UGT-Galicia propón un plan de choque polo emprego e mellorar a empregabilidade das persoas en paro
Fecha: 06 Nov 2019

Aínda que o paro baixa, propio deste mes, despois das contratacións de Semana Santa e xa o comezo das contratacións do verán, é dicir, de novo un claro comportamento estacional, a UGT-Galicia preocúpalle moito o peso dos contratos a tempo parcial e os temporais, así como, o elevado volume de desemprego estrutural, de longa duración, sen dereito a prestacións, consecuencia da ausencia histórica das políticas de emprego axeitadas.
O Sindicato considera que o Goberno que se configure tras as recentes eleccións, así como a Administración galega dentro das súas competencias, deben configura un plan de choque polo emprego con carácter inmediato para establecer medidas vinculadas á preservación do medio ambiente, como a limpeza das ribeiras dos ríos, os bosques e as costas. Ademais de profundar na protección ás persoas, fortalecer o papel dos servizos públicos de emprego e mellorar a empregabilidade das persoas no desemprego.
Así, en Galicia contráese o paro no mes de abril un 2,7%, evolución similar con respecto ao que sucede no Estado, no que cae tamén o 2,8%. Temos 166.226 persoas desempregadas en Galicia, 4.615 menos que no mes anterior. No Estado hai 3.163.566 persoas desempregadas, unha contracción no mes de 91.518 persoas.
Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 8,8%, 16.065 persoas desempregadas menos e neste caso cunha contracción moito maior que na media estatal, onde foi do -5,2% (172.302 menos).
As mulleres seguen a ser as grandes prexudicadas
Por sexos, hai unha mellor evolución do desemprego nos homes, xa que neles cae no mes no 3,1% e nas mulleres cae menos, o 2,4%. Incrementa a peor posición das mulleres que os homes, hai unha fonda brecha por sexos no desemprego, o 57,8% do total. As cifras falan por si mesmas, 70.068 homes e 96.158 mulleres. No ano mentres que nos homes cae o 10,3% nas mulleres o 7,7%.
Son 8.070 mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, cae no mes o 4,5%, con maior intensidade, 1,8 puntos máis que no conxunto de idades. No ano a caída tamén moi superior á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe o 11,3%.
Ao analizar por sectores de actividade, prodúcese unha contracción en todos os sectores, con maior contundencia nos servizos, o -3,4%; o -2,0% na construción; o -1,3% na industria; o -0,7% no sector primario e o -0.4% no colectivo de sen emprego anterior. Nos servizos cae o desemprego en 3.991 persoas, o 87% da caída do paro. Nun mes que inclúe a Semana Santa, o turismo, comercio e hostalaría disparan as súas contratacións. Tamén é un mes no que se abren moitas contratacións fixas descontinuas ate outubro.
En termos absolutos, dado o seu volume de ocupación, de terciarización da economía, no que máis se contrae é no dos servizos, no ano -8.931. Na construción contráese o -19%; no colectivo sen emprego anterior, o -9,4% ; na industria o -9,1%; no primario, o – 8,2%; e nos servizos, o -7,3%.
Máis de 80.000 contratos para tan só 6.187 afiliados máis á Seguridade Social
Cos datos de abril compróbase que se fixeron 83.967 contratos nun mes para un incremento de 6.187 afiliados tan só, medrando con respecto ao mes anterior o 11,2%. No mes medra tanto a indefinida como a temporal, pero mentres que na indefinida medra un 1,6%, na temporal faino o 12,2%. No mes de abril, pola Semana Santa, as contratacións temporais dispáranse.
Con respecto ao ano pasado, aumento do 2,6% da contratación, pero caída contundente da indefinida, o -11,2%, e medra o 4,1% a temporal .
Tan só o 8,69% son contratacións indefinidas
A porcentaxe de contratación indefinida é do 8,69% (no mes de abril do ano pasado foi superior, o 10,4%). Pero temos que ter en conta que o ano pasada a Semana Santa non foi en abril.
Unha taxa de cobertura por desemprego baixísima e de carácter asistencial
O número de beneficiarios de prestacións foi de 89.879 (último dato dispoñible o de marzo). A taxa de cobertura foi do 57,5%, deixando fora do sistema de protección por desemprego a 80.972 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura por desemprego como aos que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior no mes, do 59,6%.
Hai 40.274 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, tan só o 44,8% do total, o que indica a precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 789,3euros (Contía media prestación contributiva percibida por beneficiario (euros/mes)). (817,8 euros no Estado)
A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexan Subsidio (42.266) Renda activa de inserción (7.332 persoas perceptoras) ou Programa de activación emprego (7 persoas beneficiarias).
Supérase o millón de persoas afiliadas/cotizantes a Seguridade Social, foron 1.010.592 as persoas no mes, medrando con respecto ao mes anterior o 0,6%, evolución menos acusada que no Estado no que medra o 0,98% (hai 19.230.362 afiliados / cotizantes).
No ano en Galicia medra un 2,14% en 21.175 persoas, con menor incidencia que no Estado, onde foi do 2,95% (551.901máis).
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 638033482.
GALICIA |
abr-19 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº desempregados rexistrados |
166.226 |
-4.615 |
-2,70 |
-16.065 |
-8,8 |
* homes |
70.068 |
-2.230 |
-3,08 |
-8.005 |
-10,3 |
* mulleres |
96.158 |
-2.385 |
-2,42 |
-8.060 |
-7,7 |
Nº parados mozos < 25 anos |
8.070 |
-380 |
-4,5 |
-1.031 |
-11,3 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
|
|
* agricultura |
6.128 |
-42 |
-0,7 |
-545 |
-8,2 |
* industria |
18.782 |
-242 |
-1,3 |
-1.885 |
-9,1 |
* construción |
13.706 |
-281 |
-2,0 |
-3.214 |
-19,0 |
* servizos |
113.202 |
-3.991 |
-3,4 |
-8.931 |
-7,3 |
* sen emprego anterior |
14.408 |
-59 |
-0,4 |
-1.490 |
-9,4 |
Beneficiarios prestación por desemprego (marzo) |
89.879 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (marzo) |
57,48 |
||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (marzo) |
80.962 |
||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos |
83.967 |
8.432 |
11,2 |
2.123 |
2,6 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
7.298 |
118 |
1,6 |
-919 |
-11,2 |
Nº contratos temporais |
76.669 |
8.314 |
12,2 |
3.042 |
4,1 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
|
Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais) |
1.010.592 |
6.187 |
0,6 |
21.176 |
2,1 |
|
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social