual de 9.973 persoas con respecto a maio (un 5 por cento menos) e o dato interanual amosa un descenso do 8,52 por cento, é dicir, 17.655 parados rexistrados menos que no mes de xuño de 2016.
No Estado a caída no mes é menos acusada, -2,84 por cento no mes pero máis no ano, -10,73 por cento interanualmente. En xuño houbo 3.362.811 desempregados no conxunto do Estado. No mes somos a cuarta comunidade autónoma con maior contracción do paro en termos relativos.
Xuño | Variación mes | Variación interanual |
2007 | -3,4 | -6,9 |
2008 | -2,6 | 6,7 |
2009 | -3,5 | 31,1 |
2010 | -3,8 | 9,8 |
2011 | -2,7 | 6,2 |
2012 | -2,7 | 15,3 |
2013 | -3,7 | 1,6 |
2014 | -4,2 | -7,7 |
2015 | -3,3 | -9,2 |
2016 | -6,0 | -9,5 |
2017 | -5,0 | -8,5 |
Galicia | Estado | |
2017/Xuño | 189.665 | 3.362.811 |
Variación absoluta mes anterior | -9.973 | -98.317 |
Variación relativa | -5,00 | -2,84 |
Var. absoluta mesmo mes año anterior | -17.655 | -404.243 |
Variación relativa | -8,52 | -10,73 |
As mulleres seguen sendo as máis perxudicadas polo desemprego
No sexto mes do ano descende o desemprego masculino o -5,75 por cento (-5.060 parados) evolución máis acusada que no desemprego feminino que cae en 4.913, o -4,4 por cento. Dende xuño de 2016 o desemprego redúcese en ambos, sendo tamén máis significativo o descenso entre os homes (-11,94 por cento no caso dos homes e -5,66 por cento entre as mulleres). Todo isto amosa a maior debilidade da recuperación do emprego feminino e a brecha mulleres-homes ao redor do desemprego, de feito hai unha tendencia clara de aumento do peso feminino no total, o 56,3 por cento do desemprego é feminino.
En xuño continuaban como parados rexistrados 8.962 mozos e mozas menores de 25 anos. O desemprego entre os menores de 25 años cae moito máis que no total de idades, o 9,68 por cento (960 parados menos desta idade no mes), e tamén se reduce un -10,67 por cento interanualmente (-1.070 mozos e mozas desempregados).
A maior caída do paro é no sector Servizos
Por sectores de actividade, o paro rexistrado no pasado mes cae en todos os sectores. Cae especialmente na construción en termos relativos, o -5,82 por cento, e en termos absolutos nos servizos, loxicamente pola terciariazión do sector produtivo galego, cae nos servizos en 6.740. O 67,6 por cento da caída do desemprego no mes dáse no sector servizos.
En termos anuais, descenso acusado no conxunto de actividades, con porcentaxes superiores ao 20 por cento de caída na construción e próximos ao 11,8 por cento na industria.
2017/Xuño | Paro total | Agricultura / Gandería | Industria | Construción | Servizos | Sen emprego anterior |
| 189.665 | 7.078 | 22.014 | 19.269 | 124.854 | 16.450 |
Variación absoluta mes anterior | -9.973 | -308 | -1.094 | -1.191 | -6.740 | -640 |
Variación relativa | -5,00 | -4,17 | -4,73 | -5,82 | -5,12 | -3,74 |
Variación absoluta mesmo mes del año anterior | -17.655 | -715 | -2.946 | -4.853 | -8.239 | -902 |
Variación relativa | -8,52 | -9,17 | -11,80 | -20,12 | -6,19 | -5,20 |
Aumenta a afiliación á SS pero tamén medra a precariedade
A afiliación á Seguridade Social en Galicia situase en 979.877 cotizantes, 8.572 máis que en maio de 2017 (un 0,88 por cento máis), incremento máis acusado que no Estado, que acada os 18.433.107 cotizantes medrando o 0,48 por cento no mes. No ano hai en Galicia un aumento de 21.949 cotizantes, o 2,29 por cento de aumento, medrando menos acusadamente que no Estado, no que aumentan os cotizantes o 3,79 por cento
O número total de contratos rexistrados en Galicia en xuño 103.613 (cifra record nun mes) un 18,29 por cento de aumento con respecto a maio. Medran no mes un 7,05 por cento os indefinidos e un 19,22 por cento os temporais. Se o comparamos cos rexistrados no mesmo mes do ano anterior, o volume de contratos medra un 11,06 por cento : medrando un 17,87 por cento os indefinidos e un 10,58 por cento os temporais. A proporción de indefinidos sobre o total de contratos cae ao 6,96 por cento; menos de sete de cada cen contratos asinados son indefinidos (porcentaxe en mínimos como no mes de xuño de 2016 (6,56 por cento)
A protección das persoas desempregada segue a ser unha asinatura pendente
O número de beneficiarios de prestacións en maio de 2017 (último dato dispoñible) (91.824) amosa unha nova caída anual -9.629 beneficiarios menos que en maio de 2016. A taxa de cobertura foi do 50,3 por cento, deixando fora do sistema de protección por desemprego a case 108.000 (107.814) desempregados. A taxa de cobertura no mes de maio de 2017 foi do 54 por cento no Estado. Hai un forte diferencial entre as taxas dun e outro contexto, o que amosa a clara desvantaxe da nosa comunidade.
Tan só 36.481 beneficiarios de prestacións por desemprego perciben unha prestación de carácter contributivo, o que indica a precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 782,3 euros (Contía media prestación contributiva percibida por beneficiario,euros/mes).
A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexan Subsidio (43.892 beneficiarios), Renda activa de inserción (10.706 perceptores) ou Programa de activación emprego (745 beneficiarios)
GALICIA | Xuño 2017 | VARIACIÓN SOBRE | | | |
| | Mes anterior | | Mesmo mes ano anterior | |
| | nº | por cento | nº | por cento |
DESEMPREGO | | | | | |
Nº desempregados rexistrados | 189.665 | -9.973 | -5,0 | -17.655 | -8,5 |
* homes | 82.940 | -5.060 | -5,8 | -11.248 | -11,94 |
* mulleres | 106.725 | -4.913 | -4,4 | -6.407 | -5,66 |
Nº parados mozos < 26 anos | 8.962 | -960 | -9,68 | -1.070 | -10,7 |
Nº desempregados por sectores* | | ||||
* agricultura | 7.078 | -308 | -4,2 | -715 | -9,2 |
* industria | 22.014 | -1.094 | -4,7 | -2.946 | -11,8 |
* construción | 19.269 | -1.191 | -5,8 | -4.853 | -20,1 |
* servizos | 124.854 | -6.740 | -5,1 | -8.239 | -6,2 |
* sen emprego anterior | 16.450 | -640 | -3,7 | -902 | -5,2 |
Beneficiarios prestación por desemprego (maio) | 91.824 | | | | |
Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio) | 50,30 | | | | |
Parados totais sen ningún tipo de prestación (maio) | 107.814 | | | | |
CONTRATACIÓN | | | | | |
Nº contratos | 103.613 | 16.018 | 18,3 | 10.320 | 11,1 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 7.215 | 475 | 7,0 | 1.094 | 17,9 |
Nº contratos temporais | 96.398 | 15.543 | 19,2 | 9.226 | 10,6 |
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL | | | | | |
Nº afiliados (datos provisionais) | 979.877 | 8.572 | 0,9 | 21.949 | 2,29 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS