UGT-Galicia saúda o bo comportamento do desemprego, aínda que a temporalidade e parcialidade seguen empañando o mercado laboral galego
Fecha: 23 Oct 2015

UGT-Galicia valora e saúda o bo comportamento do desemprego no terceiro trimestre do ano, aínda que incide en que, primeiro, trátase dun dato marcado pola estacionalidade e contratación na temporada estival e, segundo, a precariedade segue empañando unha posible recuperación do mercado laboral galego. Porque, o Sindicato considera que non se trata só de xerar emprego, hai que crear postos de traballo pero que estes sexan de calidade e que garantan unha vida digna aos traballadores galegos e non que unha alta porcentaxe dos mesmos sexan vítimas da pobreza laboral, como está a suceder agora.
Xa que, si é certo que medra a ocupación, nun 2,88 por cento (29.100 persoas ocupadas máis) en relación ao trimestre anterior e un 2,13 por cento en relación a hai un ano. Pero non é menos certo que no ano a ocupación ten un maior incremento en termos relativos na xornada a tempo parcial, o 5,7 por cento, que na de tempo completo, que medra tan só un 1,6 por cento. Ademais, sen ter en conta os anos de crise, non tiñamos valores de ocupación tan baixos dende o ano 2002. O mercado laboral galego está moi afastado das máis de 1.200.000 persoas ocupadas dos anos 2007 e 2008. Así, a taxa de ocupación é do 44,1 por cento, aínda lonxe do 50 por cento de antes da crise.
En termos de evolución do desemprego, este cae no trimestre no 11,76 por cento, fronte ao 5,79 por cento do resto do Estado. Hai en Galicia 222.800 persoas en situación de desemprego, segundo a EPA. Interanualmente, o paro cae o 13,72 por cento en Galicia e o 10,63 por cento no resto do Estado.
O MERCADO LABORAL GALEGO CONTINÚA CONTRAÍDO
Outra pincelada máis que fai dubidar da tan publicitada recuperación é a contracción do mercado laboral desta Comunidade. Continúa a diminución da poboación de 16 ou máis anos. No ano 10.300 menos e, deles, 3.800 menores de 25 anos. Cada vez hai menos poboación en idade de traballar. Caen as persoas que desexan incorporarse ao mercado laboral, 13.700 menos, e aumentan os inactivos en 3.500 persoas.
Outra realidade que hai que analizar para non quedar na frialdade das estatísiticas é a situación que están a vivir os fogares galegos. Pois ben, 73.100 seguen a ter a todos os seus activos no paro e 29.700 xa non perciben ningún tipo de ingreso. Estas dúas variables, aínda que melloran, continúan en valores insostibles, moi por enriba aínda dos que se rexistraban no terceiro trimestre de 2009, concretamente, medrando nun 63,2 por cento a primeira e un 50,8 por cento a segunda.
CON CASE 30.000 FOGARES SEN PERCIBIR NINGÚN TIPO DE INGRESO URXE A POSTA EN MARCA DUNHA PRESTACIÓN DE INGRESOS MÍNIMOS, PARA O CAL UGT ESTÁ A IMPULSAR UNHA ILP E XA COMEZOU A RECOLLIDA DE FIRMAS
Por iso, para intentar paliar esta situación, UGT está a impulsar, a través dunha ILP a prestación de ingresos mínimos, para a cal o Sindicato xa comezou a recollida das firmas necesarias. Porque é de lei rescatar ás persoas e combater as desigualdades.
Continuando coa análise dos datos que arroxa hoxe a EPA, significar que a taxa de paro queda en Galicia no 17,7 por cento e no Estado no 21,2 por cento. Non obstante, non se pode esquecer que esta taxa no caso dos máis mozos, os menores de 25 anos, sitúase no 40,4 por cento.
Segundo a EPA, hai en Galicia 821.400 persoas asalariadas, medrando no trimestre en maior medida que o total da ocupación, cun 3,56 por cento de asalariados máis. O crecemento en relación a hai un ano é do 3,31 por cento.
OS ASALARIADOS TEMPORAIS MEDRAN MOI POR ENRIBA DOS INDEFINIDOS
Non obstante, aquí hai que subliñar que, mentres os asalariados con contrato indefinido aumentan tan só o 0,15 por cento, os temporais o fan nun 13,75 por cento. Tendencia similar en relación a hai un ano, eliminando polo tanto desviacións de carácter estacional. No ano o emprego indefinido cae o 0,72 por cento e os temporais medran o 15,7 por cento.
De feito, a taxa de temporalidade dispárase taxa ata o 27,5 por cento, cando era do 25,03 por cento no segundo trimestre do ano e do 24,6 por cento hai un ano.
Por sectores, a ocupación medra en todos, salvo na construción. En termos interanuais, tamén crece en todos, salvo no primario.
UGT-Galicia insiste en que aínda queda moito por facer para poder falar de recuperación. Esta ten que vir da man da mellora do mercado laboral, tanto en termos absolutos como en todo o que ten que ver coa súa calidade.
PRETO DE 100.000 PERSOAS XA LEVAN MÁIS DE DOUS ANOS NA PROCURA DE EMPREGO.
É evidente que non se pode falar de recuperación con 139.400 desempregados de longa duración, máis dun ano nesta situación, pero é que 99.000 xa levan máis de dous anos na procura de emprego.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.
| 2015/IIIT | Variación | |||
trimestre anterior | mesmo trimestre ano anterior | ||||
| Nº | % | Nº | % | |
Poboación de 16 e máis anos | 2.357,3 | -2,9 | -0,1 | -10,3 | -0,4 |
Inactivos | 1.095,4 | -2,4 | -0,2 | 3,4 | 0,3 |
Homes | 465,4 | -2,4 | -0,5 | 6,1 | 1,3 |
Mulleres | 629,9 | -0,1 | 0,0 | -2,8 | -0,4 |
Activos | 1.261,9 | -0,5 | 0,0 | -13,7 | -1,1 |
Homes | 663,1 | 0,8 | 0,1 | -11,3 | -1,7 |
Mulleres | 112,3 | -1,3 | -0,2 | -2,3 | -0,4 |
Ocupados | 1.039,0 | 29,1 | 2,9 | 21,7 | 2,1 |
Homes | 552,5 | 19,0 | 3,6 | 13,0 | 2,4 |
Mulleres | 629,9 | 10,1 | 2,1 | 8,7 | 1,8 |
Asalariados | 821,4 | 28,2 | 3,6 | 26,3 | 3,3 |
Con contrato indefinido | 595,6 | 0,9 | 0,2 | -4,3 | -0,7 |
Homes | 308,2 | 2,6 | 0,9 | 6,9 | 2,3 |
Mulleres | 287,3 | -1,7 | -0,6 | -11,3 | -3,8 |
Con contrato temporal | 225,8 | 27,3 | 13,8 | 30,6 | 15,7 |
Homes | 111,0 | 16,2 | 17,1 | 9,6 | 9,5 |
Mulleres | 114,7 | 11,0 | 10,6 | 20,9 | 22,3 |
Parados | 222,8 | -29,7 | -11,8 | -35,5 | -13,7 |
Homes | 110,6 | -18,2 | -14,1 | -24,3 | -18,0 |
Mulleres | 112,3 | -11,4 | -9,2 | -11,0 | -8,9 |
Menores 25 anos | 28,3 | -0,9 | -3,1 | -6,0 | -17,5 |
Nº ocupados por sectores |
|
|
|
|
|
Agricultura | 65,0 | 3,8 | 6,2 | -2,7 | -4,0 |
Industria | 164,0 | 2,1 | 1,3 | 4,8 | 3,0 |
Construción | 72,7 | -2,9 | -3,8 | 4,3 | 6,3 |
Servizos | 737,3 | 26,1 | 3,7 | 15,2 | 2,1 |
Fogares |
|
|
|
|
|
Vivendas sen perceptores de ingresos | 29,7 | -3,80 | -11,3 | -2,10 | -6,6 |
Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados | 73,1 | -13,50 | -15,6 | -14,70 | -16,7 |
% | 2015/IIIT | 2015/II | 2014/III |
Taxa actividade | 53,5 | 53,5 | 53,9 |
Homes | 58,8 | 58,6 | 59,5 |
Mulleres | 48,7 | 48,8 | 48,7 |
Taxa ocupación | 44,1 | 42,8 | 43,0 |
Homes | 49,0 | 47,2 | 47,6 |
Mulleres | 39,6 | 38,7 | 38,7 |
Taxa desemprego | 17,7 | 20,0 | 20,2 |
Homes | 16,7 | 19,4 | 20,0 |
Mulleres | 18,8 | 20,6 | 20,5 |
Menores de 25 anos | 40,4 | 45,7 | 46,2 |
Taxa temporalidade | 27,5 | 25,0 | 24,6 |
Homes | 26,5 | 23,7 | 25,2 |
Mulleres | 28,5 | 26,4 | 23,9 |