UGT-Galicia reitera que as melloras do emprego baseadas na precariedade non son melloras

Fecha: 02 Jul 2021

Urxe derrogar a reforma laboral, incrementar o SMI e dotar de contido ás políticas activas de emprego

Os datos do desemprego feitos públicos hoxe, aínda que reflicten unha baixada do paro tanto a nivel estatal como en Galicia, evidencian que as melloras do emprego baseadas na estacionalidade e na precariedade non son melloras porque persiste a rotación na contratación, a temporalidade e o paro de longa duración. Neste sentido, UGT-Galicia insiste na urxencia en derrogar a reforma laboral de 2012 para acabar coa temporalidade e a precariedade, traballar en políticas de emprego axeitadas e aumentar o SMI e unha reforma fiscal integral para que a recuperación cheque a todas as persoas.

Cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Trabajo y Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migracións compróbase un boa evolución nos datos de desemprego. É lóxica, por un lado debida á habitual estacionalidade do mercado laboral e reapertura de actividades na temporada de verán e, por outra, a mellora da actividade económica polo avance de vacinación e mellora da situación sanitaria.

Para avaliar correctamente conta as variacións interanuais, hai que ter en que o contexto base era unha situación con Estado de alarma, polo que extraer conclusións tanto intermensuais, con variación de restricións, e interanuais, comparando cun contexto de confinamento e restriccións, é arriscado.

A evolución das cifras de desemprego con respecto ao mes anterior están influenciadas polo avance da saída da pandemia. En Galicia no mes dáse unha caída do 4,59 por cento, dato semellante ao do Estado que foi do 4,41%. No ano, a caída do desemprego rexistrado en Galicia é do 14,59 por cento, a terceira CCAA cunha caída máis acusada do Estado (en segundo lugar está Euskadi cun 15,29 por cento menos e en primeiro Baleares cunha caída do 15,5 por cento. No Estado a evolución é moito menor, o 6.43 por cento de persoas desempregadas menos.

 

Galicia

Estado

2021 / Xuño

157.718

3.614.339

Variación absoluta mes anterior

-7.588

-166.911

Variación relativa

-4,59

-4,41

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-26.936

-248.544

Variación relativa

-14,59

-6,43

En cifras absolutas, a cifra de desemprego en Galicia sitúase no mes xuño de 2021 en 157.718 persoas, polo que cae en 7.588 persoas e no ano cae en 26.936 persoas desempregadas (hai que ter en conta que hai contextos distintos co mes de xuño de 2020). Voltamos a variacións interanuais de contracción, trala inflexión pola crise sanitaria no ano 2020.

Ano

Xuño

Var. Mensual 

Var. Interanual

2007

143.156

-3,4

-6,9

2008

152.708

-2,6

6,7

2009

200.240

-3,5

31,1

2010

219.825

-3,8

9,8

2011

233.557

-2,7

6,2

2012

269.203

-2,7

15,3

2013

273.434

-3,7

1,6

2014

252.310

-4,2

-7,7

2015

229.062

-3,3

-9,2

2016

207.320

-6,0

-9,5

2017

189.665

-5,0

-8,5

2018

170.065

-3,8

-10,3

2019

155.249

-3,5

-8,7

2020

184.654

-3,4

18,9

2021

157.718

-4,6

-14,6

 

POR IDADES E SEXOS

O desemprego das persoas mozas rexistra un certo alivio neste mes de xuño. Son 5.970 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, caendo no mes o paro un 4 por cento e tamén no ano cun 36,3 por cento menos. Unha evolución moito máis acusada que no total de idades en termos interanuais.

En canto a sexos, a evolución da caída do desemprego no mes é máis acusada nos homes, cun 4,7 por cento fronte a menor caída no caso das mulleres, o 4,51 por cento menos. No ano, a evolución beneficia máis aos homes, cun 17,6 por cento de caída de desemprego masculino, e moito menos ás mulleres, que só cae un 12,3 por cento.

En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 58,2 por cento do total de desemprego en Galicia, polo que afecta a un total de 91.828 mulleres fronte a 65.890 homes. Isto supón que hai 25.938 mulleres desempregadas máis que homes.

 

 

Xuño 2021

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

5.970

65.890

91.828

Variación absoluta mes anterior

-247

-3.249

-4.339

Variación relativa

-3,97

-4,70

-4,51

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-3.401

-14.065

-12.871

Variación relativa

-36,29

-17,59

-12,29

 

EVOLUCIÓN POR SECTORES

No mes, ao analizar por sector de actividade, constátase que se produce unha contracción en todos eles. Incluso, pódese dicir que hai unha contracción considerable, lóxica no mes de xuño pola tempada estival e a reapertura da actividade nos servizos, o  5,4 por cento (6.249 persoas desempregadas menos no sector); tamén prodúcese unha caída no  sector primario,  co 4,5 por cento, caída na industria, 3.8 por cento, e na construción co 3.7 por cento. Pola contra, co aumento das expectativas trala crueza da crise e a mocidade que busca emprego no verán, hai  un aumento no colectivo Sen Emprego Anterior, que medra no 0,7 por cento

No ano, todos os sectores aparecen beneficiados, loxicamente o contexto base foi de máximos, polo que se constata unha caída nas persoas desempregadas do 21,3 por cento no sector da construción, do 16,3 por cento no colectivo SEA, do 14,52 por cento no sector servizos, nun 10,84 por cento no  sector primario e  nun 10,14 por cento na industria.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Xuño

157.718

5.591

18.276

11.547

110.251

12.053

Variación absoluta mes anterior

-7.588

-264

-717

-439

-6.249

81

Variación relativa

-4,59

-4,51

-3,78

-3,66

-5,36

0,68

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-26.936

-680

-2.062

-3.121

-18.735

-2.338

Variación relativa

-14,59

-10,84

-10,14

-21,28

-14,52

-16,25

EVOLUCIÓN POR PROVINCIAS

En termos provinciais todas teñen o mesma evolución: Unha caída no mes e forte contracción no ano. En todas as provincias galegas cae; un 5,3 por cento en Pontevedra, un 5 por cento menos en Lugo,  o 4,4 por cento en A Coruña e un 2,6 por cento  de diminución en Ourense. No ano, caída máis contundente corresponde á provincia de Lugo,  co 15,4 por cento menos, na Coruña foi do 15,3 por cento de caída, en Pontevedra o 15 por cento e unha caída do 9,7 por cento en Ourense.

 

 

Xuño/2021

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

 63.432

- 2.931

-4,4

- 11.463

-15,3

Lugo

 15.382

- 803

-5,0

- 2.798

-15,4

Ourense

 18.200

- 490

-2,6

- 1.962

-9,7

Pontevedra

 60.704

- 3.364

-5,3

- 10.713

-15,0

 

CONTRATACIÓN

Cos datos de xuño compróbase que se realizaron 85.964 contratos, unha cifra de repunte importante. Produciuse un espectacular aumento do 178.44 por cento con respecto ao ano anterior. O aumento é, ademais, moito maior no caso dos contratos temporais, nade menos que o  184.62 por cento, mentres que no caso dos contratos indefinidos foi do 54.61 por cento.

De todos os xeitos, a escasa contratación indefinida é a constante, tan só 8,6 de cada cen contratos son indefinidos.

Tampouco podemos esquecer que en 2019, un contexto sen pandemia, no mesmo mes realizaranse 98.785 contratos.

Como se comproba a contratación temporal é a norma, así vese que o groso dos movementos en contratación danse na contratación temporal.

O Sindicato advirte que, ademais de pola creación de emprego, hai que traballar pola mellora da súa calidade porque unha parte moi significativa do que se crea e do existente se caracteriza pola súa baixa calidade e precariedade. E gran parte da situación actual está asociada á reforma laboral que aprobou o Goberno do PP no ano 2012 e que desequilibrou o sistema de relacións laborais a favor das empresas, facendo fácil o camiño do emprego inestable.

 

Total contratos

Total Temporais

Total indefinidos

Xuño/ 2021

85.964

78.558

7.406

Variación absoluta mes anterior

19.431

18.410

1.021

Variación relativa

29,21

30,61

15,99

Variación absoluta mismo mes del año anterior

55.091

50.957

2.616

Variación relativa

178,44

184,62

54,61

COBERTURA DE DESEMPREGO

A taxa de cobertura en maio de 2021 (último dato dispoñible) sitúase en 63.8 por cento (58.8 por cento no Estado)

As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en Galicia en 97.903. Destas hai unha contracción no número de persoas beneficiarias de prestación contributiva, que son 44.212 que representan o 45.2 por cento (no mes anterior era maior o peso das prestacións contributivas xa que foi o 46.6 por cento). Isto indica que medra o peso dos desempregados e desempregadas sen prestacións contributivas, as persoas en desemprego están con menores rendas.

 

Maio 2021

Prestación contributiva

Subsidio

Renda Activa de Inserción

Totais

GALICIA

44.212

46.065

7.626

97.903

 

 

AFILIACIÓN/COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

En canto a evolución nas cifras de afiliación á S.S. (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.021.721 persoas afiliadas. Medra no mes, nun 1.11 por cento, dato semellante ao crecemento do Estado que medrou un 1.21 por cento. No Estado, a cifra de afiliacións/cotizacións é de 19.500.277 persoas. No ano hai boas porcentaxes de aumento da afiliación, en Galicia medra nun 3.6 por cento e no Estado a mellora é do 4.7 por cento

2021/Xuño

Galicia

Estado

1.021.721

19.500.277

Variación absoluta mes anterior

11.193

233.056

Variación relativa

1,11

1,21

Variación absoluta mismo mes del año anterior

35.079

875.940

Variación relativa

3,56

4,70

 

SITUACIÓN DOS ERTE

En Galicia hai en xuño de 2021 19.365 traballadores de media en ERTE e o dato a final de mes é de 18.779 persoas en situación de ERTE, dos que 7.946 son homes e 10.833 son mulleres.

No Estado remata o mes de xuño con 447.820 personas en ERTE (459.544 de media no mes), mentras que en Galicia remata o mes con 18.779 (19.365 de media no mes)

Por sexos, utilizando os datos do último día do mes, xa que non se ofrecen datos de media mensual por sexos, hai en ERTE 7.946 homes e 10.833 mulleres, polo que o 57,7 por cento son mulleres e que reafirma a fonda fenda de xéneros nas persoas beneficiarias de ERTEs. A pandemia non afecta por igual a homes e mulleres.

Estamos a falar en total de 447.820 persoas en ERTE a final de mes, e 3.614.339 persoas desempregadas no Estado. En total 4 millones de persoas afectadas. As cifras seguen a ser moi elevadas.

 

 

Final de mes

Media mensual

Galicia

18.779

19.365

Estado

447.820

459.544

 

Homes

Mulleres

Galicia final de mes

7.946

10.833

 

 

 

GALICIA

Xuño 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

157.718

-7.588

-4,59

-26.936

-14,6

* homes

65.890

-3.249

-4,70

-14.065

-17,6

* mulleres

91.828

-4.339

-4,51

-12.871

-12,3

* mozos e mozas < 25 anos

5.970

-247

-4,0

-3.401

-36,3

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.591

-264

-4,5

-680

-10,8

* industria

18.276

-717

-3,8

-2.062

-10,1

* construción

11.547

-439

-3,7

-3.121

-21,3

* servizos

110.251

-6.249

-5,4

-18.735

-14,5

* sen emprego anterior

12.053

81

0,7

-2.338

-16,2

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (maio)

97.903

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio)

63,85

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

63.432

-2.931,0

-4,4

-11.463,0

-15,3

Lugo

15.382

-803,0

-5,0

-2.798,0

-15,4

Ourense

18.200

-490,0

-2,6

-1.962,0

-9,7

Pontevedra

60.704

-3.364,0

-5,3

-10.713,0

-15,0

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

85.964

19.431

29,2

55.091

178,4

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.406

1.021

16,0

2.616

54,6

* temporais

78.558

18.410

30,6

50.957

184,6

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.021.721

11.193

1,1

35.079

3,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

 

Fuente: UGT-Galicia